Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2011

Sobre a chamada "vara de medir" tudense

A popularmente coñecida como “vara de medir” ubicada nunha casa na esquina da rúa Tide e Antero Rubín, xunto a onde estivo situada a Porta do Arco, foi recentemente remozada, retirando o cemento que ocultaba os arcos conopiais que en senllas ventás conforman un excepcional conxunto decorativo. Este feliz arranxo permite unha visión máis completa e atinada destes elementos, resultando máis evidente, se cabe, que a, popularmente chamada, “vara de medir” corresponde cunha columna, co seu fuste decorado, que divide as dúas artísticas ventás existentes neste baixo.  Estamos diante dúas ventás xeminadas separadas por un parteluz ou mainel. Namentras as ventás están decoradas con senllos arcos conopiais, o mainel está ormanentado cunha columna adosada enmarcadas por dúas liñas gravadas na pedra, que alternan na súa superficie espazos de volumen e espazos de vacio, e que dan a este parteluz unha maior prestancia. Xa no pasado mes de agosto os amigos do blogue “Tui, ruegos y preguntas” de

O outro Calvo Sotelo de Tui: Leopoldo

Se algunha vez escoitamos falar sobre a figura do tudense Calvo Sotelo, todos acostumamos a referirnos á José Calvo Sotelo, nado na nosa cidade en 1893, avogado e político, ministro de Facenda en tempos do Directorio de Miguel Primo de Rivera, lider do grupo monárquico "Renovación Española" na II República    e asasinado o 14 de xullo de 1936, nun acontecemento que para moitos apurou o levantamento militar que desencadeou a Guerra Civil. Sen embargo, é amplamente descoñecida a figura de Leopoldo Calvo Sotelo, tamén nado na nosa cidade o 15 de novembro de 1894. Ambos eran fillos do xuiz Pedro Calvo Camina que exercía por aqueles anos esta función na nosa cidade. Pedro Calvo era natural de Meneses del Campo (Palencia) onde nacera en 1855 e logo de exercer a avogacia en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) xa como xuiz residiu en, entre outros lugares, Bilbao, Huelma (Jaen), Castropol ou Lucena. En Ribadeo casou en 1887 con Elisa Sotelo Lafuente. Deste matrimonio ven a estreita