Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2012

Próximo centenario do Dr. Francisco Comesaña e de Choncha Concheiro

Este blog ten, entre outros obxectivos, recuperar para a memoria da nosa cidade feitos, costumes e persoas vencelladas ao espazo tudense. Hai nomes abondosamente reiterados e outros que, coñecidos en diversos segmentos de idade ou condición, fican aínda practicamente descoñecidos para grande número dos nosos veciños. Un destes nomes é o de Francisco Comesaña Rendo, Paco Comesaña, e da súa muller Asunción Concheiro García, Choncha. Certamente aínda hai moitos amigos e coñecidos seus que poden achegar unha biografía con mais coñecemento e profundidade, pero a circunstancia de que no vindeiro ano cúmprase o centenario do nacemento de ambos xustifican este esbozo biográfico,  Francisco Comesaña morreu no ano 1997 pero Chonchiña aínda vive, agora dende hai escasamente dous anos en México. Estas notas están centradas especialmente na figura do doutor Comesaña baseándose nalgunhas lembranzas persoais e sobre todo na consulta de diversa bibliografía, que curiosamente é escasa. Francisc

Dous poemas "inéditos" de Xosé María Álvarez Blázquez

Revisando antigos programas das festas de San Telmo, ollando o correspondente ao ano 1934, cando foron trasladadas aos inicios do verán –coincidindo coas festas de San Xoán- , no xeitoso programa editado descubrimos, con sorpresa, senllos poemas de Xosé María Álvarez Blázquez: “Cohetes” e “Yo quiero”. A figura de don Xosé María que abrangue múltiples aspectos no ámbito cultural (“poeta, narrador, dramaturgo, conferenciante, editor, arqueólogo, investigador da literatura, e a historia e a etnografía” enumera o seu fillo Xosé María, “infinito curioso e infinito amador de todos os saberes” subliña Darío Xohán Cabana) tamén, na expresión poética, acada un relevancia indiscutida. Conservase o que se ten como o seu primeiro poema, “Queixas”, datado en Tui o 24 de decembro de 1927, cando Xosé María contaba con só doce anos de idade. Como ben anota o xa citado D. X. Cabana este poema “non pode ser o seu primeiro intento, porque os seus hendecasílabos son absolutamente correctos”. Tamén

O xogo do trompo

A cultura tradicional adoptada nas súas diversas expresións os ritmos cíclicos do ano, existindo un amplo abano de manifestacións anuais que respostaba, en xeral ás diversas festas e celebracións relacionadas coa climatoloxía e os ritmos da produción agrícola. Neste tempo de inicio de novembro, logo da colleita e da vendima, chegaban os magostos e a proba do viño novo, as manifestacións vecenlladas ao mes dos Santos e Defuntos. Unha expresión desta cultura cultura popular, hoxe en día practicamente perdida ou transformada, son os xogos infantís. E cando chegaba o frío e a chuvia os nenos de Galicia, e tamén os tudenses, comezabamos a xogar ao “trompo”. Curiosamente era un xogo de tempada, que conforme avanzábamos neste de mes de Santos ou xa en Decembro ficaba esquecido ata o vindeiro ano. Moitos dos lectores deste “post” lembramos as “partidas” que cos nosos trompos desenvolvíamos os rapaces arredor das “fochas” realizadas nos patio do colexio ou nas rúas e parques, onde sem

A documentación histórica da cidade retorna ao Arquivo Municipal logo de 69 anos

Vista parcial da documentación histórica do Concello de Tui no depósito provisorio para o seu tratamento técnico O Concello de Tui aparece como un órgano de goberno da cidade dende que Fernando II de concedeulle á cidade o seu “Foro”. Esta institución tivo sempre unha dependencia directa do bispo e señor da cidade, que controlaba o seu funcionamento e os nomeamentos, orixinando diversos conflictos ao longo da Idade Media. Será o bispo Diego de Muros quen, en 1484, promova unha nova ordenanza que regulan o funcionamento do Concello tudense onde a preeminencia episcopal continúa sendo absoluta. Na mesma liña están as Constitucións sinodais do bispo Diego de Avellaneda de 1528. O goberno municipal tudense estaba encabezado por un alcalde maior, un xuíz anual e catro xurados de nomeamento episcopal xunto a un procurador elixido polos veciños e confirmado polo bispo. Andando o tempo se incorpora a figura do rexedor, imposta pola monarquía, cargo público que, cando as dificultade

"Pulcher Pelagius" unha lectura teolóxica e patrimonial da exposición

Admirar os iconos, e en xeral os grandes cadros da arte cristián, nos conduce por unha vía interior, unha vía de superación de un mesmo e, nesta purificación da mirada, que é purificación do corazón, revélanos a Beleza, ou alomenos un raio do seu esplendor. Precisamente desta xeito nos pon en relación coa forza de la verdade. A miúdo  teño afirmado a certeza de que la verdadeira apoloxía de la fe cristián, a demostración máis convincente da súa verdade contra calquera negación, atópase, por un lado, nos seus santos e, por outro, na beleza que la fe xera. Para que actualmente a fe poida medrar, tanto nos como os homes que encontramos, debemos dirixirnos cara os santos e cara o Belo. (Mensaxe enviado polo cardeal Joseph Ratzinger aos participantes no «Meeting» de Rímini (Italia) celebrado do 24 ao 30 de agosto de 2002 por iniciativa del movemento eclesial Comuñón e Liberación sobre o tema «A contemplación da beleza») Esta cita do actual Papa Bieito XVI escrita anos antes da s

Apuntes para unha cronoloxia da restauración da igrexa de San Bartolomeu: precisións aos comentarios de Alberto Estévez Piña

Retablo central da igrexa de San Bartolomeu ata1966 Publicaba hai unhas semanas un “post” sobre as intervencións arqueolóxicas efectuadas na igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns dirixidas por Manuel Chamoso Lamas e Jose´F. Filgueira Valverde.  No artigo  da súa autoria “Excavaciones arqueológicas en la iglesia y atrio de San Bartolomé de Rebordanes de Tuy (Pontevedra)” publicado en “Noticiario Arqueológico Hispánico” do ano 1976,e que seguimos naquel "post· indicaban o seguinte: “ Los trabajos realizados fueron comenzados en los primeros meses del verano de 1970 (... y) qued aron totalmente finalizados el día 21 de noviembre de 1970 ” abranguendo a escavación das tres naves do templo e unha intervención no adro. Con base ás afirmacións deste artigo, ás propias lembranzas persoais e á lóxica que leva a que unha actuación arqueolóxica sexa previa ao proceso de obras, afirmaba na introducción daquel “post”: No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos- de

"Um dia como os outros" un filme sobre a ponte metálica

A vella ponte metálica, deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo Agreda, e inaugurada o 25 de marzo de 1886 constitúe un dos exemplos máis sobranceiro da introducción en Galicia dos novos métodos constructivos relacionados coa arquitectura do ferro. Con precedentes nos Viaductos de Redondela ( de 1876 e 1884) ou nas pontes metálicas que construe Eiffel en Porto (Ponte María Pía en 1877) ou en Viana (1878) a obra sobre río Miño converteuse dende a súa execución no símbolo das relacións entre Galicia e Portugal. Aínda hoxe, en que está vivindo un proceso de consolidación, é transitada por mais de cinco mil vehículos ao día, evidenciando a sua importante función de rúa central da Eurocidade Tui-Valença. Achegamos para os nosos seguidores un fermoso filme “Um día como os outros” que ten como protagonista absoluta a nosa ponte de ferro e que foi realizado no pasado ano co gallo dos 125 anos da súa inauguración. Agradecemos aos autores a autorización para este link. Um Dia

As escavacións arqueolóxicas de 1970 en San Bartolomeu de Rebordáns

A igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns é un monumento realmente singular pola súa arquitectura e a súa antigüidade, unha auténtica alfaia. Pero xunto aos valores artísticos e históricos non é tan amplamente coñecida a súa dimensión arqueolóxica que posúe un grandísimo interese. No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos- de restauración deste templo. Como paso previo a esta intervención foi realizado na segunda metade do ano 1970 un proceso de escavación arqueolóxica dirixido por Manuel Chamoso Lama, responsable daquela dos temas de patrimonio en Galicia, coa colaboración de Xosé Filgueira Valverde, director do Museo de Pontevedra. Froito daquela campaña foi o descubrimento da necrópole sobre a que se asenta esta igrexa de San Bartolomeu, e que hoxe podemos contemplar baixo o chan do templo parroquial, e de diversas estructuras arquitectónicas no adro que foron tras o seu estudo de novo soterradas para garantir a sú a conservación.   Sobre esta cam

A historia dun piloto tudense da Escuadrilla Azul : Alfonso Ruibal Sabio

A biografía das persoas é sempre un relato cheo de interese, ata a máis anónima ou anódina, contén no percorrer do tempo elementos que, co paso dos anos, suscitan, cando menos, a nosa curiosidade. Achegamos hoxe unha pequena semblanza dun tudense, cuxa desaparición no decurso da II Guerra Mundial en Rusia ten suscitado numerosas especulacións, polo que podemos falar da lenda de Alfonso Ruibal Sabio. Alfonso fora nado en Tui o 24 de xaneiro de 1915 membro dunha familia de alongada traxectoria na nosa cidade. Fillo de Rafael Ruibal e Ángela Sabio y David, sendo o cuarto de cinco irmáns. Con 21 anos ao producirse a sublevación militar do 18 de xullo de 1936, evidenciando as súas inclinacións políticas, se presenta na Escola de Tiro Naval de Marín coma voluntario e pasa a integrarse na dotación do cruceiro “Baleares”, onde embarca no Ferrol o 1 de decembro. Como tripulante deste cruceiro participa na toma de Málaga o 18 de xuño de 1937 e posteriormente se incorpora no aeródromo de Tabl