Ir al contenido principal

"Um dia como os outros" un filme sobre a ponte metálica


A vella ponte metálica, deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo Agreda, e inaugurada o 25 de marzo de 1886 constitúe un dos exemplos máis sobranceiro da introducción en Galicia dos novos métodos constructivos relacionados coa arquitectura do ferro.
Con precedentes nos Viaductos de Redondela ( de 1876 e 1884) ou nas pontes metálicas que construe Eiffel en Porto (Ponte María Pía en 1877) ou en Viana (1878) a obra sobre río Miño converteuse dende a súa execución no símbolo das relacións entre Galicia e Portugal.
Aínda hoxe, en que está vivindo un proceso de consolidación, é transitada por mais de cinco mil vehículos ao día, evidenciando a sua importante función de rúa central da Eurocidade Tui-Valença.
Achegamos para os nosos seguidores un fermoso filme “Um día como os outros” que ten como protagonista absoluta a nosa ponte de ferro e que foi realizado no pasado ano co gallo dos 125 anos da súa inauguración. Agradecemos aos autores a autorización para este link.



Um Dia Como os Outros
Nos 125 anos da ponte rodoferroviária de Valença-Tui.
Imagem: Dario Silva e Pedro Miranda
Edição: Pedro Miranda
Assistente: Hugo Gomes
Música: De Ushuahia a La Quiaca - Gustavo Santaolalla
Conceito: Geofotografia.pt
Agradecimentos: CP, CP CARGA, REFER


Comentarios


  1. Ollar a ponte de vagar, sen esa transitoria presenza na súa imaxe y estructura,facelo con esta pespectiva tan sosegada e diferente de Dario e Pedro, foi todo un pracer. Saudos, Xesús.

    http://largandolastreyletras.blogspot.com.es/

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.   “ Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años ” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”. O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Ca...