Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século.
O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos.
José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid a súa traxectoria como ilustrador. Asinaba os seus deseños dun xeito arcaizante, “Yzquierdo Durán” colaborando asiduamente en xornais e revistas como “Esfera”. Realizou as portadas e ilustracións do numerosas coleccións de teatro e de novela curta, como foi o caso de “Mejores poetas contemporáneos”, etc que acadaron tiradas moi amplas polo seu caracter popular. Autor de moi boas cubertas, como a realizada en 1925 para a novela de Emiliano Ramírez Ángel “Vuelos de golondrinas” por so citar un exemplo.
Está considerado, polos estudosos, un dos mestres do xénero da ilustración española do século XX. Figura como afiliado no ano 1936 da Agrupación socialista madrileña.
Estes son os escasos datos que, ata o de agora, posuímos sobre este ilustrador orixinario da nosa cidade de quen ofrecemos de seguido algunha das súas obras.







0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada