Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2008

A prol dun museo no Mosteiro das Clarisas

O Mosteiro das Clarisas tudenses érguese como solemne conxunto arquitectónico no alto do outeiro tudense, ocupando o solar da antiga igrexa da Oliveira e os primeiros pazos episcopais e dos iniciais elementos defensivos da cidade como a chamada “Torre Vella” de Fernando II. Aínda hoxe o peche norte deste mosteiro é a muralla medieval que agocha a única porta que se conserva: a das Estrabancas, actualmente cegada pero perfectamente visible. Un conxunto enriquecido pola igrexa conventual edificada seguindo os planos do mestre arquitecto compostelá Domingo de Andrade e os armoniosos retábulos, posiblemente obra de Francisco de Castro Canseco, e dotados dun grande equilibro estético e artístico. Pero esta comunidade, que agora celebra o quinto centenario da súa existencia, maila penalidades sofridas por guerras e conquistas, aínda conserva nas dependencias da clausura numerosos obxectos de uso litúrxico ou mesmo doméstico que posuen unha singular trascendencia como pezas de interese

Ezequiel Ordoñez González

A vila e concello de Ponteareas foi lugar de nacemento de numerosos persoeiros que no mundo da política acadaron importantes e significativos postos xa no mundo parlamentario ou no goberno de España. Unha familia, os Bugallal, lograron instaurar no distrito de Ponteareas e noutros lugares do sur de Galicia, nas últimas décadas do século XIX e primeiros anos do XX, un control intenso da vida política e, sobre todo, dos procesos electorais no que Enrique Hervés nomeou como “unicato bugallalista”. Saturnino Álvarez Bugallal, Gabino, Isidoro ou Dario Bugallal Araujo, Senén Canido Pardo, Luis Usera, Manuel Fernández Barrón, son representantes desta ampla “familia” política. Pero dende outras liñas políticas non podemos esquecer nomes Antonio Domínguez Prieto, Emiliano Iglesias Ambrosio, Alejandro Viana Esperón ou Amado Garra Castellanzuelo, que ficou sempre as portas do Parlamento non acadando, a pesar da sua fama, acta de deputado nos comicios aos que presentouse. Pero nesta longa relac