Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2012

Parlamentarios tudenses nas Cortes de Cádiz (I)

Nos vindeiros días se conmemora o bicentenario da proclamación na cidade de Cádiz da Constitución Española de 1812, a primeira constitución liberal, no seu proceso de redacción a nosa cidade estivo representada por tres parlamentarios aos que queremos lembrar con este “post”. Pero cómpre antes unha pequena contextualización destas Cortes de Cádiz. Durante a Guerra da Independencia, iniciada en 1808, as revoltas populares contra a invasión francesa levaron á creación de Xuntas Locais e Provinciais ou Rexionais para artellar a resistencia e ocupar o baleiro de poder derivado da abdicación de Fernando VII e a súa retención en Baiona (Francia) e a negativa recoñecer a José I, popularmente chamado “Pepe Botella”, como monarca lexitimo. Estas Xuntas, en xeral, integradas por funcionarios, membros da nobreza e do clero, nomeadamente de caracter conservador, deron o poder a unha Xunta Suprema Central que acordou a celebración de Cortes. Como sinala o historiador Antonio Elorza “prevaleció

A Eurocidade Tui-Valença, herdeira da veciñanza baixomedieval

Valença e Tui no Livro das Fortalezas de Duarte D'Armas  O pasado venres, 10 de febreiro, o Alcalde de Tui xunto ao Presidente de Cámara Municipal de Valença asinaron oficialmente o protocolo de creación da eurocidade Tui-Valença ou Valença-Tui. Unha vella aspiración das administracións locais valenciana e tudense que finalmente foi acadada. A creación desta entidade de cooperación resposta a unha histórica necesidade de ambas poboacións que, a pesares de atoparse na máis antiga fronteira europea, nunca se sentiron afastadas e historicamente comprobamos como a interrelación entre ambas comunidades locais foron de sempre intensas. A posición periférica de ambas cidades favoreceu que as directrices gobernamentais, emanadas das capitais do Estado, chegasen ata estas ribeiras cunha reducida efectividade. Di o historiador Carlos Barros que esta fronteira mantivo un caracter medieval, non tanto pola súa conformación no século XIII, senón porque sempre conservou unha mobilidade social,