Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

Unha contextualización histórica de San Telmo

A figura de San Telmo é unha referencia esencial na historia e na identidade tudense, pois dende hai mais de oito século acompaña á vida das xentes de Tui. Moito se ten escrito sobre a súa figura, o seu culto e devoción, sobre a extensión xeográfica desta advocación, a súa iconografia, o proceso de identificación entre Frei Pedro Gonçalves, o Corpo Santo e San Telmo... por citar algunha das múltiples perspectivas desde as que podemos achegarnos á figura do noso patrón. Moitas das biografias existentes sobre San Telmo non deixan de ser unha haxiografia, que beben de fontes medievais (tanto dos seus miragres como da súa vida recollida no Pasionario da Catedral tudense) e modernas (especialmente as obras de Frei Fernando de Pineda do século XVIII) pero carecen dun achegamento ao seu contexto histórico que permita comprender a permanencia do culto e a devoción a un frade dominico que foi transformándose de Frei Pedro Gonçalves a Corpo Santo e, desde o século XVI, a San Telmo ou Sa