Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Parlamentarios tudenses (II): a egrexia figura de Agustín Rodríguez Vaamonde

Reincorporado ao poder Fernando VII anulou as Cortes de Cádiz e a súa obra lexislativa e restaurou o absolutismo, en maio de 1814. Tras o pronunciamento de Riego en Galicia no mes de febreiro de 1820 se suman as diversas cidades e vilas, abrindose o coñecido como trienio liberal (1820-1823). A vida política tudense neste período resulta certamente convulsa, reproducindo o forte enfrontamento entre liberais e absolutistas que existía en toda España. Semanario Pintoresco Español, 1847 En Tui ao coñecerse o levantamento de 1820 créase unha Xunta absolutista presidida polo coronel Marcó del Pont, furibundo defensor do absolutismo, pero a chegada dun destacamento procedente de Vigo fai fuxir a Marcó del Pont co seu pequeno grupo militar o 27 de febreiro de 1820. Curiosamente en Tui a oposición ao réxime liberal non estará encabezada polo bispo, Juan García Benito, que adopta unha actitude moderada e que mesmo afirma nunha pastoral que “ defender la Constitución no es ponerse cont

Parlamentarios tudenses (I): entre absolutistas e liberais

A cidade de Tui pola súa condición de capital de provincia, ata 1853, pola súa posición como sede episcopal, e como cidade que contaba cunha burguesía acomodada e un conxunto de funcionarios públicos será, perante numerosos anos, un fornecedor de parlamentarios que representarán a este distrito ou outros e que amosan as diversas circunstancias políticas polas que transitou o noso país a longo do século XIX. Vista de Tui de George Vivian, 1838 A relación que hoxe ofrecemos non é, dende logo, completa e baseámola na consulta de diversas fontes documentais e bibliográficas co que, de seguro, haberá omisións e valeiros. Coa invasión francesa iniciase o século XIX; diante da falta de poder se constitúe unha Xunta Provincial contra os invasores, que envía un represente a Xunta Superior do Reino de Galicia, con representantes das sete provincias, creada o 5 de xuño de 1808, na que a cidade tudense estaba representada por Manuel María Avalle . Aínda que evidentemente non era un

Francisco de Caldas Pereira e Castro, singular xurista tudense no século XVI

A dilatada historia tudense fornece abondosos nomes merecentes de lembranza pola súa achega á vida social ou cultural non xa da nosa localidade senón da Península Ibérica e, como no caso que hoxe nos ocupa, mesmo de Europa. A sona do xurista Francisco de Caldas Pereira e Castro alongouse polo vello continente nos séculos da Idade Moderna, pois os seus libros sobre dereito acadaron prestixio dabondo e foron referencia obrigada en numerosas universidades. Na actualidade é un descoñecido para a inmensa maioría dos tudenses cando estamos diante dun persoeiro de singular transcendencia pola súa aportación ao mundo do Dereito. Portada actual da Casa ou Pazo de Arcos - Randufe http://patrimoniogalego.net/index.php/30279/2012/12/antigo-pazo-de-arcos/ Francisco de Caldas forma parte da liñaxe dos Pereira de Castro, unha antiga familia de orixe portugués, en concreto, segundo informa Ernesto Iglesias Almeida, na antiga casa e torre da Camposo, na montaña de San Pedro de Arcos (Ponte

Un artigo de Marga do Val sobre Tui: "Nós, na Gran Maza"

“ Los pueblos viejos, los que tienen historia, suelen tener también su novela. Santiago. Tui, Monforte, ofrecen al escritor los rasgos firmes de sus fisionomias acusadas, que el tiempo ha ido dibujando con duros trazos de piedra (...) todo el conjunto, en fin, trabajado por los años, de la ciudad brinda al observador su acusada personalidad novelesca ”... asi escribía Xosé María Álvarez Blázquez no “Suplemento del sábado” do xornal “La Noche” de Santiago de Compostela o 15 de outubro de 1949. Con estas palabras inicia unha serie de colaboración naquel xornal da tarde compostelá que baixo o título de “Tuy en la novela” se achegaba a varias obras literarias centradas en Tui de Leopoldo Martínez Padín, Benito Vicetto, Camilo Bargiela, Dr. López de la Vega, Mauricio Bacarisse, Aquilino Ribeiro o Camilo J. Cela. Habería que engadir a esta lista os nomes do propio Xosé María Álvarez Blázquez, de Roque Cameselle, Fernando J. Álvarez, etc. Tamén na poética a cidade de Tui ten ocu

Mulleres tudenses

A historia é unha disciplina que evoluciona na súa concepción e na súa análise do pasado, pois os historiadores analizando os feitos ofrecemos unha visión do pasado, das sociedades pretéritas e das súas dinámicas. Pero esta visión responde basicamente aos requirimentos do presente, ás necesidades e reflexións que xorden no tempo actual. Así dunha historia baseada nos grandes feitos políticos do pasado, temos evolucionado a unha análise das estruturas sociais e económicas que condicionan e determinan os acontecementos e a evolución da sociedade. Hai varias décadas a historia centrouse na análise das mentalidades, da vida cotiá, da historia dos sen historia, dos que non figuran nas crónicas nin nos relatos do pasado e en esporádicas ocasións aparecen nalgún documento que teña chegado aos nosos días. En paralelo ao proceso social que vivimos na actualidade de reivindicación do papel da muller na sociedade, dos procesos de igualdade en todos os ámbitos, dunha lectura feminina, e