Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

Aí ven o maio....

A celebración dos “maios” xorde como unha festa que manifesta a ledicia pola chegada da primavera, do novo agromar do mundo vexetal. Por eso estas celebracións son propias das sociedades agrarias onde estes ritos posúen un carácter propiciatorio, para garantir a colleita que asegura a propia vida. En Galicia tamén existen numerosas manifestacións do que se deu en chamar o “ciclo do maio” que, por mágoa, en moitos casos desaparecen a medida que avanza a transformación da nosa sociedade. Moitas destas manifestacións evolucionaron e foron cristianizadas. Comezabamos así no ano 2009 unha entrada neste blog sobre a celebración na nosa cidade da festa dos maios, unha tradición secular que dende os inicios dos anos sesenta do pasado século xa non se celebra en Tui. Na actualidade, fóra do ámbito escolar que continúan realizando maios dentro das súas actividades docentes, fican aínda expresións deste ciclo do maio, como é a colocación de xestas floridas nas portas e nos vehíc

Parlamentarios tudenses VII: o cacique da Restauración, Ezequiel Ordoñez González

A Restauración da monarquía borbónica na persoa de Afonso XII no ano 1874   propiciou un réxime sólido e forte, aínda que sen acadar un completo desenvolvemento democrático. O sistema deseñado por Cánovas e Sagasta, polo que estaba pactada a alternancia política entre os partidos conservador e liberal, garantiu unha estabilidade política pero co tempo sentou as bases dunha dualidade política: unha España oficial, a do poder, e outra real que co tempo se imporá coa II República. Para levar adiante este sistema era un elemento central o control dos procesos electorais, introducindo o caciquismo político como un factor imprescindible no funcionamento do sistema chegando, como será o caso do distrito tudense a unha patrimonialización do distrito en man dunha familia, no caso tudense, os Ordoñez. Nas primeiras elección deste novo período histórico celebradas en xaneiro de 1876 resulta electo polo distrito tudense un deputado “cuneiro”, o madrileño Francisco Javier Boguerin Ace

Lembranza de D. Antonio Hernández Matias

Hoxe me van a permitir os lectores deste blog que dedique unha lembranza emocionada a D. Antonio Hernández Matias, presbítero, que acaba de finar en Vigo logo dunha dilatada e fecunda vida. Como publica na necrolóxica da diocese de Tui-Vigo, “hizo de todo y se deshizo en todo”, quen quere coñecer a súa traxectoria pode achegarse a este enlace: https://www.diocesetuivigo.org/ha-fallecido-mons-antonio-hernandez-matias/ . Non é a miña intención facer unha semblanza de D. Antonio pois nin me corresponde nin estou capacitado para resumir unha ampla personalidade e traxectoria de tantas décadas ao servizo da diocese dende un traballo constante coa súa modestia, sobriedade e discreción. Quería dedicarlle unha liñas a D. Antonio pola relación persoal que mantiven con él, dende que alá polo ano 1987 fun contratado como “persoal en práctica” no Museo Diocesano e Catedralicio de Tui, comezando desta forma a miña vida laboral. Naquel momento D. Antonio Hernández Matias ocupaba pro

Parlamentarios tudenses VI: Militares (Pedro Cuenca e Alejandro Marquina), propietarios (Joaquín Vázquez de Puga) e republicanos (Severino Martínez Barcia)

Continuamos o relato dos diversos procesos electorais do século XIX e principios do XX no noso distrito, recuperando desta forma o nome de moitos políticos que ostentaron a representación política de Tui nas Cortes ou de tudenses que accederon ao seu escano por outras circunscripcións electorais. Moitos destes nomes,  hoxe completamente esquecidos, merecen ser coñecidos. Nas eleccións de 1863, nas que resultara elixido por Tui o político ponteareán, Sasturnino Álvarez Bugallal, fora tamén electo o tudense Pedro Cuenca e Díaz de Rábago sucedendo ao seu pai, Lorenzo Cuenca, no control político e na representación do distrito da Cañiza. Pedro Cuenca, naceu en Tui o 3 de xullo de 1829. Estudiou Gramática na cidade miñota e posteriormente algún curso na Universidade compostelá, ingresando en 1852 na Escola de Estado Maior. Desenvolveu unha brillante carreira militar. Tiña participado na Guerra de África, acadando o grado de Tenente Coronel, e pasando logo a Filipinas, de onde reg

P. José Noval, un dominico tudense na China do sec. XVIII

Esta mesma semana publicabamos en Tudensia, nesta serie de posts diarios namentras dura o confinamento, unha entrada titulada “Aventureros tudenses” que recollía os nomes dos primeiros tudenses que embarcaron para as Indias e outra serie de nomes de persoeiros que realizaron algunha acción en terras lonxanas. Imaxe petrea de San Domingos de Guzmán, circa 1400-1425 Igrexa de San Domingos de Tui Publicamos hoxe algunhas notas sobre un frade dominico tudense, José Benito Noval, do século XVIII que desenvolveu o seu labor apostólico no extremo oriente, en China. Xunto a Fr. Antonio de San Buenaventura, franciscano tudense martirizado en Xapón en 1628 (ver: http://tudensia.blogspot.com/2008/11/frei-antonio-de-san-buenaventura-un.html ) son dous exemplos de misioneiros tudenses naquelas afastadas terras e que merecen ser coñecidos na actualidade. Para contextualizar a presenza do P. José Noval en China realizamos unha pequena aproximación á presenza no imperio chino da Ord