Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2009

A festa do maios en Tui

A celebración dos “maios” xorde como unha festa que manifesta a ledicia pola chegada da primavera, do novo agromar do mundo vexetal. Por eso estas celebracións son propias das sociedades agrarias onde estes ritos posúen un carácter propiciatorio, para garantir a colleita que asegura a propia vida. En Galicia tamén existen numerosas manifestacións do que se deu en chamar o “ciclo do maio” que, por mágoa, en moitos casos desparecen a medida que avanza a transformación da nosa sociedade. Moitas destas manifestacións evolucionaron e foron cristianizadas. Velaí o caso da nosa cidade. Na nosa bisbarra conservamos algunha tradicións vencelladas ao ciclo do maio como o monumental arco que por San Brais erguen os veciños de Tabagón ou os ramos procesionais de Budiño, ou a tradición de colocar nos coches nesta xornada unha ponliñas de xesta. Carecemos de noticias sobre os maios na nosa cidade, agás as relativas a súa derradeira etapa, nos primeiros anos da década dos sesenta do pasado século;

Reportaxe onte en "La Voz de Galicia": Piedra noble en el centro de Tui

O suplemento dominical de La Voz de Galicia de onte domingo 26 de abril de 2009 na sección “ La Galicia bonita” publica unha reportaxe sobre Tui. O texto de Cristóbal Ramírez, é moi sinxeliño e con algun pequeno erro (coma considerar a Witiza coma suevo), as fotografias recomendables de Manuel Marrás e paga a pena ler o artigo no xornal pois gaña moito co traballo de maquetación. De todos os xeitos pódese consultar o texto e fotografias en: http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/04/24/00031240583089770515477.htm Desde hace dos mil años: Piedra noble en el centro de Tui Los franceses incendiaron sus barrios, ignorantes de que saqueaban la antigua capital del reino suévico en Galicia Tui es una de esas ciudades que existen en toda Europa y que están resabiadas con la historia. Han sufrido, y mucho, por su situación fronteriza, a veces campamento para la agresión, a veces parapeto ante los ataques, siempre campo de batalla. En este caso el otr

Unha descoñecida procesión de San Telmo en Tui

A devoción ao “Corpo Santo” Pedro González Telmo é unha constante na cidade de Tui dende os tempos medievais, pois tras a súa morte xa temos documentada a pregraria dos nosos veciños diante seu intercesor. Mais de setecentos anos de continuidade no seu culto provocan que a figura de San Telmo estea firmemente asentada en múltiples realidades da nosa cidade. As festas que vivimos estes días teñen o seu punto culminante na solemne procesión que percorre a nosa cidade na tardiña do vindeiro lúns, un desfile procesional que na súa actual configuración data da metade do século pasado, ao incorporarse á procesión de San Telmo boa parte do cerimonial e imaxes que desfilaban na procesión do Corpus Christi. Un traslado motivado polas reformas litúrxicas que realizaba a Igrexa naqueles anos, excluindo outros elementos da procesión fora de Cristo Sacramentado, para resaltar a centralidade deste culto eucarístico. Cómpre indicar que procesión do Corpus foi, sen dúbida, o principal desfile procesio

Crónica da Guerra da Independencia en Tui ( e X): a saida das tropas napoleónicas de Tui o 16 de abril de 2009

Rematabamos o anterior capítulo desta crónica referindo como a chegada das tropas do mariscal Soutl á Valença de Minho provocaron de inmediato o levantamento do cerco da nosa cidade, ao entender as tropas comandadas por García del Barrio que era imposible facer fronte a un número tan elevado de milicias francesas. Tras a toma de Valença as forzas napoleónicas fixeron senllas accións nos arredores para queimar o barrio de Urgeira e o convento de Ganfei, onde estivera o mando luso en varios momentos. En Tui o xeneral Lamartiniére de seguro que animado pola súa posición de forza e dadas as imperiosas necesidades das súas tropas esixe á poboación de continuo viveres, diñeiro, roupa, etc para os seus feridos. Aínda que estes requerimento eran constantes, el 13 de abril mandó prender y poner arrestados en la casa del Ayuntamiento al Deán, D. Francisco Ventura de Castro, al Canónigo, D. Juan Carlos Vales Vaamonde, y a varios vecinos principales, amenazándolos con llevarlos a Oporto a la

Crónica da Guerra de Independencia (IX): o episodio da Macoca, as discrepancias dos sitiadores e o levantamento do cerco de Tui

--> Logo da derrota da columna napoleónica de Chapuzet culminada nas terras de Ribadelouro polas tropas de paisanos da provincia de Tui, por fin o 31 de marzo chega un reforzo de tropa militar ao campamento das Penizas, un rexemento enviado pola Xunta de Lobeira, constaba de 752 plazas, de los que 400 estaban provistas de fusiles españoles y el resto desarmadas ao mando do administrador de Boullosa, D. José Joaquín Márquez, proclamado coronel. Estas tropas remprazan aos portugueses que se tiñan retitrado para defender á provincia do Minho diante da chegada das tropas de Soult. Tras a reconquista de Vigo as maioria das forzas achegáronse para reforzar o cerco da nosa cidade de Tui, agás o coronel Pablo Morillo que percorrerá a provincia de Compostela afervoando á poboación. O capitán Colombro descrebe con data 7 de abril a situación tudense: los enemigos han fortificado considerablemente la plaza, que esta se halla guarnecida con 47 piezas de cañón todas de bro

Xornadas sobre o Bicentenario da Guerra de Independencia en Tui os días 13 e 14 de abril

O CONCELLO DE TUI CELEBRA UNHAS XORNADAS CONMEMORATIVAS DO BICENTENARIO DA GUERRA DE INDEPENDENCIA EN TUI OS DÍAS 13 E 14 DE ABRIL A Concellería de Cultura do Concello de Tui organiza para os vindeiros días 13 e 14 de abril unhas xornadas conmemorativas do bicentenario da Guerra da Independencia na nosa localidade co obxectivo de ofrecer aos veciños e interesados un achegamento a este momento histórico da nosa cidade. Os franceses chegaron á cidade de Tui o 3 de febreiro e abandonaron a nosa localidade o 16 de abril, logo de tres meses e medio de ocupación, tempo durante o que os paisanos da bisbarra tudense cercaron á cidade levantándose contra a ocupación napoleónica. Para afondar no coñecemento deste momento histórico do que agora celebramos o segundo centenario foi programadas unha Xornadas de acordo co seguinte programa: • Luns 13 de abril de 2009 - Conferencia de Jose Navas Ramírez-Cruzado, director do Museo Militar de A Coruña: “La Guerra de la independencia en Galici