Crónica da Guerra de Independencia (IX): o episodio da Macoca, as discrepancias dos sitiadores e o levantamento do cerco de Tui

Tras a reconquista de Vigo as maioria das forzas achegáronse para reforzar o cerco da nosa cidade de Tui, agás o coronel Pablo Morillo que percorrerá a provincia de Compostela afervoando á poboación.
O capitán Colombro descrebe con data 7 de abril a situación tudense: los enemigos han fortificado considerablemente la plaza, que esta se halla guarnecida con 47 piezas de cañón todas de bronce, extraidas de nuestro parque, con una guarnición de 1.200 hombres útiles; la mayor parte de artillería y caballería, e igual o mayor número de enfermos, con municiones de toda especie para cuatro meses y alguna escasez de víveres. Fronte a esta forte presenza francesa en Tui, as tropas sitiadoras caracterízanse polos continuos roces, envexas e mesmo enfrentamentos, impedindo unha acción combinada e efectiva. Nos días anteriores tiña chegado ao cuartel xeneral de Entenza o teniente coronel Garcia del Barrio, comisionado da Xunta Suprema, que recoñece como xefe superior das forzas do cerco de Tui ao abade do Couto. Sen embargo axiña decátase que existe unha sublevación contra a súa autoridade especialmente por parte dos campamentos de San Xian e Freande dirixidos polos tudenses Cosme Rodríguez Seoane e Juan Ramón de la Barcia. Chegara tamén a este último campamento nos primeiros días de abril Tenreiro e o tenente portugués Almeida, reclamando Tenreiro que Almeida fose recoñecido como xefe superior de todos os sitiadores, ao que opoñense os campamentos de Santa Comba, Penizas e San Caetano. As rivalidades e divisións ameazan arruinar o cerco de Tui.
Diante desta situación o 7 de abril Garcia del Barrio convoca unha xuntanza en Santa Comba en este estado y habiéndose presentado con sus credenciales el Teniente Coronel D. Manuel García del Barrio, comisionado de la Suprema Junta Central pudimos con mucho trabajo reunir a los jefes de la gente armada a quienes se les hizo entender la necesidad de elegir un jefe o cabeza que dirigiese todo, y recayó la elección en el expresado García, titulándose Comandante General Interino de la Provincia de Tuy, a pesar de esto no faltan rencillas y descontentos, pues cada uno de por si desea tener tanta autoridad como V. E. mismo
A evidencia destas rivalidades evidenciouse no día 6 de abril en que Del Barrio preparou un ataque xeral contra a cidade de Tui. As tropas das Penizas e San Caetano saen ás 10 de mañá colocándose en situación de batalla á espera dos campamentos de Santa Comba, San Xian e Freande que non acuden, fracasando o ataque.
No día seguinte Del Barrio conmina ao xeneral frances Lamartiniére á rendición, respostando éste que se en seis días non recibe apoio doutras forzas negociaria a súa capitulación.
No mediodía do 9 de abril chegan á Macoca varios carros cargados con cinco cañones de hierro de diferentes calibres, cureñas, balas, metralla, barriles de pólvora y telas para saquetas de los tiros, material todo que procedía de Vigo. Portados por mariñeiros, éstes sen agardar á protección de fusileros ou a ocupar unha situación de defensa, e sen mando algún, comezan a disparar sobre a Corredoura tudense. As forzas do inmediato destacamento de Cabeza de Francos se retiraron aos seus postos deixando sen protección a esta forza de artilleria, consecuentemente a resposta francesa foi inmediata, así Cerviño relata como caían muchas balas y granadas sobre la Macoca y enseguida llega bastante infantería francesa que por tres o cuatro puntos subieron a la cumbre, apoderándose de los cañones y de cuantas provisiones habían conducido los carros por la mañana. Los marineros que servían las piezas, a la aproximación de los franceses y careciendo de fusiles huyeron a la desbandada, salvándose todos, y muriendo solo un paisano de los de San Bartolomé.
Posiblemente deste feito de guerra ou doutro similar procede o proxectil de canón que ilustra esta crónica, conservado no mosteiro das Clarisas tudenses.
Cando García del Barrio decátase da situación envía urxentemente á Compañia de Tiradores de Felipe de la Concha , ao Batallón de Colombo e ordea municionar ao rexemento de Lobeira pero chegan tarde e so poden tirotearse coas forzas francesas que como castigo queimaban as casas da zona de A Macoca e A Poboanza.
Namentras as forzas de Freande que tiñan na Granxa de San Xosé dous cañóns pedreiros que trouxeran de Baiona acompañaron ao fogo da Macoca e sufriron tamén o ataque napoleónico que consiguen levarse os canóns a pesares da forte resistencia das escopeteiros deste enclave. De regreso a Tui as tropas francesas queiman a Granxa e as casas episcopais de Sobreiras. As desgrazas das nosas tropas complétanse con varias baixas de soldados na zona de A Veiga ao ser atacados pola cabaleria napoleónica.
O día 10 de abril será esencial no desenvolvemento desta guerra na nosa bisbarra. Por unha banda, Lamartiniére tiña previsto un ataque sobre As Penizas. Del Barrio quería ese mesmo día defender fortemente este emprazamento e que namentras as forzas dos outros campamentos sitiadores atacasen á cidade de Tui. Pero nesta xornada unha división francesa dirixida polo xeneral Heudelet chega con 4000 homes ás portas de Valença e consegue a rendición desta praza, cuxas forzas foran derrotadas había dous días en Ponte de Lima.
O dairio de Ruibal descrebe os acontecementos: Poco después de las nueve de la mañana, las baterías de Valença fronterizas a Tuy comenzaron a disparar lo cual no nos sorprendió, porque raro era el día en que no enviaban algunas balas contra los franceses; pero no tardamos en advertir que no se oía el zumbido de aquellas y que los cañones no arrojaban proyectiles. Con los anteojos observamos que los franceses de Tuy corrieron a las piezas que tenían en las murallas y enseguida descendió en Valença la bandera portuguesa, elevándose en su lugar la tricolor; y entonces la artillería de Tuy hizo una salva general en todo el perímetro de la fortificación. Quedamos estáticos, mirándonos unos a otros y preguntándonos que significaba aquello.
As tropas de Soult tiñan pois completado en dous meses o percorrido iniciado na nosa cidade, a súa chegada a Valença concede as tropas napoleónicas unha superioridade de tal calibre que o tenente coronel Garcia del Barrio ordea o levantamento do cerco á cidade de Tui. Seguimos o relato de Ruibal, a mellor fonte de información: el campamento de San Cayetano, dos horas antes tan alegre y animado por más de cinco mil personas, se hallaba ahora transformado en triste desierto; la gente armada, traficantes, mercaderes, curiosos, tiendas, tabernas y mistelerías, todo desapareció como por encanto. En las Penizas ya se había ausentado la multitud bulliciosa y alborotadora de chuzos y escopeteros, y solo quedaban dos batallones de Lobera y la Victoria , mi Compañía y los artilleros, con las armas en pabellones y protegiendo la emigración de los habitantes de aquellas aldeas, que no tardarían en ser invadidas por el enemigo
Os outros campamentos de Bornetas, Freande e Santa Comba correron igoal sorte, só o procurador De la Barcia mantivo o sen emprazamento en San Xian, a excesiva distancia de Tui como para ter alguna operatividade sobre o adversario. As unidades militares retiráronse cara a zona de Ponteareas e Salvaterra, o Abade Giraldez e as súas tropas da Louriña continuaron augas arribas do río Louro e os paisanos ou retornaron ás súas casas ou estableceronse nos montes que separan a Louriña do Fragoso. Velaí como no 10 de abril rematou o cerco de Tui sen ter acadado a conquista da capital da provincia e praza estratexica para todos. Sen embargo, a ocupación francesa que agora é moito máis ríxida e opresora durará escasamente unha semana máis.
Rafael Sánchez Bargiela
Comentarios
Publicar un comentario