Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2014

Reflexión sobre Rosendo Salvado, un bispo nas "antípodas"

Conmemoramos o pasado 1 de marzo o bicentenario do nacemento na rúa de Riomuíños do bispo Salvado. Nestas xornadas temos rememorado alongadamente a súa traxectoria vital, a creación da abadía de Nova Nursia, a exemplar obra desenvolvida por Salvado naquelas terras a prol dos seus nativos, dos aborixes. Pero cómpre abordar unha mínima contextualización histórica daquela época na que o noso frade beneditino arriba a aquelas terras nas nosas antípodas.  A revolución industrial, xurdida en Inglaterra nas últimas décadas do século XVIII, se estende progresivamente por Europa e conleva, entre outras medidas, unha revolución dos transportes e un crecemento económico que impulsa a numerosos países á procura de materias primas para as súas industrias e mercados para os seus produtos. É o que chamamos colonialismo, que daba un novo pulo á antiga expansión colonial de época moderna que lideraran España e Portugal. Pero agora son as novas potencias industriais e económicas (Inglaterra