Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2009

Crónica da Guerra da Independencia en Tui (IV): os nomes propios tudenses: Rodríguez Seoane, Vaamonde, De la Barcia, Kindelan, Sanz, Ruibal, Avila...

Tras a chegada a Tui, en torno ao 20 de febreiro, de boa parte dos equipos artilleiros das tropas do mariscal Soult, éste que era consciente da importancia estratéxica da nosa cidade, deixou ao seu mando ao xeneral Lamartinière. Nesa mesma xornada o Marqués de la Romana recibe en Oimbra (Ourense) ao Abade do Couto, Mauricio Troncoso de Lira, e logo da entrevista acorda nomealo “Comandante de todo el paisanaje de aquel distrito (Achas e Tui) en virtud de su ardiente celo y patriotismo que ha manifestado bien visible en los ataques que ha dado a los enemigos” e amáis ordea se “le envíe alguna tropa del exercito al mando de un oficial inteligente que pueda concurrir al plan que ha propuesto y teniendo toda satisfacción en D. Josef Tomarco, capitán del Regimiento Zamora” ordea que acuda no seu apoio xunto a 60 homes. No 25 de febreiro xa está o Abade do Couto con estes reforzo de tropas militares na su casa (na fotografía), pero cómprelle fuxir a Portugal pois 700 franceses da divisi

Notas ao entroido tudense

A celebración do Entroido ten adquirido na cidade de Tui unha grande sona, pois participan no desfile do martes de entroido numerosas comparsas e milleiros de persoas ateigan as rúas tudenses para contemplar este espectáculo. Ata o punto que na actualidade o martes de entroido é festivo local no noso concello. Este desfile de comparsas e disfraces, con todo, posúe unha vixencia de escasamente vinte anos, pero foise consolidando coma unha das grandes citas festivas tudenses vencellada ao enterro do bacallau no domingo seguinte. Este entroido actual é de caracter urbano, pois recollendo unha parte da tradición do carnaval, asume moitos aspectos que espallan os medios de comunicación, seguindo as pegadas dos cariocas: desfiles, comparsas con música, pouca roupa, etc. Outro efecto/defecto máis da “globalización” que padecemos. Con todo a principal característica do entroido, a ruptura da orde establecida, a alteración dos roles sociais, etc. cumprese abondosamente na festa tudense, pois

Crónica da Guerra de Independencia en Tui (III): A batalla de Mourentán e cando fican 3311 homes con 36 pezas de artilleria en Tui.

Na anterior crónica comentabamos como o mariscal Soult tralo fracaso do seu intento de cruzar a Portugal primeiro en Tui e logo no esteiro do Miño, decide que encamiñarse cara Ourense para cruzar o Miño naquela cidade e penetrar en Portugal pola “raia seca”. O historiador Osuna Rey no seu magnífico libro “Los franceses en Galicia” relata as ordes de Soult: “ordena que la división de caballeria de Lahoussaye se ponga en marcha el 17 de febrero a lo largo de la orilla derecha del Miño hasta Ribadavia para continuar hasta Ourense. La caballeria de Lorges que estaba en O Porriño debía marchar hacia Ribadavia pasando por Ponteareas. La 4ª división (Heudelet), partir desde Vigo, con los zapadores (coronel Garbe) para llegar lo más pronto posible a Ribadavia. Las órdenes fueron también para que el Cuartel General y la 3ª división (Delaborde) partiesen el 17 por A Franqueira hacia Ourense; la 2ª división (Mermet) debia dejar Tui el día dieciocho.’La primera división (Merle), cuyo cuartel gen

"O Santo Oficio da Inquisición en Tui" por Juan Miguel González Fernández

O Santo Oficio da Inquisición nace na época medieval, como un instrumento do Papa para loitar contra as herexías. No albor da Idade Moderna irase establecendo nos países occidentais. No caso de España (Coroas de Castela e Aragón), foi nos tempos dos Reis Católicos cando adquire pulo, como organismo de abarcaba toda a xeografía, por riba de fueros e privilexios locais, e que quedaba supeditado ao monarca e quedaba á marxe da Igrexa nacional. Nesta expansión, primeiro se establecerá en Valladolid, para logo pasar a Galicia. Formouse un “distrito” que abarcaba todo o Reino. A súa instalación na estratéxica cidade de Santiago será lenta e conflitiva. Nun segundo intento serio, o Santo Oficio galego queda fundado en 1574 baixo a éxida do inquisidor Quijano del Mercado. No cume desta organización político-relixiosa encóntrase o Inquisidor Xeneral. Destes hai dous que se teñen por naturais de Tui -ainda que poda confundires a cidade co bispado-, son: o Ldo. Juan de Cortázar (1584-91) e

Crónica da Guerra de Independencia en Tui (II). Fracaso de Soult de penetar en Portugal polo Miño e primeiras insurreccións dos paisanos.

O Mariscal Soult unha vez establecido en Tui non desatende o seu propósito que non é outro que cruzar a Portugal, para artellar esta invasión desplega pola nosa comarca, segundo informa Osuna Rey, as suas tropas do seguinte xeito: - A primeira división, ao mando de Merle en A Guarda - A segunda, con Mermey ao fronte, en Tui - A terceira en Salvaterra con Delaborde - A carta en Vigo comandada por Heudelet - Fanceschi ao mando doutra división en Baiona - Dous rexemento de cabaleria de Lorgen en O Porriño - Os dragóns dirixidos por Lahoussaye pola ribeira do Miño ata á altura de Melgaço. Soult desprazase ata A Guarda apoderandose das barcas dos pescadores daquela vila para remontar polo río, impedindollo o fogo das baterias de A Insua e Camiña. “Soult, continua Osuna, ordenó que los barcos desde el mismo puerto de A Guarda, y por tierra, se llevasen por el norte del Tegra hasta Pías, una aldea a una legua de A Guarda. Y para estos trabajos Soult encargó a sus zapadores que transportara

Hoxe hai douscentos anos que entraron as tropas napoleónicas en Tui. Crónica da Guerra de Independencia en Tui (I)

--> En el día 3 de febrero, viernes, festividad de San Blas, á las 9 menos cuarto de su mañana empezaron a entrar por la Corredera en nuestra ciudad de Tuy (las tropas francesas) en número de 166 de a caballo, que yo he contado, y venian dela parte de Redondela en descubierta y abanzada; y en la tarde del mismo día llegaron 5.000 de infantería de acia Rivadavia, y asi estubieron entrando en la ciudad por dias hasata el numero de 22mil hombres á las ordebes del General Soult, Duque de Dalmacia, con el fin pasar por esta parte al vecino Reino de Portugal Así descrebe a chegada das tropas napoleónicas a Tui, hai hoxe douscentos anos, o historiador e testemuña ocular dos feitos Francisco Avila y La Cueva na súa monumental “Historia de Tuy y su obispado”. Desde xeito a vella cidade episcopal, daquela tamén capital provincial era tomada polas tropas invasoras sen atopar resistencia por parte da poboación. As tropas francesas tiñan entrado en Galicia no aninovo de 180