Ir al contenido principal

Crónica da Guerra de Independencia en Tui (II). Fracaso de Soult de penetar en Portugal polo Miño e primeiras insurreccións dos paisanos.


O Mariscal Soult unha vez establecido en Tui non desatende o seu propósito que non é outro que cruzar a Portugal, para artellar esta invasión desplega pola nosa comarca, segundo informa Osuna Rey, as suas tropas do seguinte xeito:
- A primeira división, ao mando de Merle en A Guarda
- A segunda, con Mermey ao fronte, en Tui - A terceira en Salvaterra con Delaborde - A carta en Vigo comandada por Heudelet - Fanceschi ao mando doutra división en Baiona - Dous rexemento de cabaleria de Lorgen en O Porriño - Os dragóns dirixidos por Lahoussaye pola ribeira do Miño ata á altura de Melgaço. Soult desprazase ata A Guarda apoderandose das barcas dos pescadores daquela vila para remontar polo río, impedindollo o fogo das baterias de A Insua e Camiña. “Soult, continua Osuna, ordenó que los barcos desde el mismo puerto de A Guarda, y por tierra, se llevasen por el norte del Tegra hasta Pías, una aldea a una legua de A Guarda. Y para estos trabajos Soult encargó a sus zapadores que transportaran los barcos hasta el Tamuxe, y que hicieran un camino practicable para la artilleria desde Tui a la zona de Camposancos, donde colocarían las piezas en apoyo del paso del río, amén de que traerían cañones del calibre 24 del fuerte de A Guarda con el mismo objeto. De la artilleria encargó Soult los trabajos al general Bourgeat, que consiguió llevar las piezas de hierro que estaban montadas en los muros del castillo que defendía A Guarda.

Na mañá do 15 de febreiro as tropas napoleónicas están dotadas con barcazas e apoiadas pola artilerria para tentar curzar o río Miño na zona da desembocadura do río Tamuxe, no actual concello de O Rosal, fronte as illas de Canosa e Morraceira do Grilo. Nun primeiro intento son 300 homes os que cruzan o río aproveitando a noite e a pleamar , segundo Avila y Lacueva en sete barcas, pero fose pola escasa pericia dos remeiros ou pola forza do río un dos barcos afastase dos outros, que toman terra entre Seixas e Caminha pero as descargas da artilleria portuguesa os obrigan a retroceder ás tropas de Soult. A outra barcaza foi arrastrada pola corrente ata o bosque de Camarido, logo de Caminha e fronte á fortaleza portuguesa de A Insúa, onde desembarcan, segundo o historiador Osuna Rey, un capitan, 4 sarxentos e 30 soldados. O batallón nº 21 de Línea do exercito portugués ao mando do tenente coronel Champalimaud que estaba acampado nos arredores de Caminha diante da ameaza francesa xunto con moitos paisanos renden na mañá do 16 de febreiro a este grupo de napoleónicos no bosque de Camarido, na foz do Miño.
Soult comproba que resulta imposible penetrar en Portugal cruzando o Miño e ordena, o día 17 de febreiro, que as tropas móvanse en dirección a Ourense para entrar en Portugal pola “raia seca”.

Namentras estes episodios bélicos discurren polo Baixo Miño en Tui recibese a orde de Soult de agrupar a todos os franceses feridos ou doentes, así aos 400 ingresados no Hospital tudense unénse os case cincocentos que estaban en Pontevedra. Pero para o mantemento deste elevado número de tropa, lembremos que na provincia de Tui estaban instalados ata 22000 franceses, os mandos militares napoleónicas comunicánlle as autoridades tudenses, o Concello e as Xustizas da cidade e dos partidos da provincia importantes impostor e gravámenes. Sirva como exemplo que nos partidos de Crecente e Albeos os fraceses esixen: veinte mil raciones diarias de pan, vino, carne, gallinas y huevos, pidiendo juntamente caballerias y capotes.
Tanto o sentimento de invasión como estes importantes gravamenes aos que abrigaban, se fose o caso, pola forza as tropas de Napoleón, neste mesmos días comeza a insurrección dos paisanos, un dos principais lideres deste movemento contra o invasor será Mauricio Troncoso de Lira e Soutomaior, abade de Vilar e o Couto, nas terras de Crecente, quen asuma este papel diante da falla de reposta das autoridades civis e a inexistencia de autoridades militares na nosa zona, pois o exercio que mandaba o Marques de la Romana atopabase polas terras orientais de Ourense, sen intención de facerlle fronte aos franceses.
O Abade do Couto será a persoalidade máis rexa destes episodios bélicos na noza provincia tudense e responsable do cerco a que será sometida a cidade tudense a principios de marzo. O propio Mauricio Troncoso nun documento que publica Osuna Rey relata como comezou o seu labor o ver como as xentes entregan o esixidos polos franceses:
Visto esto por dicho Abad pasa con unos pocos mozos a la casa del Regidor (de Crecente) adonde estaban concurriendo las gentes con los ganados, caballerias y capotes. Sorprende a la Justicia e individuos del Ayuntamiento, quitándoles todo lo que tenían dispuesto para enviarselo al enemigo, y al instante pasa órdenes a los caudillos y justicias, poniéndoles pena de la vida para que inmediatamente todos los hombres sin excepción de persona, aún de clérigos y frailes, se presenten con armas ocupando los puentes como ha sido el de Mourentán, Esmoriz, Tayn y el de las Achas, lo que se ejecutó el mismo día cubriendo aunque con poca gente dichos puentes; y viendo los enemigos que lo que ellos pedían se retardaba, el día catorce del mismo mes llega una partida de caballería por el puente de Mourentán caminando hacia Creciente, se les hace fuego y se la ha muerto quince y quitándole sus caballos se le remitieron a Oimbra al Excmo. Sr. Marqués de la Romana, y al mismo tiempo cogiendo cincuenta y un prisioneros los cuales se remitieron al Corregidor de la plaza y villa de Melgado…
Escaramuzas que anticipan o que será logo a “batalla” que terá como escenario a ponte de Mourentán o día 17, este combate será o primeiro episodio bélico serio protagonizado polos nosos paisanos contra os invasores, comprobando os franceses que os paisanos posuen un gran espíritu de insurrección fomentado por las proclamas de la Romana, segundo informalle por escrito o general Lahousaye ao mariscal Soult errando completamente pois o Marques de la Romana non tiña actividade algunha na provincia tudense, pero este espíritu de rebeldía era animado e impulsado especialmente polo devandito Abade do Couto e a súa decidade actuación.
Deste episodio de Mourentán daremos conta na nova entrega desta crónica.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Cristobal Colón Fonterosa e Tui

Ás veces un rato de navegación pola rede na procura dalgún dato nos conduce a outra liña de investigación ou coñecemento inesperado. Rebuscando nos primeiros números da revista gráfica “Vida Gallega” que fundou en 1909 o xornalista Jaime Solá, e que con diversos avatares chegou ata o ano 1963, demos cun artigo sobre Celso García de la Riega e a súa teoría sobre o Colón galego.

García de la Riega (1844-1914) é un funcionario, deputado, xornalista e investigador pontevedrés, pero sobre todo é coñecido por ser o inicador e impulsor da teoría da orixe galega de Cristobal Colón, sendo o primeiro en atacar a teoría xenovesa nunha conferencia realizada en Madrid en 1898 a petición da Sociedad Geográfica de Madrid. Cristobal Colón e a súa biografia estiveron sempre rodeadas de incognitas e dúbidas, mesmo antes da súa morte. A súa personalidade e os pleitos que emprendeu el mesmo ou os seus herdeiros pola sucesión do seu morgado non fixeron máis que contribuír a este afastamento que explica, en…

Manuel Fernández-Valdés Costas, cronista oficial de Tui

Manuel Fernández Costas (Tui, 1887-1962) reclama una biografía que nos achegue a súa importancia e significación. Trátase dun dos principais investigadores da historia tudense e tamén, curiosamente, dos mais esquecidos na actualidade. Neste blog temos recollido en diversas oportunidades referencias á súa actividade e, incluso, algún dos seus artigos xornalísticos.

No volume III da revista “Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano” (1980) o seu fillo Eloy publica un moi breve apunte biográfico do seu pai xunto a unha moi interesante achega das súas publicacións, especialmente en xornais e revistas, pois en formato libro unicamente saíron dos prelo dúas obras da súa autoría. Unha de carácter profesional (foi funcionario do Corpo Pericial de Aduanas) titulada “Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas en la importación y exportación de mercancias” (Madrid, Editorial Plutarco, 1948) e outra sobre historia tudense e que recolle e amplía unha serie de artigos publicados no “Fa…

O grupo "Ultreya" tudense (I)

A comezos do ano 1932 o daquela profesor do Instituto de Noia, Álvaro de las Casas, funda con varios rapaces alumnos seus os Grupos Ultreya que terán un curto pero activo papel no desenvolmento da nacionalismo entre a mocidade galega.
Alvaro de las Casas (Ourense, 1902 – Barcelona, 1950) é unha persoalidade apaixoante (o estudo de Uxio Breogan Dieguez asi o documenta). Tras os seus estudos de Filosofía e Letras (especialidade de Historia) en Valladolid, trasladouse a Madrid sendo nomeado secretario particular do conde de Vallellano, alcalde de Madrid. Mantivo de sempre grande relación con intelectuais galegos especialmente con Vicente Risco.
Pero en 1930 da un xiro a súa actividade, adoptando unha actividade galeguista e republicana, incorporándose ao ensino público. Chega en 1930 como profesor de Xeografía e Historia ao Instituto de Noia, posto no que continuará ata a súa destitución polos sublevados en agosto de 1936, cando xa tiña fuxido para Portugal. Tivo unha traxectoria ás veces …