Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2008

O Museo forestal de Areas

“Vida Gallega” foi unha revista que marcou un fito na prensa de Galicia; o seu carácter divulgador, a súa cobertura galega e, sobre todo, o seu importante contido gráfico, con numerosas fotografías en cada número foi, no seu momento, un éxito editorial e na actualidade é unha ferramenta de primeira magnitude para documentar as primeiras décadas do século pasado. No número editado o 15 de agosto de 1917 o seu director Jaime Solá, facía unha crónica da súa visita ao viveiro forestal de Areas. “ El vivero forestal es una extensión enorme de terreno en la cual, con unas míseras pesetas del Estado, dadas en forma fragmentaria –que es el modo mejor de hacerlas infructíferas- el ingeniero Areses puso los cimientos de su magna obra de resurgimiento regional (...) Areses hizo construir una casa ideal en medio del vivero y alrededor vació los dones de Pan, Ceres y Pompona. De todo hay en aquellas tierras artística y científicamente cultivadas. En cuarenta mil tiestos, cuarenta mil arboli

Francisco Sánchez, "o tudense"

FRANCISCO SÁNCHEZ Rematabamos a última achega a Tudensia reivindicando, ao abeiro da celebración da Xornada europea da cultura xudía en Tui, o nome de Francisco Sánchez como expresión sobranceira, e serodia no tempo, da aportación que xudeus e xudaizantes teñen realizado á historia de Tui. Insisto no feito realmente sorprendente que Tui, o seu berce, únicamente lembre a este fillo egrexio co nome dun Instituto de Ensino Secundario e que ningunha rúa, placa, estatua… rememore para tudenses e visitantes ao posiblemente máis importante fillo desta terra. Teremos de visitar Braga para contemplar na Praza de Sâo Joâo unha imponente estatura deste médico e filósofo. Francisco Sánchez forneceu na sua obra filosófica algunhas das liñas mestras do pensamento moderno. Os nosos irmáns portugueses ben que souberon da súa importancia e insistiron dabondo na súa condición de bracarense, baseandose na información proporcionada por un dos seus discípulos. Pero no ano 1907 o investigador fr

Presenza xudía en Tui, mitos e realidades

PRESENZA XUDÍA EN TUI, mitos e realidades A feliz iniciativa tudense de sumarse ás celebracións que, por toda Europa, se realizan nesta fin de semana para chamar a atención sobre o importante papel que a cultura xudía tivo no desenvolvemento da cultura europea posibilitará que os tudenses poidan achegarse mediante visitas guiadas a diversas testemuñas materiais que evidencian a herdanza das xentes xudías na nosa cidade. Conta Tui con duas testemuñas, case únicas, que ilustran a presenza e influencia das xentes xudías na nosa cidade. Por unha banda, a inscrición no Claustro da Catedral dun candelabro de sete brazos, unha menorá, situada fronte a entrada á Sala Capitular románica. O historiador Carlos Barros, sinala que “a gravación desta menorá non se pode confundir cunha marca de canteiro, como ás veces a estrela de cinco puntas; polo seu tamaño e significación non cadra cunha función técnico-constructiva, pois representa de xeito sen dúbida consciente o símbolo máis antigo

Cincocentos anos das"Encerradas" tudenses

Polo seu interese reproducimos o artigo editado no suplemento "Baixo Miño" do Faro de Vigo do pasado sábado 30 de agosto de 2008. CINCOCEN TOS ANOS DAS “ENCERRADAS” TUDENSES Nunha data indeterminada do ano de 1508 dez mulleres de Tui xuntánse para comezar a vivir en comunidade a súa vocación relixiosa, poñendo en común as súas pertenzas e posesións. Eran aquelas mulleres, segundo recolle o benemérito historiador tudense Avila y La Cueva , as seguintes: Ana de la Cruz , Leonor de Cristo, María Francisca, Inés Pérez, María González, Blanca de Cristo, Isabel Agustina, Ana de los Santos, María Vázquez xunto con Dona María Suárez Sarmiento, Vigaria desta comunidade. Andando os anos anos esta grupo de mulleres adoptan a regla de San Francisco, acadando do Papa León X unha bula de 13 de novembro de 1515 pola que se lles concede vivir segundo a Orden Terceira de Penitencia Claustral do mesmo santo, ficando baixo a xurisdicción e obediencia dos bispos de Tui. Fúndase deste