Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2009

O arco da festa de San Roque

Esta vindeira fin de semana celébrase na cidade de Tui a festividade de San Roque que goza de grade sona na bisbarra; a entusiasta comisión das festas de San Roque e San Bartolomeu editou un programa no que figura o seguinte artigo que deseguido reproducimos. O ARCO DA FESTA DE SAN ROQUE As festas populares, como estas de San Roque e San Bartolomeu, posuen unha longa tradición. Así, Avila y La Cueva infórmanos que xa no ano 1681 o bispo tudense Frei Simón García Pedrejón “mandó a suplicas de la Justicia y Ayuntamiento de Tui que el día de San Roque, 16 de agosto, se guardase a lo subcesivo por día festivo en la ciudad y aldeas de Pazos de Reis y Randufe (...) y empezó este precepto el 16 de agosto de aquel año”. A devoción a San Roque está case sempre vencellada á peste, pois este santo tiña sona de protector fronte a estes terribles sucesos, consecuentemente o seu culto está amplamente espallado e congregaba a moreas de xente. Aínda na actualidade a procesión de San Roque é, posibleme

Agustín Rodríguez Bahamonde, un liberal tudense nas Cortes de Cádiz

Este artigo foi publicado recentemente na revista "Pregón" que editou o Concello de Ponteareas co gallo das festas do Corpus Christi 2009 AGUSTIN RODRIGUEZ BAHAMONDE, un liberal nas Cortes de Cádiz A celebración ao longo deste ano do Bicentenario da Guerra da Independencia na nosa terra ten contribuido a recuperar a memoria deste importante acontecemento que, conservado na memoria popular con grande vigor, reclamaba unha atención dos historiadores que afortundamente ten acadado. A vila de Ponteareas tamén presenciou o paso das tropas napoleónicas e moitos dos veciños desta xurisdicción sofriron intensamente os desmanes dos ocupantes. Ás xentes do Condado e A Paradanta cábelles a honra de ser os primeiros en presentar batalla directa contra as tropas comandadas polo mariscal Soult na ponte de Mourentán. Os labregos e paisanos comandados polo Abade de Vilar, D. Mauricio Troncoso de Lira e Soutomaior dificultaron o paso dos reximentos franceses cara Ourense e

"Tui, capital da fronteira" en A Nosa Terra

No pasado número do semanario "A Nosa Terra", de 23 de xullo, figuraba na sección "Visitar" unha pequena reportaxe sobre a nosa cidade; a vocación de Tudensia é tamén recoller estas achegas sobre Tui que poden pasar inadvertidas para moitos dos nosos lectores. Tui, a capital da fronteira Non é mala idea botar a andar unha fin de semana por Tui, capital dunha daquelas provincias que facían de Galiza un puzzle de sete pezas. Habitada dende o paleolítico, esta cidade pasou polas mans dos Grovios, foi habitada polos homes dos castros, logo polos romanos e mais tarde polos suevos. Fundada e refundada por moitos, segundo quen conte a lenda, foi tamén berce de moitos reis. Dende Witiza até dona Urraca, suevos, visigodos e incluso árabes, camiñaron por riba destas pedras polas que hoxe camiño eu. Houbo un tempo, tamén agora inconcibible, no que o río non era fronteira. A unidade mantívose até o século XII, até que Portugal se converte en reino independente e tamén en inimi