Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2012

As Fillas da Caridade en Tui II

"Rúa da Misericordia" de Alfonso Álvarez Pazo Este blog naceu coa vocación de promover o coñecemento da historia e da vida tudense e por tanto congratúlome que os lectores de “Tudensia” enriquezan coas súas achegas os contidos que publicamos. Construirmos entre todos o coñecemento do noso pasado é unha noticia certamente positiva. Reproduzo, en consecuencia, o comentario que o amigo Julio Viñas envia a “Tudensia” onde realiza unhas precisións de grande interese sobre a chegada das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl a Tui, que temos que retrotraer a medio século antes. El hecho de asignar la fecha de 1908, como le momento de asentamiento de las Hijas de la Caridad en Tui, según datos aportados por el cronista oficial de Tui D. Ernesto Iglesias Almeida y en cierta medida corroborados por Alberto Estévez Piña ,es una fecha errónea. Se debe considerar que según, el Sr. Iglesias Almeida, ya en 1844-45 estas monjas habían desempeñado una gran labor en una epidemia maligna

As Fillas da Caridade en Tui

Temos abordado en Tudensia una achegamento á historia de diversas comunidades relixiosas instaladas en Tui, algunha cunha vida alongada en máis de cincocentos anos –as Clarisas- e outras que cumplen nestes tempos o centanario da súa presenza entre os tudenses (Maristas, Hospitaleiras e Doroteas). Restaba comentar algunha notas sobre a historias das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl (as “Monxas Milagrosas”) que chegaron á esta vella cidade episcopal no ano 1908. A presenza na cátedra episcopal de Valeriano Menéndsez Conde, dende 1894, non parece allea á acollida na nosa cidade deste abano de congregacións relixiosas coas que pretende reanimar á vida cristíá na nosa cidade e diocese. Cun amplo donativo dun tudense residente en América o crego tudense e daquela bispo de Ourense, Florencio Cerviño, promover a fundación da popular “Cocina económica”. Ao ano seguinte abren un centro de ensinanza co nome de “Colegio de la Inmaculada Milagrosa” na petición de numerosos veciños de Tui