Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

Cristobal Colón Fonterosa e Tui

Ás veces un rato de navegación pola rede na procura dalgún dato nos conduce a outra liña de investigación ou coñecemento inesperado. Rebuscando nos primeiros números da revista gráfica “Vida Gallega” que fundou en 1909 o xornalista Jaime Solá, e que con diversos avatares chegou ata o ano 1963, demos cun artigo sobre Celso García de la Riega e a súa teoría sobre o Colón galego. García de la Riega (1844-1914) é un funcionario, deputado, xornalista e investigador pontevedrés, pero sobre todo é coñecido por ser o inicador e impulsor da teoría da orixe galega de Cristobal Colón, sendo o primeiro en atacar a teoría xenovesa nunha conferencia realizada en Madrid en 1898 a petición da Sociedad Geográfica de Madrid. Cristobal Colón e a súa biografia estiveron sempre rodeadas de incognitas e dúbidas, mesmo antes da súa morte. A súa personalidade e os pleitos que emprendeu el mesmo ou os seus herdeiros pola sucesión do seu morgado non fixeron máis que contribuír a este afastamento que