Ir al contenido principal

Cristobal Colón Fonterosa e Tui

Ás veces un rato de navegación pola rede na procura dalgún dato nos conduce a outra liña de investigación ou coñecemento inesperado. Rebuscando nos primeiros números da revista gráfica “Vida Gallega” que fundou en 1909 o xornalista Jaime Solá, e que con diversos avatares chegou ata o ano 1963, demos cun artigo sobre Celso García de la Riega e a súa teoría sobre o Colón galego.


García de la Riega (1844-1914) é un funcionario, deputado, xornalista e investigador pontevedrés, pero sobre todo é coñecido por ser o inicador e impulsor da teoría da orixe galega de Cristobal Colón, sendo o primeiro en atacar a teoría xenovesa nunha conferencia realizada en Madrid en 1898 a petición da Sociedad Geográfica de Madrid.
Cristobal Colón e a súa biografia estiveron sempre rodeadas de incognitas e dúbidas, mesmo antes da súa morte. A súa personalidade e os pleitos que emprendeu el mesmo ou os seus herdeiros pola sucesión do seu morgado non fixeron máis que contribuír a este afastamento que explica, en parte, por que o Novo Mundo por él descuberto leva o nome do cosmógrafo e comerciante florentino, pero naturalizado castelán, Américo Vespucci.
Sempre existiron dúbidas fundadas sobre a súa orixe e mesmo o municipio de Xénova encarga entre 1892 e 1896 unha ampla investigación que produce 14 volumes en defensa da súa tese.
Será García de la Riega o primeiro en cuestionar a orixe xenovesa, en principio en base aos apuntes do seu tío avó, xa falecido daquela, onde se recollen testemuñas de xentes da Moureira pontevedresa sobre o lugar de nacemento de Cristóbal Colón Fonterosa (ou Cristoforo Columbus Fontanarrosa). Estamos en 1892 e De la Riega comenta o tema na tertulia do Café Moderno de Pontevedra; aos poucos anos un dos seus membros, Antelo Carmelo Castiñeira, atopa o primerio documento (ao que segiran moitos máis) que acredita a presenza do apelido “Colón” nesta bisbarra.
As principais achegas de Celso García de la Riega foron a edición de “La Gallega” (1897), onde demostra que a nao “Santa María” foi construida en Galicia e moi probablemente nos asteleiros de Pontevedra; a conferencia de Madrid en 1898; ou a edición (case póstuma) de “Colón Español. Su Origen y Patria” (Madrid, 1914), na que desenvolve os seus estudos sobre a orixe pontevedresa de Cristobal Colón Fonterosa. Logo da súa morte a súa teoría é cuestionada ao afirmar os expertos que García de la Riega falsificara os documentos que utilizaba na defensa da súa tese. Recentemente, no ano 2013, o Instituto do Patrimonio Histórico Español garantiu a autenticidade dos mesmos, tras unha petición da súa familia, revitalizando a súa teoría.
Reseñar que nestas últimas décadas o investigador Alfonso Philippot ten impulsado, a partir dos estudos de García de la Riega, unha nova teoría que identifica as personalidades de Cristobal Colón e o nobre galego Pedro Álvarez de Soutomaior (“Pedro Madruga”).


A teoría de Celso García de la Riega, que logo apoia Salvador de Madariaga, afirma unha orixe xudeo conversa ou de “cristiano nuevo” de Colón que xustificaría a ocultación permanente das súas orixes.
Este longo limiar contextualiza tres notas que ligan a biografía de Cristobal Colón coa cidade de Tui.
En primeiro lugar, a linaxe dos Fontanarrosa ou Fonterosa, localizada en Pontevedra ao longo do século XV e que conserva nomes hebreos como Jacob Fonterosa, que chegará a ser recadador das rendas do ferro para o arcebispo de Compostela en 1454. A documentación acredita como no primeiro terzo do século XVI os Fonterosa xa eran cristiáns novos, e unha ponla desta linaxe figura nos libros parroquiais de Sobrada dende 1597. Constan: Domingo, fillo de Juan, batizado en 1614; Gregorio, fillo doutro Gregorio, en 1634, e sucesivamente, Domingos en 1688, Sebastián en 1720, Juan en 1749 e D. Ventura en 1796. O propio De la Riega afirma que “Esta familia se estableció después en Túy, donde perdura, y algunos de sus individuos marcharon á Buenos Aires” (supoñemos, refírese a Tirso Lorenzo, de quen xa nos ocupamos neste blog http://tudensia.blogspot.com.es/2017/08/tirso-lorenzo-un-tudense-xornalista-na.html).A pervivencia desta liña familiar en Tui é citada reiteradamente por Celso García de la Riega como unha defensa das súas hipoteses.
Citamos a Manuel Fermández-Valdés no seu libro “Familias Antiguas de Tuy” que nos fornece máis información sobre esta familia: “Don Ventura Fonterosa y su esposa Dona María Díaz, naturales de Sobrada, aledaños de Tui, fijaron su residencia en esta ciudad en la primera mitad del siglo XIX. Cuando, a mediados de siglo, se autorizó el derribo de las murallas, D. Ventura adquirió, del ramo de Guerra, varios solares sobre la muralla vieja, lindando con la calle de las Adegas, hoy Seijas. Sobre estos solares edificó viviendas, algunas de las cuales todavía (1958) pertenecen a sus herederos. Asimismo, adquirió el edificio del Hospital Militar de la Corredera, en donde está instalado el comercio “El Cielo”, cuyo inmueble también es propiedad de sus herederos”. Os seus descendentes conformaron importantes familias na vida tudense ao longo dos século XIX e XX.
A segunda nota non deixa de ser una mera conxetura. Temos documentada presenza do navegante e mercarder tudense Sebastián De Ocampo (ou Docampo) na segunda viaxe de Cristobal Colón e a súa ampla actividade mercantil nas terras americanas ata convertilo nun dos máis acaudalados comerciantes daqueles primeiros anos da conquista e colonización, de quen demos noticia neste blog.(http://tudensia.blogspot.com.es/2013/05/sebastian-de-ocampo-mercader-e.html). A pregunta é inevitable. Se coñecerían Colón e Ocampo? Será esta relación a que posibilita a súa presenza na segunda expedición do almirante cara as terras recen descobertas?.
E finalmente, está documentado como Colón e os seus compañeiros designan as terras que van recoñecendo con topónimos que, en moitos casos, reproducen os nomes lugares da ría de  Pontevedra e doutros lugares de Galicia: Boca da Serpe, Mar de Santo Tomé, Cabo Cadrán, Casa da Crus, etc. E entre todos estes topónimos recollidos polo Almirante da Mar Océana, Cristóbal Colón Fonterosa, designa na súa primeira viaxe a un dos cabos da illa La Española como “Cabo de San Telmo” tal como o recolle o seu fillo Hernando Colón na súa “Historia del Almirante Don Cristobal Colón”. Tampouco podemos esquecer como a Confraría do Corpo Santo de Pontevedra era una entidade de grande vitalidade na baixa idade media no burgo pontevedrés, e á que un posible Colón desa contorna abofé que pertencería.
Por outra banda, Hernando Colón recolle como na segunda das viaxes, logo de deixar La Gomera “El mismo sábado de noche se vió el cuerpo de San Telmo, con siete velas encendidas, encima de la gavia con mucha lluvia y espantosos truenos; quiero decir que se veían las luces que los marineros afirman ser el cuerpo de San Telmo, y le cantan muchas letanias y oraciones, teniendo por cierto que en las tormentas donde se aparezca, nadie puede peligrar”.
Poucas veces en Tudensia temos recollido tantas hipóteses que, ata o presente, carecen dunha evidente apoiatura documental que as transforme en datos históricos. Pero resultan tan suxerentes que a súa omisión non estaría xustificada. O noso obxectivo é que abran o debate entre os nosos lectores.

Feliz ano 2018!

Comentarios

  1. Rafel, muy bueno. Me has sorprendido e ilusstrado.
    Me confirmas que no puede ser de otra manera que Colón
    no fuese galego.Hay muchas coincidencias. Lo de genoves era para
    el currículum. ¿Como un galego podía saber tanto? Un castellano no lo admitía.
    Así que caladiño, genovés, ganó la batalla, de momento.
    Un saludo e feliz 2018. E...Bo Camiño....

    ResponderEliminar
  2. Pues no solo me parece muy bien sino que incluso es pariente mío. Ya me parecía a mi que eso de ir tanto al río era cosa de familia...

    saludos

    Venancio Buesa

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas t…

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas.


Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos custodi…