Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2015

Unha representación de San Telmo na Catedral de Burgos

A Catedral  de Burgos é un dos mais sobranceiros espazos artísticos da Península Ibérica, tanto pola súa arquitectura gótica como noutros elementos mobiliarios, como a escaleira dourada, que singularizan a este templo. Unha visita pola súas naves levaranos á contemplar, entre outros espazos, a súa sancristia e a inmedita Capela das Reliquias. Esta obra plenamente barroca foi realizada na segunda metade do século XVIII para acoller ao importante número de reliquias que conservaba a Catedral burgalesa e que dotaban de gran valor engadido a este templo. Frei José de San Juan de la Cruz foi un afamado arquitecto do século XVIII e forma parte do grupo que se ven chamando “frades-arquitectos” que tiveron un grande recoñecemento nos século XVII e XVIII; na cidade de Tui temos a Igrexa de San Telmo que foi concebida tamén por un integrante deste grupo de profesionais que ao tempo eran membros dunha orde monástica, como foi o frade portugués Frei Mateo de Jesús María “ religioso le

A Horta das Oliveiras e outras expresións da Semana Santa tudense

A dilatada historia da nosa cidade amosa diversas expresións culturais ao longo do calendario anual e que o paso do tempo as dota de maior relevancia ou as limita nas súas manifestacións. A Semana Santa é un deses momentos onde con maior nitidez podemos contemplar a singularidade histórica das ancestrais tradicións que conservamos os tudenses. A inmediata celebración das festas patronais de san Telmo distorsionan a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús que xunto co proceso de secularización que vive a sociedade reduce a pegada destas celebracións. Pero cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos custodios. Temos xa documentada en 1653 unha procesión do Santo Cristo no Venres Santo! Tomado de  https://www.facebook.com/fotosantiguastuy   Tomada do libro "Hermand