Ir al contenido principal

Unha representación de San Telmo na Catedral de Burgos


A Catedral  de Burgos é un dos mais sobranceiros espazos artísticos da Península Ibérica, tanto pola súa arquitectura gótica como noutros elementos mobiliarios, como a escaleira dourada, que singularizan a este templo. Unha visita pola súas naves levaranos á contemplar, entre outros espazos, a súa sancristia e a inmedita Capela das Reliquias.

Esta obra plenamente barroca foi realizada na segunda metade do século XVIII para acoller ao importante número de reliquias que conservaba a Catedral burgalesa e que dotaban de gran valor engadido a este templo.

Frei José de San Juan de la Cruz foi un afamado arquitecto do século XVIII e forma parte do grupo que se ven chamando “frades-arquitectos” que tiveron un grande recoñecemento nos século XVII e XVIII; na cidade de Tui temos a Igrexa de San Telmo que foi concebida tamén por un integrante deste grupo de profesionais que ao tempo eran membros dunha orde monástica, como foi o frade portugués Frei Mateo de Jesús María “religioso lego de la Orden de nuestro padre San Francisco en el reyno de Portugal, hijo de vezino de este ciudad”.

Frei José de San Juan de la Cruz acadou unha notable sona. Membro da Orde do Carmen, posuía unha sóilda formación humanística e científica xunto unha recoñecida capacidade no oficio construtivo. Nado en Logroño no 1716, co nome de José de Agreda Ruíz de Alda, tomou a hábito carmelita en Corella (Navarra) no 1734, profesando solemnemente en Villafranca (tamén Navarra) no 1740. Morre no convento de Logroño no ano 1794, con fama de “gran talento y hablidad en el oficio de tracista y escultor”.

Desta habelencia deixou numerosos exemplos tanto arquitectónicos (Convento das Carmelitas de Lesada en Navarra, San Gregorio Ostiense en Dorlada ou na Catedral de Burgos, como de seguido veremos), como escultóricos ou gravados, etc. pero tamén noutras disciplinas como a enxeñeria, construindo un enxeno hidráulico para a extracción de auga en Alfaro.

Tomado de http://www.minube.com/rincon/capilla-de-las-reliquias-a701241

Frei José realiza entre 1760 e 1767 a sancristia da Catedral burgalesa e, case en paralelo, entre 1760 e 1765 a Capela das Reliquias deste templo. Ambas obras salientan polo seu caracter ornamental, pois mais aló da estrutura arquitectonica o que destaca nestas obras é a decoración en estuco policromado, un recurso decorativo moi habitual na súa producción.

A Capelas das Reliquias, de estilo barroco, conta cunha preciosa cúpula policromada con numerosas figuras en relieve;  nas pechinas, xeserías con representacións de Virtudes e Alegorías xunto ás representacións iconográficas de San Juan de Sahagún, San Julián, San Indalecio e San Telmo.

Os tres primeiros santos posúen unha acreditada devoción na sede burguense, pero descoñezo a orixe da presenza do santo oriundo de Frómista (non moi alonxada de Burgos).


A figura de San Telmo presenta unha curiosa iconografia. Non leva o seu tradicional hábito dominico, de túnica branca e capa negra, senón que figura cos ornamentos litúrxicos dunha dignidade catedralicia con roquete por baixo da capa dominicana, en alusión, posiblemente, a súa condición de Deán da Catedral de Palencia.

Se aparta tamén do canón normal santelmiano, a súa disposición en genuflexión, portando un libro na mán esquerda, en referencia ao seu caracter de evanxelizador, e coa man dereita erguida en actitude de bendición.
Recupera a tradicional simboloxia coa presenza dun velero detrás da figura de San Telmo, alusiva a súa condición de patrono dos navegantes, cuxo culto esta amplamente extendido polas costas do Atlántico.
A amplitude das representacións iconográficas de San Telmo son evidencia da extensión do seu culto e os múltiples aspectos da súa biografia que suscitan o interese e devoción: o seu caracter de evanxelizador itinerante (bastón e libro), protector de navegantes (barco xa na man esquerda ou xunto ao santo e a vela na man dereita en alusión ao fogo do seu nome), con tres candeas na mán (que lembran a súa defensa e dos dominicos do misterio da Trinidade fronte aos albixenses que o negaban),  bendecindo coa mán, caendo do cabalo, etc.

Unha multiplicidade de representacións que testemuñan a extensión e popularidade do seu culto. Neste caso da Catedral de Burgos comprobamos nunha nova oportunidade a alongada estela de devoción de San Telmo xa nunha época histórica avanzada, século XVIII, cando o seu patronazgo das xentes do mar era cuestionado polo importante impulso que a Orde do Carme realizaba da advocación mariana de Nosa Señora do Carme e que andando o tempo substituirá ao Corpo Santo ou San Telmo na devoción das xentes do mar en tantos lugares.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.   “ Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años ” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”. O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Ca...