Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2012

A historia dun piloto tudense da Escuadrilla Azul : Alfonso Ruibal Sabio

A biografía das persoas é sempre un relato cheo de interese, ata a máis anónima ou anódina, contén no percorrer do tempo elementos que, co paso dos anos, suscitan, cando menos, a nosa curiosidade. Achegamos hoxe unha pequena semblanza dun tudense, cuxa desaparición no decurso da II Guerra Mundial en Rusia ten suscitado numerosas especulacións, polo que podemos falar da lenda de Alfonso Ruibal Sabio. Alfonso fora nado en Tui o 24 de xaneiro de 1915 membro dunha familia de alongada traxectoria na nosa cidade. Fillo de Rafael Ruibal e Ángela Sabio y David, sendo o cuarto de cinco irmáns. Con 21 anos ao producirse a sublevación militar do 18 de xullo de 1936, evidenciando as súas inclinacións políticas, se presenta na Escola de Tiro Naval de Marín coma voluntario e pasa a integrarse na dotación do cruceiro “Baleares”, onde embarca no Ferrol o 1 de decembro. Como tripulante deste cruceiro participa na toma de Málaga o 18 de xuño de 1937 e posteriormente se incorpora no aeródromo de Tabl

A procesión fluvial do Carme en Tui

Celebrouse hoxe na nosa cidade a tradicional festividade de Nosa Señora do Carme, patroa da Armada e dos mariños e mariñeiros, que culmina coa procesión fluvial que anualmente percorre as augas do río Miño. Un cortexo procesional por un cauce fluvial que non ten moitos paralelos en Galicia A presenza dun buque da Armada Española na nosa cidade data de arredor do ano 1868 cando se formaliza oficialmente o Tratado de Límites entre España e Portugal. Ata o ano 1899 esta misión de vixianza e policía estivo a cargo da canoneira “Segura”, ano en que foi substituído pola nova canoneira “Perla” ata 1928 en que chegou a lancha “Cabo Fradera” que foi reemplazada por un novo buque en 1963 e que aínda continúa na actualidade. Pero, en resposta a unha consulta efectuada esta mesma tarde, descoñecemos cando comezou a realizar esta procesión fluvial e aínda que na miña memoria sempre está asociada á presenza da imaxe de Nosa Señora na patrulleira militar, non sempre foi asi. No breve artigo

Os inicios da banda de música de Tui (e II)

Banda de música de Tui, 1931 Foto Bugarín - Museo Diocesano de Tui Teremos que agardar ata inicios do 1881 para que se proceda á adquisición do instrumental da banda de música municipal, e asía na sesión plenaria do 5 de abril se informa que o Alcalde, Padín, xunto ao Concelleiro Perez Cividanes, o director e un músico adquiriron na cidade de Vigo no almacen de D. Andres Gaos (outro insigne músico galego) o seguinte instrumental: Número de los instru mentos Sus nombre y precios por unidad Total Reales Des- cuento reales Líquido Reales 2 Trombas a 280 reales una.. 560 34 526 3 Bastabas a 600 id.  Id…. 1.800 108 1.692 7 Clarinetes ébano a 300 id id 2.100 126 1.974 1  Requinto id. 300 18 282 6 Cornetines a 240 reales uno 1.440 86 1.354 2 Fliscronos a 200 id  id 400 24 376