Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2008

Crear "novo" patrimonio co novo centro de saúde

As datas do Nadal e o Aninovo son propensas á formulación de desexos, de bos desexos, que enchen páxinas de xornais, emisoras de radios e os nosos teléfonos móbiles con numerosos “sms”, pelexando por unha difícil orixinalidade. Ao rebufo deste ambiente xeralizado dende este blog quereriamos formular unha proposta de cara ao vindeiro ano, a piques de comezar, para que fose, alomenos, considerada polas instancias correspondentes. Semella que neste novo 2009 podería iniciarse a construcción do novo centro de saude de Tui, a ubicar na parcela que ocupou a Praza de Abastos na rúa Casal Aboy. Sen entrar a valorar a idoneidade da súa ubicación, en absoluto óptima pero posiblemente a única posible no centro urbán tudense, gostaríamos dende este blog formular unha iniciativa ao respecto. Pero cómpre realizar un doble prantexamento incial, sen esquecer que estamos xa en período de adxudicación deste proxecto por parte da Consellería de Sanidade. Por unha banda, este edificio de carácter públ

Un Nadal tudense, con boleardos e bandos de reis

Achegándose aos tempos do Nadal resulta de interese evocar vellas tradicións vencelladas a estas festas, pois a pesares da secularización e a comercialización indecente destas datas permanece na inmensa maioría de nós unha vivencia intensa destas celebracións navideñas que percorre os tempos. Rememorar vellos costumes é un xeito de achegarnos á riqueza de expresións populares destas datas que nos falan dunhas tradicións inxeridas nas nosas raices culturais, na nosa identidade colectiva. O Nadal que desenvolvíase en Tui nos primeiros tempos do século pasado céntrabase, coma hoxe, nas datas de Nadal, Noitevella e Reis. A cea de noiteboa xiraba arredor do bacallau con repolo ou coliflor, elemento culinario non relacionado en absoluto coa nosa proximidade ás terras de Portugal, senón que constiue unha lembranza da vella obriga de gardar vixilia naquela noite (por tanto, non estaba permitada a carne) e que prendeu nos costumes de tantas e tantas casa tudenses que aínda hoxe

Caldelas protagoniza a primeira peza de teatro en galego que se conserva

Estamos rematando o ano 2008, dedicado na nosa cidade á lembranza do insigne escritor e polígrafo Xosé María Álvarez Blázquez. A celebración deste ano posibilitou o descubrimento das múltiples facianas ou facetas abordadas polo noso escritor ao longo da sua traxectoria vital. Posiblemente unha das súas meirandes contribucións á cultura de Galicia teña sido o seu labor como editor, a través das editoriais Monterrey e posteriormente Castrelos. En ambos selos sacou do prelo numerosas obras literarias e de investigación de extraordinaria importancia para a nosa cultura contemporánea e polo rescate do esquecemento de textos clásicos Entre estas obras figura a edición da primeira peza de teatro escrita totalmente en lingua galega que se conserva e que ten como protagonistas ás xentes miñotas de Caldelas. Trátase do “Entremes famoso en que se contiene la contienda que tubieron los labradres de la feligresia de Caldelas con los portogueces sobre la pesca del rio Miño. Año de 167...”, ainda que