Juan Domínguez Fontenla, precursor da investigación sobre os xudeus tudenses e descubridor do gravado da Menorá
A rica historia tudense, herdanza dunha vida común ao longo de mais de dous milenios, ofrece aos investigadores un amplo abano de elementos de interese que progresivamente son abordados e consecuentemente divulgados polos historiadores que pescudan neste rico legado. A historia, como unha disciplina das ciencias sociais, reconstrúe o coñecemento do pasado a partir dos documentos e as evidencias (materiais e inmateriais) sometidas a unha análise critica para comprender e explicar as dinámicas sociais do pasado, respondendo ás preguntas que xorden dende o presente e as súas necesidades e inquedanzas. Por tanto, “ a historiografía -que é a historia escrita dende a indagación e a reflexión do pasado- narra, describe e explica o pasado á luz do presente ”, consecuentemente a historia é unha ciencia dinámica en constante evolución. Veñen estas reflexións previas á conto dun traballo de investigación histórica que rescatamos neste post. Trátase dun artigo publicado, en tres entregas, no xor...