Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

O 850 ANIVERSARIO DO ANO 1170: un fito da historia tudense, unha oportunidade para repensármonos

A historia de Tui posúe na súa alongada traxectoria algunhas datas especialmente significativas e que conforman os principais fitos da nosa andaina colectiva que cómpre lembrar e sinalar no noso calendario. Fernando II. Tumbo A da Catedral de Santiago O ano 1170 é unha desas datas. Nos principios daquel ano o rei de Galicia e León, Fernando II, concede á cidade de Tui unha carta foral e establece o seu “traslado” da súa poboación dende as chairas de Santa Eufemia e San Bartolomeu ata o alto do outeiro onde xa se asentaba  a cidade, que amplia e ordena amurallar. Certamente podemos afirmar que esta data de 1170 é un dos momentos fundantes da cidade de Tui, da súa configuración que chega ata os nosos días. En datas futuras analizaremos polo miudo, dende este blogue, o contido dese momento histórico, da súa relevancia e significación. Apuntaremos hoxe varias notas que sirvan de contextualización e introdución aos acontecemento que vive Tui naquel 1170. Cabe lembrar que na Al