Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2010

A Catedral de Vigo está en Tui

Logo de varios dias de descanso leo, con sorpresa, que o Alcalde de Vigo reclama para a súa cidade que a actual con-catedral de Santa María pase a posuír a condición de Catedral. Unha teima que xa enunciou, hai agora dous anos, cando reclamou diante do anterior bispo de Tui-Vigo que a denominación da diocese fose exclusivamente como “diocese de Vigo”. Posiblemente estes “desatinos” do alcalde vigués non son merecentes de consideración pois, ata certo punto, o mellor sería non darlles aprecio. Pero non me resisto a un comentario dende “Tudensia” para evidenciar o seu despropósito, un anceio de “cesaropapismo” que invade, de cando en vez, ao alcalde vigués. Como alguén afirmou hai dous anoa: “Tui-Vigo: a primeira diocese con alcalde?”. Crear unha polémica localista e “paleta” como a que promove o Alcalde de Vigo é unha irresponsabilidade pois en aras a un recoñecemento do papel estratéxico de Vigo pretende anular a singularidade dunha vella cidade como Tui que ten na súa condición ep