Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

Cuarto centenario do titulo de "Moi nobre e moi leal" á cidade de Tui: preguntas e hipóteses

  Hai unhas semanas o amigo Carlos Pérez-Fonterosa, afervoado seguidor deste blog e a quen lle dedico este artigo, escribiume un whastapp reclamando que dende Tudensia nos ocupásemos da conmemoración do cuarto centenario da concesión por parte do Rei Filipe IV á nosa cidade do título de “Moi nobre e moi leal cidade” que segundo a información achegada foi o 13 de outubro do ano 1623. Celebrariamos por tanto estes días de outubro o catrocentos aniversario desta distinción honorífica. A condición de cidade de Tui figura xa na documentación medieval e asi no documento do ano 1071 de Dona Urraca que concede diversas doazóns a recentemente restaurada diocese tudense atopamos a expresión “ Tudensis sedis ipse episcopus... ipsam civitatem” e dende aquela todos privilexios concedidos á Tui fan referencia a súa condición de cidade. Como afirma Pedro López: El concepto actual de ciudad hace referencia a una población grande tanto por su extensión como por el número de sus habitantes, pero e