Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2019

"Tuy y sus problemas arqueológicos" artigo xornalístico de 1953 de Manuel Fernández-Valdés

Foto: Escavación no entorno da Catedral, 1965 Achegamos hoxe de novo un artigo xornalístico de Manuel Fernández-Valdés Costas, cronista oficial de cidade de Tui, un dos principais investigadores da historia tudense e tamén dos máis esquecidos, publicado no xornal El Pueblo Gallego de Vigo co gallo das paxinas especiais dedicadas ás festa de San Telmo. Manuel Fernández Costas (Tui, 1887-1962) reclama una biografía que nos achegue a súa importancia e significación. No volume III da revista “ Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano ” (1980) o seu fillo Eloy publica unha moi breve biografía e unha moi interesante achega ás súas publicacións, especialmente en xornais e revistas, pois en formato libro unicamente saíron do prelo dúas obras da súa autoría. Unha de carácter profesional (foi funcionario do Corpo Pericial de Aduanas) titulada “ Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas en la importación y exportación de mercancias ” (Madrid, Editorial Plutarco, 1948) e