Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2011

O Galiñeiro ameazado

Nos últimos tempos aparecen na prensa diversas noticias sobre o per igo que corre o monte Galiñeiro -inmediato ao noso concello- pois no recentemente res olto concurso eólico pola Xunta de Galicia está prevista instalación de aeroxeneradores neste enclave, que salienta tanto polos seus valores naturais, ecolóxicos e históricos. A implantación destes aparellos danaria gravemente este enclave. Sobre o aspecto histórico hai xa anos que o Jaime Garrido na súa obra "Fortalezas d e la antigua provincia de Tuy" (Pontevedra, 1987) amosounos a importancia deste castelo rochoso, dotado dunha ampla muralla e co seu recinto defensivo. Esta fortaleza está directament e relacionada coa fortaleza do Monte Aloia, e a súa longa muralla, ou a acrópole do Faro de Budiño. Forman parte dunha serie de "castelos" rocheiros que se extenden por toda Galicia e dos que descoñecem os en boa medida a súa historia, ligada de seguro que aos séculos da Alta Idade M edia. Reproducimos a contin

Algunhas reflexións sobre o pasado Ano Santo Compostelán

Rematado o Ano Santo 2010 aparecen nos medios de comunicación noticias sobre os balances que as diversas administracións públicas e institucións vencelladas ao fenómeno xacobeo realizan atendendo ás cifras rexistradas de peregrinos que percorreron os diversos camiños de peregrinación ao longo do ano xa rematado. Non é a nosa pretensión retomar a polémica, que foi suscitada hai agora un ano, sobre a “pertinencia” da creación dun novo trazado da peregrinación, o chamado “camiño portugués pola costa” que cruzando o río Miño por Camiña continuaba pola Guarda, Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e Vigo, uníndose de novo ao camiño portugués en Redondela. Neste mesmo blog denominamos a este pretendido camiño coma “un camiño sen pegadas” pois carecemos de noticias históricas que documenten o paso común de peregrinos por esas terras. É máis, os documentos de viaxes conservados reflicten que a maioría dos peregrinos que chegaban a Caminha, non cruzaban á inmediata vila gardesa, senón que ascendían polo M

Hai hoxe 110 anos celebrouse en Tui o primeiro Congreso Obreiro Galego-Portugés

“Xornal de Galicia” publicaba onte, lúns 17 de xaneiro, unha columna de opinión de Manuel Mera, ex-secretario xeral da CIG, na que fai unha referencia a unha efemérede que celebramos no día de hoxe, o cento décimo aniversario da celebración en Tui do primeiro Congreso Obreiro Galego-Portugués, desenvolvido na nosa cidade os días 18 e 19 de xaneiro de 1901. Moi interesante referencia sobre a que ten traballado o historiador e profesor na nosa cidade, Bieito Alonso, que xa escribui hai algun tempo sobre “Obreirismo en Tui, 1900- 1936” . A celebración en Tui desta asamblea obreira suliña a nosa centralidade nas relacións entre Galicia e Portugal e a importancia do movemento societario tudense, que naquela contaba xa cunha Federación Obrerira creada en 1900, vencellada á UGT, e onde terá, andando o tempo, especial protagonismo o sindicalismo anarquista. Outro capítulo máis da ricaz historia tudense do que apenas tems máis que estas referencias. Froito daquel congreso é a creación n

"Contrabandeando" na memoria do trapiche

Onte sábado 15 de xaneiro abriuse ao público no Núcelo Museológico de Valença unha exposición titulada “Memorias de vida: trapicheiras e raianas”, de grande interese e moi recomendable visita. Previamente houbo no Salón de Actos da Cámara Municipal unha sesión de homenaxe ás trapicheiras e raianas de Valença e Tui que foron agasalladas polo Presidente da Cámara valenciana en recoñecemento ao seu esforzo e a súa achega á vida local. Previamente nunha sesión académica os investigadores Manuel A. Pinto Neves e Ernesto Iglesias Alemida xunto á realizadora Diana Gonçalves realizaron diversas achegas ao mundo do contrabando e trapiche no noso territorio. Parabéns á Cámara Municipal de Valença por esta iniciativa e especialmente á responsable do Núcleo Museológico, Isilda Salvador, e a súa equipa polo amplo traballo desenvolvido. Esperamos facer un percorrido calmoso polos numerosos obxectos integrantes desta mostra, que recupera un elemento ben importante do noso pasado. Dende Tudensia nos s

La "miss" galleguista y las galletas de Tui

No día de onte, domingo 9 de xaneiro, o suplemento “Mercados” de La Voz de Galicia publicaba na súa sección “Historias de Galicia” un moi interesante traballo do xornalista e economista Fernando Salgado sobre a fábrica de galletas tudense “La Peninsular”, propiedade da familia Oliveira, e que tan íntimamente está vencellada á historia da nosa cidade. Sen embargo, como en tantos outros casos, carecemos dalgun estudo que nos achegue ao coñemento da historia e avatares desta fábrica tudense e que organice dalgun xeito as lembranzas que moitos dos nosos veciños conservan desta importante industria tudense. Un dos escasos exemplos da industrialización na nosa cidade. Outro tanto podemos dicir da familia Oliveira e especialmente de Juan Alberto Oliveira Pereira, que conforma un dos máis amplos capítulos do pasado século na nosa cidade: empresario, presidente da Cámara de Comercio, xornalista, consul de Portugal, animador de numerosas sociedades e inicitivas de todo tipo... Axolá que este p