Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2017

O grupo "Ultreya" tudense (e II)

O principal froito do fecundo labor dos “Ultreyas” tudenses é a creación do “Museo de Tui” nunhas dependencias cedidas polo Concello de Tui ao grupo  no antigo convento de San Domingos, onde estaba instalado o Instituto de Segunda Enseñanza.  Antigo convento de San Domingos A creación deste Museo é un fito na historia cultural de Tui e situaba á nosa cidade no panaorama da investigación arqueolóxica e histórica de Galicia. Unha inicitiva que será interrumpida pola Guerra Civil e que non atopará continuidade ata a apertura do Museo Diocesano no ano 1976. Por mágoa non temos atopado imaxe algunha deste Museo. No semanario tudense “Tribuna” se informa, en 1934, sobre este novo Museo: “ Llega a nosotros la noticia de que esta agrupación local de jóvenes bajo la dirección de nuestro distinguido amigo Manuel Fernández Costas está organizando un notable museo de arte y prehistoria. En él figuran ya curiosos útiles de piedra de las edades prehistóricas recogidos en La Guardi

O grupo "Ultreya" tudense (I)

A comezos do ano 1932 o daquela profesor do Instituto de Noia, Álvaro de las Casas, funda con varios rapaces alumnos seus os Grupos Ultreya que terán un curto pero activo papel no desenvolmento da nacionalismo entre a mocidade galega. Alvaro de las Casas (Ourense, 1902 – Barcelona, 1950) é unha persoalidade apaixoante (o estudo de Uxio Breogan Dieguez asi o documenta). Tras os seus estudos de Filosofía e Letras (especialidade de Historia) en Valladolid, trasladouse a Madrid sendo nomeado secretario particular do conde de Vallellano, alcalde de Madrid. Mantivo de sempre grande relación con intelectuais galegos especialmente con Vicente Risco. Pero en 1930 da un xiro a súa actividade, adoptando unha actividade galeguista e republicana, incorporándose ao ensino público. Chega en 1930 como profesor de Xeografía e Historia ao Instituto de Noia, posto no que continuará ata a súa destitución polos sublevados en agosto de 1936, cando xa tiña fuxido para Portugal. Tivo unha traxectoria

Tirso Lorenzo, un tudense xornalista na Arxentina

Nas últimas décadas do século XIX e as primeiras do XX numerosos tudenses tiveron de emigrar lonxe destas terras miñotas; moitos deles tiñan como destino á República Arxentina. Carecemos aínda dun achegamento a este proceso migratorio que nos permita coñecer a magnitude deste movemento e as súas consecuencias. Sabemos que en 1917 foi fundada a “Casa de Tui” en Buenos Aires coa presidencia de José San Martín Fernández, e aos poucos anos, en 1922, a “Sociedad Caldelas de Tuy” (hoxe reunificadas, xunto a outras agrupacións, na “ Asociación Mutual, Cultural y Recreativa Tuy Salceda ” ) testemuñando a capacidade deste colectivo que ven de cumprir cen anos de traxectoria. Son numerosos os nomes de persoeiros de orixe tudense que realizaron, andando os anos, unha significativa aportación a aquela terra de adopción. Nomes como Manuel Prieto Marcos, Martín Spuch Martínez, Prudencio Areal Alonso, Manuel Pérez y Pérez ou Tirso de Lorenzo… merecen ser lembrados dende esta vella cidade tudens

A descrición de Tui na viaxe de Albert Jouvin

As referencias históricas á presenza de peregrinos nas terras tudenses ao longo dos séculos son abondosas e teñen sido abordada en diversos estudos e publicacións. Unha relación non completa abrangue nomes como a Rainha Santa (alomenos en 1325), os monarcas Afonso II (1219) ou Manoel I (1502); peregrinos doutras terras como os cabaleiros ingleses Arnolfo e Osborne (1147), o nobre alemá Leon de Romithal de Blatna (1466), o cabaleiro polaco Nicoplau von Popplau de Silesia (1484), o astrónomo xeramano Hieronymus Münzer (1495), Frei Claude de Bronseval e o seu señor, o abade Edme de Salieu (1532), Giovanni Battista Confalonieri un presbítero de Italia que acompañou ao Patriarca de Xerusalen, monseñor Fabio Biondo de Montalto, na sua peregrinación xacobea (1594)... Pero andando nos tempos e coa chegada das novas modas aparecen novas referencias ao paso por Tui e as súas terras de peregrinos ou mellor dito viaxeiros que percorren diversos países europeos e se achegan ata Santiago

Na morte de Ricardo García Fernández (1929-2017), presbítero

Na noite do primeiro día de Pascua, o pasado luns 17 de abril, cando xa comezou a novena de San Telmo, o noso querido D. Ricardo García Fernández foi chamado polo Pai para celebrar o “paso” definitivo ao Reino. Non por esperada é menos dolorosa a noticia de quen foi, desde a súa infancia e así lle gustaba a él lembralo “sacerdote sempre, sacerdote en todo, só sacerdote”. Neste “dies natalis”  para o ceo culmina unha intensa vida que a providencia amorosa de Deus guiou primeiro ao Seminario tudense, logo a Roma como alumno de Historia na Universidade Gregoriana, despois como formador no Seminario, desde 1962 como párroco do Sagrario tudense, desempeñando ao tempo diversos labores diocesanos -delegado do clero con monseñor Delicado Baeza-, cóengo desde 1973 e tras a súa xubilación, en 2004, encargado do culto na Catedral. Grande de estatura e grande tamén en todas as súas empresas  e actividades. Resumir cincuenta anos de vida parroquial ou corenta e catro anos como cóengo n