Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2022

“Antigüedades de Tuy” de Joaquín Fernández de la Granja: actualidade dun artigo de 1888

A nosa cidade posúe unha dilatada historia pero curiosamente é unha cidade escasa en vestixios arqueolóxicos senlleiros que documenten con amplitude a traxectoria desta poboación. No territorio que, nun sentido amplo, ocupa o núcleo urbano tudense ao longo dos anos unicamente se teñen producido escavacións arqueolóxicas por mor de achados casuais ou como paso previo á realización de calquera tipo de intervención ou obra. Desta forma existe un amplo bagaxe de pequenas actuacións, pero carecemos dunha auténtica investigación arqueolóxica que documente a historia da nosa cidade. Inscrición en granito procedente de Santa Eufemia - Museo de Pontevedra Unha escaseza que é especialmente notable no que atinxe ao período romano, no que Tui foi un dos principais núcleos de carácter urbano do Noroeste peninsular pero do que so podemos apuntar hipóteses de traballo sobre a súa configuración e estrutura. ¿Que relación existía entre o “Castellun Tyde” do que falan as fontes escritas e a “Mansio” d