Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

Francisco Sánchez "desahuciado"

Unha das figuras máis salientable que teñen nado na nosa cidade ao longo dos tempos é o médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. A recente edición das súas obras na chamada “Biblioteca dixital Francisco Sánchez” póla Fundación Ignacio Larramendi, coa colaboración da Fundación Mapfre e o Concello de Tui é a mais recente testemuña da transcendencia que este tudense nado en 1551 posúe para a historia do pensamento moderno, realizando unha achega filosófica que logo de cinco séculos segue suscitando interese e admiración. Francisco Sánchez “O escéptico” ou “O tudense” está na orixe da filosofía moderna da que aínda hoxe tomamos os seus prantexamentos. Certamente ata principios do pasado século (1907) era descoñecido o berce tudense do “Esceptico” o descubrimento polo investigadro francés H.P. Cazac do seu manunscrito de inscrición da Universidade de Toulouse, onde foi profesor, de ““ Ego Franciscus Sanctius, hispanus, natus in civitate Tudensis ”. Alonxou todas as dúbidas sobre

Ás voltas co Camiño de Santiago

Lemos estes días que a asociación “Iacobus Tui xunto con Espaço Jacobeus, organiza unha nova edición de Lugares do Camiño. Esta actividade, que se realiza coa colaboración do Concello de Tomiño e a Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, está incluída dentro das actividades a realizar para a recuperación e revitalización do Camiño Portugués do Norte a Santiago, que ven dende Barcelos e pasa por Cerveira e Tomiño e se une en Redondela ao Camiño”. De novo agroman en iniciativas, de seguro realizadas dende a mellor intención, que crean confusión sobre o tema dos camiños xacobeos. Neste mesmo blogue escribimos vai para dous anos e medio, que segundo o Consello de Europa e a Lei de protección dos camiños de Santiago “reciben o nome de Camiño de Santiago todas as rutas históricas recoñecidas documentalmente”, pois a historicidade dos roteiros é un elemento consubstancial á propia definición de Camiño de Santiago. Furtar esta condición histórica é unha irresponsabilidade, e ata

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura