Ir al contenido principal

Francisco Sánchez "desahuciado"



Unha das figuras máis salientable que teñen nado na nosa cidade ao longo dos tempos é o médico e filósofo tudense Francisco Sánchez. A recente edición das súas obras na chamada “Biblioteca dixital Francisco Sánchez” póla Fundación Ignacio Larramendi, coa colaboración da Fundación Mapfre e o Concello de Tui é a mais recente testemuña da transcendencia que este tudense nado en 1551 posúe para a historia do pensamento moderno, realizando unha achega filosófica que logo de cinco séculos segue suscitando interese e admiración. Francisco Sánchez “O escéptico” ou “O tudense” está na orixe da filosofía moderna da que aínda hoxe tomamos os seus prantexamentos.
Certamente ata principios do pasado século (1907) era descoñecido o berce tudense do “Esceptico” o descubrimento polo investigadro francés H.P. Cazac do seu manunscrito de inscrición da Universidade de Toulouse, onde foi profesor, de ““Ego Franciscus Sanctius, hispanus, natus in civitate Tudensis”. Alonxou todas as dúbidas sobre o seu lugar de nacemento anulando as teses que pretendían a súa nacionalidade lusitana. Salientar o traballo de investigación desenvolvido polo médico e humanista tudense, Darío Álvarez Blázquez, que lle dedicou a Francisco Sánchez a súa tese de doutoramento.  Posteriores descubrimentos do cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida, sobre a presenza do seu pai, Antonio Sánchez, como medico do Cabido tudense en 1558 consolidan a infancia tudense de Francisco Sánchez.
Foi a súa ascendencia xudía a que está na orixe da marcha da súa familia pola presión inquisitorial en Galicia e en Portugal cara a cidade francesa de Burdeos onde no prestixioso colexio da Guyenne comezou a súa formación. A súa principal obra filosófica foi De multum nobile et prima universali scientia. Quod nihil scitur (Do máis nobre e universal saber. Que nada se sabe) que saíu do prelo en Lyon no ano 1581 e supón unha aportación de grande trascendencia á historia da filosofía.
Sirva este longo “proemio” para amosar o meu asombro –por non empregar outros términos- ante o anuncio, que publica onte o Diario Oficial de Galicia, polo que, seguindo o acordo do seu consello escolar, o Instituto de Educación Secundaria “Francisco Sánchez”, que levaba o seu nome dende hai varias décadas cabéndolle á honra de ser dos primeiros en reivindicar publicamente esta figura tudense, pasa a chamarse IES “Indalecio Pérez Tizón” en lembranza e homenaxe a quen foi o seu director nos últimos anos. Francisco Sánchez, docente ao longo da toda a súa vida, é privado así do único recoñecemento público que posuía na sua cidade
Temos así que dende onte o máis importante tudense da nosa historia volta ser “expulsado” da nosa casa, borrada a súa memoria e a súa lembranza da súa terra natal. Volta ser como un “desahuciado”, sen casa, sen rúa, sen lembranza, sen instituto... Quen logo de décadas de expulsado das terras miñotas seguía reivindicando a súa memoria e o seu berce –reclamándose tudense- non é merecente de ficar, logo de tantos séculos, sen un testemuño dos cidadáns de Tui cara a súa egrexia personalidade. É unha inxustiza que cómpre reparar axiña. Francisco Sánchez, a súa memoria, reclama que os tudenses lle dediquen unha rúa e unha estatua, que nos sintamos orgullosos de ser a patria dun dos máis senlleiros filósofos da Europa Moderna.
Para quen quera achegarse a súa figura e traxectoria neste mesmo blog hai varios “post” dedicados a Sánchez ou pode acceder á súa biblioteca virtual en http://www.larramendi.es/francisco_sanchez/i18n/micrositios/inicio.cmd




Comentarios

  1. Totalmente de acordo, Rafael, muito bom texto. Não há necessidade de esquecer uma personalidade da história própria para honrar outra pessoa.

    Abraço,

    -celso

    Celso Alvarez Cáccamo

    ResponderEliminar
  2. Es como dar margaritas a los cerdos

    ResponderEliminar
  3. Estou de acordo coa proposta de dedicarlle unha rúa, unha estatua ou similar. O certo é que case ninguén sabía e sabe quen é este filósofo tudense e compre darlle algún recoñecemento. Tamén podería ser o nome da Bibiloteca municipal, non? Biblioteca pública Francisco Sánchez estaría moi ben. Tamén o nome do museo municipal Museo municipal Francisco Sánchez estaría ben, Aula da UNED Francisco Ssánchez..... En fin que se as autoridades competentes queren, a cousa é doada. Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Antón Ferreira Lorenzo31 de mayo de 2012, 23:18

    Comparto, totalmente, o expresado no artigo de Rafael Sánchez Bargiela e tamén quedo abraidado pola decisión de elimar o seu nome dunha institución educativa. "Habería aceptado Indalecio Tizón este cambio? E pregunto ¿non se podería dar o nome de Indalecio Tizón a algunha sección, departamento ou mesmo instituir para o alumnado do centro FRACISCO SANCHEZ o premio 'Indalecio Tizón' premiando a aquel alumno máis destacado rematado o curso?, digo, por propoñer algo...

    ResponderEliminar
  5. Estou totalmente de acordo. Conta conmigo para facerlle un acto de desgarvio ao único filósofo tudense universal.

    ResponderEliminar
  6. Rafael estamos de acurdo con lo que expones. Sin palabras.
    Cuenta conmigo y con Levada Libre para hever un acto de desagravio a nuestro único filósofo universal tudense.

    ResponderEliminar
  7. Paréceme un bo nome para a Biblioteca.
    Ás veces non somos capaces de medir as consecuencias dos nosos actos, nin das nosas sensibilidades.... Cómpre agardar, non actuar con premura e así teriamos algo máis de tempo para non nos deixar levar pola dor da perda dun amigo ou ser querido, ou dun profesional magnífico. Hai outras maneiras de honrar a súa memoria.
    Francisco Sánchez representa a sabedoría da cidade, o dereito á discrepancia e a liberdade. Non pode ser expulsado da cidade.
    Marga Romero Lorenzo do Val

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro que meu pai non querría que lle puxeran o seu nome e por iso mesmo se cabe que o merece mais, e se o huberas conecido persoalmente non dirias o mesmo asegurocho, saudos

      Eliminar
    2. Estimado amigo, se do meu comentario se desprende unha ofensa cara Indalecio Pérez Tizón xa dende agora pido mil disculpas. En ningún caso era esa a miña intención, xa que logo expreseime mal no meu post. A miña critica é contra unha lexitima decisión pero que como todo é opinable, pois para honrar a Indalecio non era preciso privar da única "memoria" existente na nosa cidade sobre Francisco Sánchez. É unha opinión, e como todas sometida ao debate público. Pero para Indalecio Pérez Tizón todo o meu respecto, que tamén rogo para as miñas opinións. Gracias

      Eliminar
    3. Eu respeto a opinion de cadaquen,de feito ainda sendo seu fillo non me fixo moita ilusión o cambio de nome, e el estou seguro que non lle gustaría, por iso mesmo penso q o merece, o unico que me parece mal e algun comentario que para min e ofensivo nada mais e que a xente fale del sen conocelo, porque un cambio de nome e moi moi difícil, e solo o feito de que se fixera xa di todo del como persoa. .ainda que non fora famoso,saudos.

      Eliminar
  8. Moi dacordo coa idea de que unha rúa da nosa cidade leve o seu nome. En canto a isto, poderíase retirar a estatua a Calvo Sotelo e poñer unha deste célebre filósofo no seu lugar, pasando a Avda. da Concordia a chamarse Avda. de Francisco Sánchez.
    O que non me parece ben son os aires de crítica contra o cambio de nome do instituto: ainda que é unha figura célebre pra cidade, Indalecio foino pra o instituto,sendo un excelente profesional e mellor persoa. Os que non o coñecían non deberían opinar tan alegremente sobre o tema pois que unha institucion coma o ex IES Francisco Sánchez decida cambiar o seu propio nome pon de manifesto a calidade da persoa, non mundialmente coñecida pero igual de válida que perdemos.

    ResponderEliminar
  9. Sin más ánimo que el de advertir, le hago saber señor Bargiela, que ha cometido falta tipográfica u ortográfica al escribir "deshauciado", ya que lo correcto es, desahuciado.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que maneira de darlles voltas ás cousas. Se cadra, falar de expulsados igual non é a mellor maneira de referirse a este asunto. Penso que non se trata de quitar ou de poñer, senón de honrar a quen coñecemos. O malo é que sempre se fan as homenaxes despois de facer o pasamento... Iso si que é unha pena... Uns que non terían que aparecer, están ben representados en nomes de rúas e estatuas de pedra resistente e outros que quizais debían estar, non están... O caso é que haxa debate, coma o do nove... De todos os xeitos os tempos cambian, as persoas, as maneiras de pensar e de ver o que nos rodea, as paisaxes, nós, ... ata os filósofos e a maneira de enfocar a filosofía. Dentro de pouco, imos ter que pedir opinión a todos e todas cidadáns tudenses ou non, cando queiramos cambiar unha cociña da casa ou algo semellante... Nunca chove a gusto de todos, pero chover ten que chover. Viva a democracia e a liberdade de expresión.

      Eliminar
  10. Eu penso que o tema se foi de nai simplemente porque se fixo desde o sentimento por unha persoa. Esta pode ter moitos valores, pero fóra do círculo persoal ninguén a coñecía. Eu lembro cando o colexio nº 1 de Tui tiña o nome de Ramón Peñarredonda, un "funcionario" dun estado totalitario, por suposto todos o esqueceron (malia a ser o responsable de construir o centro escolar), e ficou a cousa máis aséptica co de nº 1.
    Por iso, pasados uns anos, e xa en frío o nome mudará de novo, porque chegarán outros profesores que poñerán o nome que lles pete ("Ignacio Wert" ou Perico dos Palotes). Ninguén saberá dicir no futuro qué fixo ese señor.

    ResponderEliminar
  11. En que te basas para dicir iso. .que ninguen o conocía? ?poida que si,que co tempo lle cambien o nome ,pero iso non vai cambiar nada . ..non sei si sabes que foi profesor 20anos e director..imaxina a cantidade de alumnos que tivo e non se olvidan del. .dou fe..e por favor un pouco de respeto. .xa non se pode defender, era moi conocido fora do círculo persoal, falar por falar, que fixo? Non me chegaria a noite para contarcho. . so pido un pouco de respeto, a min como si lle cambian o nome en 1dia ..pero os que o conocimos non o olvidaremos nunca, e estate tranquilo, que aqui o seu fillo encargarase de recordalo;) ,ainda que non fai falta. .saudos.

    ResponderEliminar
  12. Con iso non dis nada. Coñezo moitos profesores nese mesmo caso, moitos anos de traballo nun lugar e polo tanto moitas relacións establecidas. No fondo dasme a razón, co fillo e o encariñamento, o cambio de nome só foi unha arroutada sentimental.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O primeiro non tes idea de quen falas, segundo ten un pouco de respeto por alguen que xa non se pode defender, arroutada? ?ti pensas que e facil un cambio de nome? ?pensas que o fan a calquera? ?a envexa e moi mala. .iso entre outras moitas cousas ensinoume este señor Indalecio, que sempre sera recordado se non por min. .polos seus netos e os netos dos seus netos. .por moito que che pese, un saudo.

      Eliminar
    2. Esa mistura de churras e merinas é simpática. por unha banda o nome o poñen os seus compañeiros, pero a defensa do nome o tén que facer o falecido? e que defensa ten que facer o falecido, se como ti dis nunca quixo ter ese tipo protagonismo, e nese sentido non se lle insulta nin se fai desprezo algún. Volves a reincidir en que é unha cuestión sentimental aínda que non o queiras recoñecer. Levo vivindo en Tui muitos anos, e coñezo a moitos profesores do San Paio e do Francisco Sánchez, pero a ese señor non tiven a sorte de coñecelo. Aínda no caso de telo coñecido, mantería a mesma opinión.

      Eliminar
  13. Se tuveras a sorte de conecelo,cambiarías de opinión. .ti mesmo o dis. .estas falando aireadamente dunha persoa que non conoces. .e comparalo con perico dos palotes para min polo menos, e unha falta de respeto. .claro que a el non lle gustaría, e por iso que o merece mais se cabe, non crees? ,a pena que este tipo de actos solo se fan cando un morre, iso si que triste. .pero bueno. .nunca chove a gusto de todos. .

    ResponderEliminar
  14. Qué aburridos sodes co tema. O fillo do homenaxeado dalle que dalle que o merecía porque non quería esas cousas caíndo nunha horripilante contradición. Os outros por teimar cun filósofo que non fixo nada por Tui. Total Mariano está a recortar en educación e o Instituto desaparecerá pronto, así que o nome pouco vai durar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Amigo o que se contradice eres ti. .faime gracia a tua postura, non tes respeto ningún. .que fixo ese señor por Tui,mais que dicir que naceu aqui, pode que tenhas cultura. .pero polo que vexo non e sinonimo de ter educación, pero segue asi. .si vexo que hay moito filósofo en Tui, ..porqué non organizas unha manifestación contra o cambio de nome, a ver canta xente vai, eu son Fran, ti non sei quen eres. .que fácil e falar detrás dunha pantalla non?..que igual pecha o INDALECIO PEREZ TIZON? Tardarán moitos anos. .ainda que peche e leves unha alegría;)..meu pai será eterno por moito que che pese. .que mala e a envexa.. venha a seguir asi. .:)

      Eliminar
  15. Con todos los respetos a la persona y opinión del Sr. Sánchez Bargiela y aunque mi comentario llegue un poco tarde, yo, como miembro del Claustro de Profesores del IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN, opino que D. Rafael, conociendo, como sé que conoce, la vida y obra del bien apodado "Tudense" y "Escéptico", pudo haberse informado, a la par, de la vida y obra del gran Indalecio Pérez Tizón, también excéptico de natural, aunque no natural de Tui sino de Teis(Vigo).
    Indalecio hizo por la comarca de Tui, por Tui y por el Instituto de F.P. y después IES Francisco Sánchez, donde pasó su vida no solamente dedicado a la docencia, que Francisco Sánchez, que siendo de Tui, sólo pasó entre los muros de esta ciudad, su más tierna infancia. Creo, Sr. Sanchez Bargiela, que haber tenido esto en cuenta habria sido una muestra de imparcialidad o, cuando menos, de excepticismo.

    Pero tampoco se trata de poner al IES el nombre de la persona que, por méritos hacia el mismo, se lo merezca más, que eso todos lo tenemos muy claro.

    El IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN llevó el nombre de Francisco Sánchez durante varias décadas. Cuando se bautizó como tal, muy pocos conocíamos en Tui su vida y obra y se pensó que un tudense tan ilustre e insigne debía ser ensalzado de alguna manera.
    No lo hemos expulsado -Sr. Sánchez Bargiela, no somos LA SANTA INQUISICIÓN. Ha sido una decisión del Consello Escolar (donde hay, entre otras, una representación del Concello). En nuestro IES, hoy, en la entrada, queda la orla de Francisco Sánchez, en nuestra biblioteca, queda toda su obra, y en nuestra memoria queda el orgullo de haber llevado su nombre durante todo este tiempo. Proponga usted su nombre a la Biblioteca Municipal.
    En nuestro Centro, también el aula específica de Física y Química lleva el nombre de INDALECIO.

    Francisco Sánchez nunca vivió con nosotros, ni trabajó en, por y para el centro como lo hizo Indaleció Pérez Tizón. Por eso me atrevo a decir, hoy por hoy, que todos sus exalumnos y excompañeros somos un poco de Indalecio Pérez Tizón. Y que, como bien dice usted, es nuestra legítima decisisión.

    Un saludo

    ResponderEliminar
  16. A clase de personas que defenden manter o nome de "Francisco Sánchez" ao centro, son a mesma clase de personas que defenden que non se retire a estatua de Calvo Sotelo ou que a praza do concello siga chamándose Praza do Xeneralísimo.
    O que non soportan è que Indalecio se dedicase en corpo e alma, e de xeito totalmente desitenresado (quizáis iso de non impotarse moito polos cartos sona raro en certos ambientes tudenses), a defender o ensino público, e a defender e promover a lingua galega
    Para a xente que votou ao actual alcalde esta clase de cousas resultan bastante incómodas, contra os que tivo que pelexar día a día Indalecio, son incapaces de ver o enorme traballo que Indalecio fixo polo centro nestes 20 anos.
    Non cabe dúbida de que Indalecio fixo polo ensino, pola cultura, pola lingua e polos rapaces de Tui máis do que ninguén antes o fixera e foi para todos un exemplo como profesional e como persona. Seguramente se facemos unha enquisa, os tudenses coñecerían moito mellor a vida e obra de Indalecio que a vida e obra de Francisco Sánchez.
    O estudio da filosofía e da literatura è fundamental como tamén o è estudiar a obra de Francisco Sánchez. Pero este filósofo fixo pola xente de Tui tanto como Aristóteles.
    Para os estudantes e traballadores do IES Indalecio Pérez Tizón, será moito máis enriquecedor ver o nome de este alegre e incombustible profesor, exemplo de dedicación, que dun filósofo para o que Tui solamente era o lugar que aparecía na súa partida de nacemento.
    Por iso, creo que è mellor deixar este debate, o nome xa está posto, foi unha decisión totalmente democrática (outra palabra que sona rara a moitos tudenses...) tomada polo consello escolar, è dicir, por profesores, nais/pais, e alumnos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis