Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2015

No aniversario dos Xogos Florais de Galicia de Tui

Cumprese un novo aniverario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia; naquel 24 de xuño de 1891 Tui converteuse no primeiro lugar de Galicia que tivo a honra de acoller o primeiro acto público realizado integramente en lingua galega, recuperando as verbas dun idioma que levaba séculos esquecido da ágora pública. Desde os discursos de Murguía, Cabeza de León ou Brañas ao propio texto do menú do banquete oficial. A intencionalidade era ben clara: tratábase dun acto de afirmación nacionalista (rexionalista naquela altura) e revitalización lingüística, ao estilo do que un ano antes Murguía presenciara en Barcelona. O galego accedía a parcelas de prestixio ata agora vedadas. Agora cando se cumpren CXIV anos deste acontecemento é preciso reivindicar o papel de Tui no desenvolvemento da nosa cultura, da nosa conciencia como pobo, da recuperación da nosa lingua… como unha folla da alongada historia tudense que necesitamos reivindicar como un dos elementos referen