Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

O sermón dos Xogos Florais de Galicia de 1891 de Antonino Cerviño

O vindeiro 24 de xuño celebramos o CXXIX aniversario da celebración en Tui dos Xogos Florais de Galicia, o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega logo de séculos de desleixo pola nosa lingua como expresión culta, iniciando un proceso de recuperación e normalización do idioma galego no que aínda estamos. A conmemoración destes Xogos Florais, mais aló da significación que posúen para a cultura galega, supoñen colocar a Tui como protagonista dun dos fitos na recuperación da nosa lingua. Especialmente nunha cidade, como a nosa, que non se caracteriza polo uso do galego entre a poboación, pois os condicionantes da evolución histórica achegaron á boa parte da poboación urbana, nos derradeiros séculos, a un uso case exclusivo do castelán como lingua vehicular. En consecuencia, este efeméride do 24-26 de xuño de 1891, en que Tui acolleu a celebración dos Xogos Florais, é merecente de lembranza permanente, tanto no calendario de actividades anuais como con algunha exp

A procesión de Corpus Christi en Tui, unha tradición de case 500 anos

A celebración da festa do Corpus Christi ten a súa orixe no século XIII pero será moi especialmente logo do Concilio de Trento cando adquira unha extraordinaria solemnidade. Este Concilio é a resposta da Igrexa Católica á Reforma protestante que cuestiona a presenza real de Cristo no sacramento da Eucaristía. O movemento contrarreformista incidirá, por tanto, na exaltación deste misterio da fe a través de múltiples expresións na teoloxía pero especialmente na piedade popular. Custodia da Catedral de Tui (1602) A festa do Corpus, desenvolvida nas súas expresións litúrxicas no século XIV e XV, e moi especialmente a procesión co Corpo de Deus polas rúas das cidades, convértese nunha das principais manifestacións da relixiosidade barroca. É un cortexo que en moitos lugares asume a herdanza medieval (na presenza de manifestacións para-teatrais, danzantes, gremios e confrarías, expresións do ciclo do maio, etc) ás que se suma, en época moderna, a elaboración de monumentais custodias para e

Boas noticias para o muíño Mañoco

Publican hoxe diversos medios de comunicación o acordo alcanzado entre a Asociación de Muiñeiros do río Tripes e a Fundación “Felix Rodríguez González” pola que esta cédelle á referida asociación a parcela onde está localizado este histórico muíño para proceder a súa rehabilitación. Unha boa noticia pola que felicitamos tanto á Asociación de Muiñeiros do río Tripes como a Fundación “Félix Rodríguez González” por canto con esta cesión agardamos se recupere este importante testemuño do noso patrimonio cultural, situado na ribeira do río Tripes, cerca da antiga ponte de ferro na rúa Martínez Padín da nosa cidade. Este muíño estaba integrado nun amplo conxunto coa ponte, tamén coñecida polo mesmo nome de Mañoco, que cruzaba o Tripes e que tiña nas súas proximidades, na outra ribeira, a fonte da Ouro no camiño cara a barca de Portugal e o Baixo Miño. Nesta ilustración de finais do século XIX podemos apreciar este conxunto. Vista de Tui, William Wihie Collins, Londres, 1908. Nos congratu