Ir al contenido principal

A procesión de Corpus Christi en Tui, unha tradición de case 500 anos

A celebración da festa do Corpus Christi ten a súa orixe no século XIII pero será moi especialmente logo do Concilio de Trento cando adquira unha extraordinaria solemnidade. Este Concilio é a resposta da Igrexa Católica á Reforma protestante que cuestiona a presenza real de Cristo no sacramento da Eucaristía. O movemento contrarreformista incidirá, por tanto, na exaltación deste misterio da fe a través de múltiples expresións na teoloxía pero especialmente na piedade popular.

Custodia da Catedral de Tui (1602)

A festa do Corpus, desenvolvida nas súas expresións litúrxicas no século XIV e XV, e moi especialmente a procesión co Corpo de Deus polas rúas das cidades, convértese nunha das principais manifestacións da relixiosidade barroca. É un cortexo que en moitos lugares asume a herdanza medieval (na presenza de manifestacións para-teatrais, danzantes, gremios e confrarías, expresións do ciclo do maio, etc) ás que se suma, en época moderna, a elaboración de monumentais custodias para este desfile procesional, a presenza de todos os elementos da vida pastoral e das autoridades civís. Era un cortexo perfectamente xerarquizado testemuñando a orde social, os diversos estamentos que compuñan a sociedade.

Ao longo dos séculos existirá sempre unha tensión entre as expresións máis populares que se integraban nesta procesión e as normativas canónicas que buscaban reducir ás mesmas, ao entender que no se correspondían coas formulacións. teolóxicas que se pretenden transmitir pola xerarquía eclesiástica. Por iso haberá numerosas disposicións para restrinxir a presenza de danzantes, de elementos teatrais, etc no cortexo procesional. É o caso da Real Cédula de Carlos III de 20 de febreiro de 1777, completada con outra de 1780 na que consta expresamente a prohibicion de danzas y gigantes en iglesias, procesiones y demás funciones eclesiásticas, ordenando cesen tales prácticas. Sen embargo, a fonda entraña popular desta celebración motivará que, en numerosos lugares, aínda hoxe, esta procesión do Corpus Christi conserve expresións da relixiosidade popular (a coca ou tarasca, danzantes, xigantes e cabezudos, alfombrados de flores, etc.) que foron capaces de resistir todos os intentos reformistas das autoridades civís e relixiosas. Estamos pois diante dunha das festividades mais populares que conservamos no calendario litúrxico.

O Corpus en Tui témolo documentado dende o século XV pois nas Constituciones del Obispado de Tui establecidas polo bispo Diego de Muros no ano 1482, logo da celebración dun sínodo, implanta a obrigatoriedade de celebrar a festividade do xoves de Corpus en toda a diocese. A primeira noticia da procesión do Corpus tudense data de 1522 segundo Julio I. González Montañés.

Este autor na súa magnífica web sobre o teatro en Galicia ao falar da festividade do Corpus (http://www.teatroengalicia.es/corpus.htm) no caso de Tui sinala o seguinte: hay noticias sobre una Coca en 1748 que Santa Margarita llevaba encadenada y que pervivió hasta 1780 (se conservan anotaciones de pagos municipales de 176 reales por el armazón de madera, la tela y el pintado). Del siglo XVIII hay noticias del recorrido de la procesión por las calles de la villa "al son de su gaita y tamboril", y de las danzas gremiales y los gaiteros que las acompañaban, por ejemplo de la danza de espadas del gremio de zapateros descrita a mediados del XVIII en el Libro de actas y cuentas de la cofradía de barqueros de San Telmo. En 1708 sabemos por el Libro de acuerdos municipales (fol. 100) que se adornaron con colgaduras las casas consistoriales y que se colocó ante ellas un dosel con los retratos de Felipe V y Mª Luisa de Saboya, ofreciendo el concejo dulçes y vevidas a los forasteros y oficiales del ejército que estaban en la ciudad.

Coca no Corpus de Redondela

Coca y gigantes desaparecieron de la procesión tudense hacia 1780 por efecto de las prohibiciones de Carlos III, pero los gigantes reaparecen en el siglo siguiente en las Fiestas de San Telmo, patrón de la ciudad. Se trataba de un Rey y una Reina a los que se consideraba representación de los Reyes Católicos y se les denominaba Isabel y Fernando. Están documentados desde 1889 y aparecen mencionados en noticias de prensa de finales del XIX y principios del XX. Es probable, sin embargo que existieran algunos años antes o al menos los cabezudos ya que cuatro de ellos se prestaron a Padrón en 1883 para las fiestas del Sacramento.

Para documentar o contido da procesión eucarística na nosa cidade o historiador tudense Suso Vila recolle o datos de dous cerimoniais da nosa catedral, primeiramente os documentos do cóengo Francisco Alcoba de 1615 e logo de Juan Piñeiro Falcón de 1745, nos que se evidencia como a procesión do Corpus tudense contaba coas diversas manifestacións que vimos sinalando.

No "Prontuario de ceremonias", escrito entre 1615 e 1624 por Francisco de Alcoba se recolle, seguindo a descrición que publicou Suso Vila: la procesión del Corpus comenzaba primero poniendo en orden las cruces que venían de las parroquias que estaban a una legua alrededor de la ciudad. El orden de las cruces e imágenes era el siguiente: la cruz grande la Catedral (donada por el obispo D. Pedro Beltrá a finales del siglo XV y desaparecida en la invasión napoleónica), el pendón del Santísimo Sacramento, la cruz mediana de plata (denominada guión), la imagen de Nuestra Señora (no sabemos si hace referencia a la imagen de la Patrona), San Sebastián del Altar Mayor, el navío de San Pedro González Telmo; las cruces parroquiales de: San Bartolomé, Areas, Paramos, Sobrada, San Salvador de Budiño, Pexegueiro, Entenza, Malvas, Ribadelouro, Caldelas, Baldráns, San Estevo de Budiño, Taborda, Piñeiro, Amorín, Curras y Soutelo. Las varas del palio del Santísimo Sacramento eran llevabadas por los regidores municipales, ya que tanto el Alcalde como el Merino de la ciudad tenían que procurar guardar el orden público en razón de los conflictos que acostumbraban a aparecer en este día, tanto por la dificultad de la organización (atercados entre cofradías o parroquías) como en las multitudes que acudian.

Dentro de la Catedral el primer rito que se realizaba era la de la danza de los gremios, despues de terminar el Villancico. En el Altar Mayor los gremios de zapateros, sastres y herreros efectuaban  sus danzas aunque con brevedad para no entorpecer la marcha de la ceremonia.

O elemento central deste desfile procesional que describen as notas do cóengo Alcoba é a custodia onde se levaba exposto o Santísimo Sacramento polas rúas da cidade. A custodia procesional tudense data de 1602 e foi realizada, por encargo do bispo Tolosa, polo prateiro burgalés asentado en Valladolid Juan de Nápoles Mudarra e os seus colaboradores vallisoletanos Miguel de Mojados e Marcelo Montanos. En Galicia conservamos outra peza singular dos mesmos autores, as urnas funerarias en prata de San Rosendo e San Torcuato do mosteiro de Celanova. Os dous últimos tamén realizan, por este mesmo anos, a custodia procesional da Catedral de Ourense. Marcelo Montanos se establecerá definitivamente en Ourense dando orixe a unha familia de ourives de varias xeracións.

 

A custodia tudense é unha peza excepcional polo seu carácter arquitectónico seguindo os criterios en boga daquela época. Na súa base conserva as armas do doante, o bispo Francisco de Tolosa e unha inscrición alusiva. Na actualidade non conserva a súa configuración inicial pois segundo a descrición do Libro de Inventarios de 1708 no seu primeiro corpo contaba coas figuras dos doce apóstolos e catro santos máis, hoxe desaparecidos, conservándose seis columnas pareadas sobre unha base hexagonal que acolle unha custodia ou expositor do século XIX. No segundo corpo, seis campaíñas e un templete coa imaxe da Asunción de Nosa Señora, titular da Catedral. O terceiro corpo, non é o orixinal, engadido posiblemente no século XIX, está rematado por unha cruz e acolle no seu interior unha grande campaíña.

Algún autor sinala que parte do segundo corpo foi desmontado polo excesivo peso que supuña para os portadores da custodia e noutras oportunidades que foi entregado aos franceses na ocupación da cidade na Guerra da Independencia.

No ano 1747 outro cóengo, mestre de cerimonias do Cabido, Juan Piñeiro Falcón, amplía, corrixe e actualiza os cerimoniais recollidos polo seu predecesor Francisco Alcoba. De novo reproducimos o texto do historiador Suso Vila: En el ceremonial del siglo XVIII, del canónigo Juan Piñeiro Falcón, se precisa con más detalle la complejidad de la procesión, que salía de la Catedral por la nave de San Benito (la del Evangelio, y lugar donde se  en medio el a las que se alternaban con himnos del coro. Junto a la puerta del Palacio Episcopal (en el pórtico catedralicio) se cantaba un villancico y por ello el prelado ordenaba hacer en la puerta del Palacio un altar.

El recorrido era por las calles Tras la obra, puerta del Carballo donde cantaba un villancico, calle de Abajo o Real hasta la puerta do Arco, donde se interpretaba otro villancico, proseguía por la calle de San Juan (Tyde), rúa do Corpo Santo (San Telmo), Canicouba y en la plaza do Concello había un nuevo villancico.

Encabezaba la procesión la Coca o tarasca, que estaba a cargo de los pescadores y tratantes de pescado, luego estaban las horneras llevando unos moletes de pan  sobre espadelas  muy ornamentadas de alhajas y cintas; seguían los danzantes de herreros, sastres y finalmente los zapateros. A continuación las imágenes: San Lorenzo, San Benito, San Crispín y San Crispiniano, San Telmo, San Sebastián (si estuviera San Julián en la Catedral iría en esta ubicación) y Nuestra Señora del Buen Suceso. De cada gremio iban cuatro hombres con hachas acompañando a las imágenes.

También figuraban en la procesión los religiosos dominicos y franciscanos  y después los eclesiásticos que había en la ciudad. “Después en medio el capellán con la cruz grande, tras él el mayordomo del Sacramento con en pendón. Delante los pincernas (coperos), cuatro pajes del prelado, le seguía el cabildo, luego el palio, llevado por los regidores (con la custodia), los tres de misa y finalmente el obispo con una candela.

Para completar a descrición da procesión eucarística da festividade do xoves de Corpus en Tui recollemos tamén o relato, sempre certeiro e documentado, de Manuel Fernández-Valdés Costas que no Boletín Informativo do Centro de Iniciativas e Turismo de Tui, de maio de 1961 escribía o seguinte: En tiempos muy lejanos figuraban en las procesiones del Corpus una serie de personajes alegóricos del Antiguo y del Nuevo Testamento que se llamaban “entremeses” (...) Santa Margarita llevaba la tarasca aherrojada; Santa Cataluna una “vibra” (serpiente). El pastor David era seguido por el gigante Goliat. Con el tiempo fueron perdiendo su carácter y desaparecieron la mayor parte de estos simulacros, pero el pueblo no se resignó a perder los gigantes y las bestias que tanto carácter daban a la procesión, como la tarasca y el águila que vomitaba fuego, por lo que desaparecen sin pena ni gloria el pastor David y Santa Margarita, pero no Goliat y la Tarasca.

Os xigantes de Tui nun campionato de leñadores (1948, foto Juan Vila Botanes) detalle

El gigante, que yo no es Goliat, tuvo pronto una compañera, la giganta, y por contraposición aparecen los enanos, los actuales cabezudos, que siguen acompañando la procesión en muchas ciudades españolas. En Tui salía la tarasca que medía 28 varas de longitud y era movida desde su interior por nueve hombres. En Tui desfilaban los gremios, acompañando a sus respectivos Patronos: San José con los carpinteros, San Benito con los sastres; los zapateros acompañaban a San Crispín y San Crispiniano; lo herreros a San Lorenzo, los barqueros y marineros a San Telmo y otros muchos. Al final  iba el Santísimo en su magnífica Custodia, regalo del obispo Fr. Francisco de Tolosa, formada por tres cuerpos superpuestos, que era llevaba por seis sacerdotes.

En todo el recorrido había varios elegantes altares, en donde la Orquesta de Capilla entonaba, al paso del Santísimo, villancicos del maestro Prado, que todos escuchaban rodilla en tierra; al final las músicas tocaban la marcha real. Era un momento solemne y emocionante. Todas las casas lucían sus mejores colchas y reposteros; desde los balcones caían cascadas de pétalos sobre el Palio y la Custodia. Alfombras de flores tapizaban las calles del recorrido. Un año resbaló uno de los sacerdotes portadores de la Custodia, en las flores del pavimento, por lo que fueron prohibidas y durante muchos años no volvieron a hacerse tapices de flores.

Como sinala Fernández-Valdés a procesión do Corpus fora perdendo o seu contido tradicional ao longo do século XIX e primeiras décadas do XX. Mudará definitivamente en 1944, cando a Igrexa, ao abeiro das novas orientacións litúrxicas, promove a presenza en exclusiva do Santísimo Sacramento neste cortexo procesional. Dende ese ano son transferidas ás imaxes dos antigos gremios e confrarías, que aínda participaban neste desfile procesional, á nova procesión na tardiña da festividade de San Telmo. Na actualidade seguen desfilando nesta celebración enriquecida coa presenza dos titulares das diversas parroquias do noso municipio, asi como San Teotonio patrono de Valença, e diversas imaxes de devoción popular.

A celebración litúrxica do Corpus Christ,i que culmina coa procesión eucarística polas rúas da cidade, foi trasladada, hai xa algún tempo, do seu tradicional horario de tarde á mañá. Nos últimos anos está enriquecida coa confección de diversas alfombras de flores que un grupo de animosos voluntarios realizan para maior realce da festividade. Unha tradición agora felizmente recuperada.

Alfombra de flores do ano 2013

Alfombra de flores do ano ¿2017?

A procesión do Corpus Christi tudense cumprirá, en dous anos, 500 anos de tradición, modificada co paso do tempo nos seus usos e costumes, pero conservando a súa esencia, o paso do Santísimo Sacramento polas rúas da nosa cidade. Con Santo Tomás de Aquino dicimos aquelas palabras do seu himno eucarístico repetidas ao longo dos anos en tantas procesións do Corpus Christi, tamén neste ano de pandemia que impide a celebración do cortexo procesional: Tantum ergo Sacraméntum Venerémur cérnui


Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...