Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2020

Hai hoxe 140 anos rematou a primeira peregrinación colectiva a pé polo Camiño Portugués de Tui a Santiago de época contemporánea

O século XIX é unha época de acelerado crecemento da secularización en numerosos ámbitos da sociedade e, consecuentemente, un tempo dos intentos da Igrexa Católica por reaccionar fronte a este proceso impulsando diversas iniciativas. Un século marcado pola popularización das viaxes, gracias á mellora e extensións dos medios de transporte colectivo, especialmente o ferrocarril. Neste contexto, a Igrexa incentivou as grandes peregrinacións como unha nova expresión pastoral, Roma e Lourdes concentraran boa parte das mesmas.  En Italia, noutro aspecto destas iniciativas, se promoven as investigacións e escavacións arqueolóxicas para o redescubrimento de reliquias sinaladas -abonde con citar os casos de San Francisco e Santa Clara en Asís, San Ambrosio en Milán ou os apóstolos San Felipe e Santiago Alfeo en Roma- que animan os desprazamentos a estes centros de peregrinación. En España xunto ás peregrinacións ao exterior se incentivan a lugares como Begoña, Montserrat, etc. En definitiva a I

Derrubado o acueduto do Pontillón en Caldelas

Recollemos hoxe en Tudensia unha noticia que publicaba onte o xornal “Faro de Vigo” na que recolle o malestar dos veciños de Caldelas polas obras que está realizando a Confederación Hidrográfica Miño – Sil para “Mellora da permeabilidade no río Caselas” que busca facilitar o acceso de peixes polo río Caselas, en especial o salmón. https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/08/14/caldelas-defiende-antiguo-acueducto-regadio/2326458.html A intervención ten ocasionado o derrube dun acueduto existente nese lugar de Pontillón, unha obra de arquitectura popular que forma parte do patrimonio cultural daquela parroquia de Caldelas ou da inmediata de Porto, pois existente dúbidas da situación deste acueduto. Sexa como for, resulta incomprensible a insensibilidade da Confederación Hidrográfica que non respecta estes elementos que forman parte do noso patrimonio etnográfico á hora de redactar o proxecto de intervención, onde valora os elementos de patrimonio natural (vexetación, fauna, etc.) pero

Parlamentarios tudenses X: Manuel Lago González

En 1914 accede ao Senado, en representación da provincia eclesiástica de Burgos o tudense   Manuel Lago González , daquela bispo de Osma. Lago será de novo senador nos anos 1918 e 1919, sendo xa bispo de Tui en representación da provincia eclesiástica de Santiago. Lago é unhas das personalidades mais egrexias na historia da nosa cidade, sentido por todos os tudenses como propio. Manuel Lago nacera en Tui o 26 de outubro de 1865. Fillo de José Lago Maceira e de Carlota González Fernández, que vivían nun pavillón da finda “das augas”, en Randufe, por estar alí instalados os depósitos para o subministro da cidade, propiedade dos seus parentes, os Maceira (dos que xa falamos nun anterior post). Posteriormente os pais adquiren unha parte do pazo “San José” ou de Vista Alegre, tamén en Randufe, que fora reconstruído por D. Francisco Pérez Escudero. Placa na igrexa de Santa María da Guía, parroquial de Randufe Estudiou no Seminario tudense para posteriormente licenciarse e doutorarse en T