Ir al contenido principal

Derrubado o acueduto do Pontillón en Caldelas

Recollemos hoxe en Tudensia unha noticia que publicaba onte o xornal “Faro de Vigo” na que recolle o malestar dos veciños de Caldelas polas obras que está realizando a Confederación Hidrográfica Miño – Sil para “Mellora da permeabilidade no río Caselas” que busca facilitar o acceso de peixes polo río Caselas, en especial o salmón.

https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/08/14/caldelas-defiende-antiguo-acueducto-regadio/2326458.html

A intervención ten ocasionado o derrube dun acueduto existente nese lugar de Pontillón, unha obra de arquitectura popular que forma parte do patrimonio cultural daquela parroquia de Caldelas ou da inmediata de Porto, pois existente dúbidas da situación deste acueduto. Sexa como for, resulta incomprensible a insensibilidade da Confederación Hidrográfica que non respecta estes elementos que forman parte do noso patrimonio etnográfico á hora de redactar o proxecto de intervención, onde valora os elementos de patrimonio natural (vexetación, fauna, etc.) pero omite, esperemos que non deliberadamente senón por desafección ou descoñecemento, a conservación dos valores do patrimonio cultural de carácter popular ou antropolóxico.

O lamentable, insisto, é que cheguemos a situacións como esta por unha indolencia diante do patrimonio cultural, tantas veces case sistémica, nas actuacións de determinadas administracións e entidades que interveñen no territorio (caso moi estendido son as agresións ao patrimonio na xestión das zonas forestais, tanto por entidades públicas como empresas privadas).

Ao parecer esta construción non figura no catálogo de elementos patrimoniais do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tui ou Salvaterra (de ser así resulta necesario proceder a revisión do mesmo) que establece os criterios de proteccións dos bens patrimoniais do municipio, pero máis aló deste aspecto normativo resulta evidente para quen actúa sobre o terreo, con sensibilidade e cun criterio de sustentabilidade social,que este acueduto do Pontillón é un elemento de interese patrimonial que merece conservarse e non ser destruído, máis aló do establecido na normativa de aplicación ou polo seu réxime xurídico.

Fronte a insensibilidade da Confederación Hidrográfica xorde a sensibilidade dos veciños que consideran este acueduto como unha expresión significativa da súa forma de vida, da súa cultura, da súa herdanza e tradición. Resulta absurdo e carente de sentido que a mellora do río Caselas implique, para a Confederación Hidrográfica, a destrución do patrimonio cultural vinculado a este curso fluvial. No medio deste novo estrago ao noso patrimonio cultural resulta esperanzador que sexan os propios veciños os que asuman e reclamen a súa protección.

Ao abeiro do espírito da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia que fala do valor dos bens culturais que integran o patrimonio cultural de Galicia desde unha perspectiva ligada ao seu uso e desfrute pola cidadanía e que o conciben como un instrumento de cohesión social e desenvolvemento sustentable que dá soporte, como elemento integrador, á identidade do pobo galego, resulta necesario que, dende a cooperación entre os diversos ámbitos administrativos implicados, se adopten as medidas necesarias para a reposición ao seu estado deste acueduto do Pontillón, pois o Concello de Tui conserva estas lousas en dependencias municipais.

As seguintes fotografías ilustran estas consideracións









Os veciños de Caldelas protestando polas obras (de Faro de Vigo)

Agracedemos á concelleira Ana María Álvarez Nuñez as fotografias que ilustran este post.

Comentarios

Entradas populares de este blog

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

Bo Nadal cun texto de Manuel Lago González: “Noite Boa” (1892)

Felicitamos hoxe aos seguidores de Tudensia estas festas do Nadal recuperando un breve texto, non o chamaría nin relato, sobre como se celebraba a Noiteboa nas aldeas de Tui nas últimas décadas do século XIX, nun momento en que os labregos galegos vivían nunha economía de subsistencia e nunhas moi duras condicións de vida. Anxo no capitel do arco triunfal da igrexa de San Domingos de Tui, sec. XV Trátase dun texto de Manuel Lago González publicado o 24 de decembro de 1892 no xornal tudense “La Integridad”. Daquela Manuel Lago era un presbítero que formaba parte do claustro de profesores do Seminario tudense e que tiña unha activa participación como xornalista e na vida social en Tui. Ao xornalismo entregouse Lago con verdadeira ardentía e a tarefa que se impuxo foi querer incorporar a defensa das tradicións e os intereses de Galicia ao ideario católico de signo integrista (oposto radicalmente ao liberalismo). Este texto, que non foi publicado posteriormente a súa edición en “La Int...