Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2013

Ermenexildo Gutiérrez e Alfonso Betote repoboadores de Tui

Dende posiblemente o século XVIII a cidade de Tui posúe como armas heráldicas unha media lúa e tres estrelas que representan, segundo a tradición conservada, as repoboacións que nos primeiros tempos medievais tivo á cidade. A primeira promovida por Alfonso I, no ano 739, cando libera a Tui do poder dos musulmáns, a segunda corresponde á repoboación efectuada por Ordoño I, en torno ao ano 850, e a terceira á de Fernando II cando “traslada” á cidade a súa actual ubicación e pretende mudarlle o nome por “San Buenaventura” no ano 1170. Agás este terceiro episodio poucos son os datos que se teñen ofrecido sobre estas repoboacións promovidas polos reis da monarquía astur. Neste breve artigo intentaremos unha aproximación aos dous protagonistas dunha destas vagas repoboadoras, a promovida por Ordoño I
A conquista musulmán Tui formaba parte  das terras mais desenvolvidas do antigo reino suevo e visigodo, onde desempeñaba no tempos de Vitiza o papel de capital política da provincia de Gallaecia, …

O Castro do Alto dos Cubos

Este enclave xeográfico, na parroquia de Pazos de Reis, nas abas do Monte Aloia e integrado hoxe na superficie do seu Parque Natural, é un espolón avanzado no macizo montañoso do Aloia, unido por unha lingua de terra estreita que xunto ás abruptas pendentes converten a este lugar nun espazo de grande interese estratéxico. O propio topónimo “Cabeza” ou “Alto” fai referencia directa a este carácter do lugar, dende onde contemplamos unha impresionante panorámica do val do Miño.
Neste espazo coñecido como “Cabeza de Francos” ou “Alto dos Cubos” temos documentados diversos momentos históricos vencellados á historia da terra tudense e que o dotan dun valor engadido constituíndo un intenso testemuño histórico para Tui e as súas xentes. Centrarémonos hoxe no ámbito da prehistoria, ao coñecer o anuncio de que este xacemento castreño está incluído nun programa que promove a Deputación Provincial de Pontevedra para a posta en valor de diversas enclaves da cultura galaico-romana na nosa provincia.…