Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

As armas heráldicas da cidade de Tui

No último post recollí amos a descrición da nosa cidade publicada en   “El jardinero de los planetas y piscator de la corte para el año de 1754” de José Patricio Moraleja y Navarro. No seu texto atopamos, máis aló da evocación da nosa configuración urbana, diversas noticias moi suxerentes: dende o cultivo do azafrán nas nosas veigas ata a descrición e interpretación que realiza das armas que figuran no escudo de Tui. Moraleja y Navarro ao falar das armas heráldicas da cidade sinala o seguinte: Las Armas de esta Ciudad son en su Escudo una media Luna plateada y tres Estrellas doradas en campo azul celeste con Real Corona e as relaciona coas armas que empregaba o héroe mítico da fundación de Tui, Diomedes: las mismas que Diomedes traìa en su Escudo. Esta opinión de Moraleja contrasta con que tradicionalmente o escudo tudense, integrado pola media lúa e as tres estrelas, está interpretado como representación simbólica da ocupación musulmán e das tres primeiras vagas repo

A descrición de Tui en “El jardinero de los planetas y piscator de la corte para el año de 1754” de José Patricio Moraleja y Navarro

As obras literarias ou de calquera tipo nos ofrecen, de cando en vez, a descrición máis ou menos ampla, da nosa cidade e nos facilitan deste xeito un achegamento para coñecer a evolucións histórica do noso núcleo urbano ao longo dos tempos. Ás veces incluso cunha ilustración que foi a caso de Pier María Baldí que nos deixou a imaxe de Tui no ano cando acompañaba a viaxe de Cosme III de Médicis, futuro grande duque da Toscana (Italia) pola Península Ibérica no ano 1669, cunha grande comitiva que pasa por Tui no seu camiño cara Santiago de Compostela. Neste mesmo blog temos recollida outra descrición da nosa cidade por Albert Jouvin que na súa monumental obra de literatura de viaxes “Le voyageur d’Europe” (1672) nos ofrece outra interesante achega á imaxe da cidade nos anos finais da guerra con Portugal: https://tudensia.blogspot.com/2017/04/a-descricion-detui-na-viaxe-de-albert.html Hoxe aportamos outra obra que nos ilustra sobre a nosa urbe nos anos en torno á metade do séc