Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

Feliz día de San Telmo, co pregón de 1987 de Ángel Luis Vázquez de la Cruz

A inmediata celebración da festividade de San Telmo, patrono da nosa cidade, é unha marabillosa oportunidade para felicitar dende este modesto blog a todos os nosos seguidores. Aínda que sen esquecer ás vítimas da Covid neste longo ano de pandemia, asi como aos que tiveron e teñen esta enfermidade e a cantos teñen traballado, dende a súa actividade profesional o dende o seu compromiso persoal, por superar esta crise sanitaria e por facilitar a vida de todos nós. Para todos que San Telmo nos coide pois como di o seu himno : Ayúdenos tu mano las olas a surcar. Cripta da Igrexa tudense de San Telmo, onde a tradición sinala o seu falecemento Achegamos a nosa felicitación cun fermoso texto do médico e escritor tudense Ángel Luis Vázquez de la Cruz.   O texto do pregón das festas de San Telmo do ano 1987 que zumega querencia pola nosa terra e que conserva, pese a tempo pasado, a cálida escrita chea de retranca que caracteriza á obra literaria de Ángel Luis Vázquez de la Cruz. Nado en Tui n