Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2013

Bo Nadal e feliz 2014 !

Dende Tudensia queremos expresar a todos os nosos lectores os mellores desexos para este Nadal e un feliz ano 2014. Achegamos para elo uns versos do escritor Teodovio Vesteiro Torres (Vigo, 1848 – Madrid, 1876) publicados no seus anos de estudo no Seminario de Tui, cidade na que residiu durante once anos. Vesteiro, como sinalabamos nun “post” de Tudensia en setembro de 2011, é “ un escritor romántico, que transita dende o catolicismo antimoderno ao galeguismo, converténdose nun dos principais expoñentes do Rexurdimento da cultura de Galicia. Aínda que nado en Vigo comezou en Tui a súa andaina cultural e consideraba a esta cidade miñota como a súa segunda patria ” ( http://tudensia.blogspot.com.es/2011/09/tuy-de-teodosio-vesteiro-torres-i.html ). Estes versos corresponden aos seus anos no Seminario tudense, onde experimentaba unha afervoada viviencia de fe, pero que expresaban xa a súa capacidade literaria que a súa prematura morte impediu desenvolver. EN LA PASCUA DE L

Notas sobre o agrarismo tudense e os "Mártires de Sobredo"

O vindeiro domingo, 22 de novembro, terá lugar unha nova homenaxe aos "Mártires de Sobredo" diante do monumento de Camilo Nogueira na parroquia de Guillarei. Este aniversario é unha boa oportunidade para rememorar este importante episodio da nosa historia contemporánea. Achegamos un interesante video sobre estes feitos e unhas reflexións históricas sobre o proceso antiforal en Tui. O movemento agrarista en Galicia artéllase na última década do século XIX e nos primeiros anos do XX para eliminar os foros e modernizar o noso sector agrario mellorando as condicións de vida dos nosos labregos. No Baixo Miño comezaron axiña a formación de sociedades agrarias: a de Salceda, constituída en 1897, do Porriño en 1900 e de Guillarei en 1901, presidida polo canteiro Ramón Castiñeira, integrante das primeiras sociedades obreiras tudenses. Esta relación entre obreiros e labregos será unha constante no caso tudense dende este primeiros momentos, e así os canteiros Ma

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall

Historia da eurocidade (IV)

Dende comezos do século XV a vida tudense estará protagonizada pola liñaxe dos Soutomaior, grupo nobiliar asentado no sur de Galicia, que xogan habilmente as súas bazas no xogo de fidelidades entre a monarquía castelá e portuguesa (en 1398 Joao I de Portugal conquista Tui permanecendo no seu poder máis de catro anos), e aproveitando a debilidade episcopal ocupan como “encomendeiros” a cidade de Tui. Joao I de Portugal Será Paio Sorreda de Soutomaior, cara a finais do XIV, quen inicie o control da cidade sucedéndolle o seu sobriño Fernando Eans de Soutomaior e a este Álvaro Paes de Soutomaior, que como sinala o cronista Vasco de Aponte “ tiña no seu poder a cidade de Tuy, como a tiña o seu pai, e da renda do bispo tomaba o que quería ”. A mellor expresión deste poderío é cando non permite que o nov o bispo Luís de Pimentel, dunha das grandes casas do reino como era a de Benavente, non tome posesión da sede, impedíndollo mesmo polas armas. Este clima de abuso por parte

A desaparecida pedra oscilante do Monte Aloia

Como xa comentabamos no anterior “post” deste blogue atopamos nunha vella revista científica editada en Roquetas (Tarragona) a fotografía dese famoso penedo do equilibro do Monte Aloia. Figura esta imaxe nun interesante artigo titulado “Excursiones científicas por el Norte de España” na revista “Ibérica do Observatorio do Ebro” de 1915. A pedra oscilante ou abaladoira do Aloia é un exemplo portentoso dun penedo granítico unido a outra laxe por un pequeno punto que posibilita o seu inestable equilibrio. Estas pedras atopámolas en numerosos lugares de Galicia, posiblemente a de maior sona é a pedra de abalar no Santuario de Nosa Señora da Barca, nas terras de Muxía na Costa da Morte; mais próxima está a Pedra do Equilibrio na parroquia de Arcos (Ponteareas) nas abas do monte da Picaraña. Me encantó la piedra oscilante. Vímosla oscilar al esfuerzo de un solo hombre. Era fenómeno para mí nunca visto; y de tal manera me satisfizo, que por él solo diera por bien empleado el trab

Encontro de científicos xesuítas en Tui no verán de 1915

Ás veces as pescudas nos sorprenden con algunha descuberta de interese. Velaí o caso de hoxe. Un amigo pediume que investigase se existía algunha imaxe da, tantas veces lembrada, pedra oscilante do monte Aloia. Os recursos que hoxe nos ofrece a rede son certamente inconmensurables e nunha vella revista científica editada en Roquetas (Tarragona) atopo a fotografía dese famoso penedo. Figura esta imaxe, da que nos ocuparemos nun próximo “post”, nun interesante artigo da revista “Ibérica, do Observatorio do Ebro” de 1916 titulado “Excursiones científicas por el Norte de España” da autoría do xesuíta Longinos Navas que nos proporciona outra interesante imaxe. A Revista Ibérica naceu en 1913 co obxectivo de difundir semanalmente o coñecemento científico e tecnolóxico da época. O proxecto foi pioneiro en España e logrou manterse noventa e un anos durante os que documentou a revolución tecnolóxica do século XX. Trátase dunha “ foto de familia (…) en la galería de la casa-residencia