Ir al contenido principal

Bo Nadal e feliz 2014 !



Dende Tudensia queremos expresar a todos os nosos lectores os mellores desexos para este Nadal e un feliz ano 2014. Achegamos para elo uns versos do escritor Teodovio Vesteiro Torres (Vigo, 1848 – Madrid, 1876) publicados no seus anos de estudo no Seminario de Tui, cidade na que residiu durante once anos. Vesteiro, como sinalabamos nun “post” de Tudensia en setembro de 2011, é “un escritor romántico, que transita dende o catolicismo antimoderno ao galeguismo, converténdose nun dos principais expoñentes do Rexurdimento da cultura de Galicia. Aínda que nado en Vigo comezou en Tui a súa andaina cultural e consideraba a esta cidade miñota como a súa segunda patria” (http://tudensia.blogspot.com.es/2011/09/tuy-de-teodosio-vesteiro-torres-i.html).
Estes versos corresponden aos seus anos no Seminario tudense, onde experimentaba unha afervoada viviencia de fe, pero que expresaban xa a súa capacidade literaria que a súa prematura morte impediu desenvolver.



EN LA PASCUA DE LA NAVIDAD

Ya luce sobre el suelo
de redención la autora,
ya suena feliz hora
de la salud de Sión;
hosanna clame el orbe,
hosanna las alturas,
hosanna las criaturas
hosanna y bendición!


Si esclavo fue el humano
de triste yugo acerbo,
al humanarse el Verbo
rompe ese yugo vil;
y el mundo alborozado
henchido de contento
eleva al firmamento
de gracias himnos mil.

Nació el divino infante,
y acógelo gozosa
la humanidad dichosa,
cual prenda de su amor,
y tiernos los mortales
le rinden sus loores
le cantan sus fervores
le aclaman su Señor.

De un miserable albergue
en tristes soledades
nació el Dios de bondades,
del Universo el Rey;
y de humildad tan alta
la fuerza es infinita,
que las cadenas quita
a su afligida grey.

¡No más dolor aciago!
de hoy reine la bonanza,
que el sol de la esperanza
brilló por nuestro bien!
cantemos dicha tanta,
cantemos tal victoria,
cantemos nuestra gloria,
la gloria de Salén”

Teodosio Vesteiro Torres


Publicado no xornal tudense “Juventud Católica de Tuy: revista religiosa, científico-literaria” editado na nosa cidade entre 1870/71.

Comentarios

  1. si la revista es religiosa, difícilmente, si no imposible, que sea científica.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Emma Álvarez Besada a primeira tudense doutora en medicina

O legado dunha comunidade está conformado por un conxunto de bens materiais, que adoitamos denominar patrimonio, xunto cun amplo abano de elementos inmateriais que definen o seu carácter e a súa pervivencia no tempo. Entre estes bens intanxibles ou inmateriais ocupan un lugar non menor aquelas personalidades que ao longo do tempo teñen deixado unha pegada perdurable na memoria colectiva ou aquelas outras que, ás veces esquecidas ou non recoñecidas, expresan na súa traxectoria fitos senlleiros para a vida colectiva. Hoxe queremos recuperar dende Tudensia unha desas figuras olvidadas pero que no seu momento histórico tiveron unha pegada significativa na vida social e colectiva da nosa cidade e de alén dos seus termos xeográficos. As novas demandas sociais se expresan tamén na historiografía que investiga aos grupos sociais discriminados ou marxinados nos diferentes momentos do pasado. Retrato de Emma Álvarez Besada, foto da orla da Facultade de Medicina de Madrid, 1931 Unha revis...

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

Lembranza agradecida a Xabier Añoveros

Onte á tarde, nos comezos de setembro, cando xa as horas diúrnas minguaron, o aire nos anticipa a proximidade do outono e as conversas se centraban nestas intranscendencias, recibín a triste noticia do falecemento, no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, de Xabier Añoveros Trías de Bes, navarro de berce, barcelonés de vida e traxectoria e tudense de corazón.   “ Tuy (con i grego como adoitaba a escribir pois con este arcaísmo semellaba reflectir mellor a antigüidade da nosa cidade) es una ciudad de la que estoy enamorado desde hace muchos años ” e, como é propio dun noivo, a esta vella cidade lle ten dedicado horas, estudos, e moi especialmente un agarimo permanente centrado na súa querida “Casa da Canicouba”. O seu noivado e posterior matrimonio con Julia García-Valdecasas Salgado, filla da tudense Julia Salgado Peñarredonda, o ligou dende 1968 a este outeiro pétreo sobre o Miño, que é Tui. Non sei se foi a longa tradición tudense da familia de Julia, o rico arquivo da Casa da Ca...