Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2015

Benito Sanjurjo Ramírez de Arellano: a ascendencia tudense da escritora Maria do Carme Kruckenberg

  O recente pasamento, nesta pasada fin de semana, da escritora Maria do Carme Kruckenberg Sanjurjo nos ofrece a posiblidade de recuperar a súa ascendencia tudense. Filla de Gustavo Kruckenberg Sartorius e de Josefa Sanjurjo de Oza; a figura do seu pai nos leva ata Alemaña namentras que a súa nai era filla de Benito Sanjurjo Ramírez de Arellano, nado en Tui no ano 1856.  Co gallo do centenario do seu nacemento o cronista tudense Manuel Fernández-Valdés Costas publicou en “Faro de Vigo” un artigo xornalístico reivindicando a achega deste tudense, Benito Sanjurjo, á historia de Vigo e que logo resume no seu libro “Familias antiguas de Tuy” (1958). Asi recolle que cando contaba con poucos anos os seus pais, Benito Carlos Sanjurjo e Maria Concepción Ramírez de Arellano, tras cumprir o seu destino militar no reximiento da guarnición tudense, se trasladan a Vigo a unha casa na rúa Pracer de Afora (na zona que hose ocupan as rúas Enrique Blein, Celso Emilio Ferrei

Tui en el Camino portugués de los peregrinos de Xosé Filgueira Valverde

Neste ano 2015 a celebración do “Día das Letras Galegas” está dedicada a Xosé Filgueira Valverde, unha das más egrexias personalidades da cultura galega do século XX e que ten deixado a súa pegada en múltiples ámbitos da nosa cultura: a literatura, a investigación, etc. En moitos escritos, por exemplo nas misceláneas que ten publicadas baixo o nome xenérico de “Adral”, atopamos numerosas referencias á nosa cidade e os seus persoeiros. Filgueira sempre mantivo una actitude de grande apertura á cultura portuguesa, no ronsel da xeración “Nos” con quen tanto colaborou nos seus anos mozos, salientando as súas achegas ao mundo da peregrinación, onde a súa cidade de Pontevedra tamén adquiria singular protagonismo. Achegamos hoxe este artigo xornalístico onde Filgueira glosa o Camiño portugúes u bracarense, publicado hai xa 50 anos e que testemuña como a preocupación e estudo sobre o fenómeno da peregrinación xacobea portuguesa non se cingue únicamente as achegas dos últimos vinte anos, s