Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2012

Camilo Bargiela e Valle Inclán, por Valentín Paz Andrade

A figura de Camilo Bargiela xa foi abordada en Tudensia co gallo da edición do seu libro “Luciérnagas” que conta cun esplendido estudo introdutorio de Emilio Gavilanes que nos ofrecía, por vez primeira, unha achega á sua traxectoria vital e literaria e que posibilita que comezamos a coñecer a súa figura literaria integrada no que vimos en denominar “xeneración do 98”. A estravagante vida de Bargiela nos seus anos de estadia en Madrid compartindo tertulias, vivencias e escritos cunha longa nómina de escritores que participaban da efervescencia literaria daqueles anos, é a principal referencia do escritor tudense. Para sobrevivir naquel Madrid finisecular Bargiela realizou numerosos traballos de tradución de obras principalmente do francés, de adaptación de libretos para obras de teatro ou de vodevil.. De tal xeito que Azorin chega a escribir referíndose á actividade de Camilo Bargiela: “¿Existe concomitancia entre Galicia e Irlanda? ¿Es el humor galaico hermano del humor irlandés?"

Parlamentarios tudenses nas Cortes de Cadiz (e II): Agustín Rodríguez Vaamonde

A celebración ao longo deste ano do Bicentenario da proclamación da Constitución de 1812 ten contribuído a recuperar a memoria deste importante acontecemento e dos parlamentarios que teñen participado na elaboración da primeira constitución liberal española. Entre os parlamentarios que representan a Galicia destaca a activa participación do avogado tudense Agustín Rodríguez Bahamonde. Nace en Ponteareas sendo bautizado na súa parroquial o 10 de xuño de 1769, fillo de Don Agustín Rodríguez, cunhas orixes familiares en Valeixe, e de Dona Luisa Vaamonde, cuxos pais eran oriúndos de Santa María de Xermar (Cospeito – Lugo). Aínda que carecemos de noticias sobre a situación social da familia, esta debia ter recursos dabondo para enviar ao seu fillo a estudar tres anos de Filosofía no convento franciscano de San Antonio en Tui (1786-1788) e logo cursar Leis e Cánones na Universidade de Santiago de Compostela. Recibe o grao en Leis o 11 de xuño de 1791 “precedido para ello el riguroso examen