Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2012

"Um dia como os outros" un filme sobre a ponte metálica

A vella ponte metálica, deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo Agreda, e inaugurada o 25 de marzo de 1886 constitúe un dos exemplos máis sobranceiro da introducción en Galicia dos novos métodos constructivos relacionados coa arquitectura do ferro. Con precedentes nos Viaductos de Redondela ( de 1876 e 1884) ou nas pontes metálicas que construe Eiffel en Porto (Ponte María Pía en 1877) ou en Viana (1878) a obra sobre río Miño converteuse dende a súa execución no símbolo das relacións entre Galicia e Portugal. Aínda hoxe, en que está vivindo un proceso de consolidación, é transitada por mais de cinco mil vehículos ao día, evidenciando a sua importante función de rúa central da Eurocidade Tui-Valença. Achegamos para os nosos seguidores un fermoso filme “Um día como os outros” que ten como protagonista absoluta a nosa ponte de ferro e que foi realizado no pasado ano co gallo dos 125 anos da súa inauguración. Agradecemos aos autores a autorización para este link. Um Dia

As escavacións arqueolóxicas de 1970 en San Bartolomeu de Rebordáns

A igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns é un monumento realmente singular pola súa arquitectura e a súa antigüidade, unha auténtica alfaia. Pero xunto aos valores artísticos e históricos non é tan amplamente coñecida a súa dimensión arqueolóxica que posúe un grandísimo interese. No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos- de restauración deste templo. Como paso previo a esta intervención foi realizado na segunda metade do ano 1970 un proceso de escavación arqueolóxica dirixido por Manuel Chamoso Lama, responsable daquela dos temas de patrimonio en Galicia, coa colaboración de Xosé Filgueira Valverde, director do Museo de Pontevedra. Froito daquela campaña foi o descubrimento da necrópole sobre a que se asenta esta igrexa de San Bartolomeu, e que hoxe podemos contemplar baixo o chan do templo parroquial, e de diversas estructuras arquitectónicas no adro que foron tras o seu estudo de novo soterradas para garantir a sú a conservación.   Sobre esta cam