Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2021

Novas visitas ao patrimonio tudense

Hai varios meses publicamos neste blog un breve listado de diversos elementos do noso patrimonio cultural ou natural que polo seu interese e significación pagaba a pena coñecer e, moi especialmente, visitar: http://tudensia.blogspot.com/p/visitas-ao-patrimonio-tudense.html Agora cando o tempo de verán anima ao paseo pode ser unha boa oportunidade para achegarse a novos bens integrantes do noso acervo patrimonial tantas veces escasamente coñecidos e valorados. Cama do Santo Rocha localizada no cumio do Aloia, denominada Cama de San Xiao, pois a tradición afirma que sobre esta pedra durmía o santo e foi onde repousou o corpo deste santo logo do seu martirio, e vincula esta “cama” coa fertilidade. As parellas que non lograban ter fillos acudían a este lugar e, tras xacer no mesmo, acadaban a ansiada descendencia. A pedra inmediata a esta “cama” é identificada tradicionalmente como a almofada de San Xiao. En consecuencia, se vincula este lugar coa protección dos males da cabeza (