Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2015

Poemas de Manuel María sobre Tui

Foto de Xurxo Lobato en http://www.galeon.com/sloren/manuelmariamino.htm A Real Academia Galega acordou este pasado sábado dedicar no vindeiro ano 2016 o Día das Letras Galegas á figura do poeta Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 1929 – A Coruña, 2004). Tempo abondo teremos para falar sobre unha figura de gran transcendencia para a cultura de Galicia no século XX, pois en Manuel María se combina a súa vocación poética culta cunha evidente dimensión de poemas populares (moitos deles posteriormente musicados pólos membros da Nova Canción ou por grupos como “Fuxan os Ventos” que acadaron grande sona nos anos setenta e oitenta) xunto a súa faceta como editor, activista político e cultural sempre ligado ao nacionalismo, etc. Manuel María, en palabras de Felipe Senén, “ cultivaba as tradicións nas que acouga a orixinalidade de Galiza, sobre as que re-creaba, acendíaas e iluminábaas coa poesía, para ler, cacilar ou para cantar, estralampos de tribo sol