Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2022

Dúas esculturas de Xoán Piñeiro en Tui

Dous recentes acontecementos nos ofrecen a oportunidade de abordar neste blog a presenza da obra do escultor Xoán Piñeiro na nosa cidade. Por unha banda, recentemente a Fundación Xoán Piñeiro ten editado en colaboración co Concello de Tomiño, o Concello de Cangas e a Xunta de Galicia unha monografía dedicada a análise da súa traxectoria e obra, coordinado por Chus Martínez Domínguez. Nos últimos meses, por outra banda, o Concello de Tui ten promovido unha obra de remodelación da praza da rúa Ordoñez onde está instalada unha das esculturas de Piñeiro en Tui, a dedicada ao arcebispo tudense Manuel Lago González. Unha obra que implicou o traslado do monumento e unha remodelación deste espazo urbano. Curiosamente na obra monográfica antes mencionada so figura unha breve cita deste conxunto escultórico dedicado a Lago González, e que non é, como veremos, unha obra menor de Piñeiro. A outra obra de Xoán Piñeiro en Tui é o monumento dedicado a José Calvo Sotelo, situado no inicio da Avda

"María Tydeska", o seudónimo da descoñecida poeta tudense María Gloria Pereira García

A historia é un proceso sempre incompleto, aberto a novas interpretacións, a novas perspectivas, e, moi especialmente, a novos descubrimentos que amplían o noso coñecemento do pasado, próximo ou remoto, enriquecendo a nosa memoria. Nas últimas décadas a investigación ten orientado as súas pescudas ao mundo das mentalidades, da vida cotiá, dos sectores desfavorecidos, e, moi especialmente, no que atinxe á mulleres e ao feminino. Unha das lagoas que en numerosas oportunidades temos recollido neste mesmo blog é a reducida presenza da nosa cidade no ámbito literario e tamén a limitada nómina de escritores tudenses que coñecemos, dos que moitos nomes son completamente descoñecidos para a maioría dos tudenses. Un destes nomes repetido en diversas oportunidades era dunha autora tudense chamada María Tydeska. Un nome certamente evocador da súa ascendencia pero do que se carecía doutros datos máis aló da súa mención. No ano 2012 a investigadora na Universidade de Vigo, Amparo Solla Gonz