Ir al contenido principal

Dúas esculturas de Xoán Piñeiro en Tui

Dous recentes acontecementos nos ofrecen a oportunidade de abordar neste blog a presenza da obra do escultor Xoán Piñeiro na nosa cidade. Por unha banda, recentemente a Fundación Xoán Piñeiro ten editado en colaboración co Concello de Tomiño, o Concello de Cangas e a Xunta de Galicia unha monografía dedicada a análise da súa traxectoria e obra, coordinado por Chus Martínez Domínguez.

Nos últimos meses, por outra banda, o Concello de Tui ten promovido unha obra de remodelación da praza da rúa Ordoñez onde está instalada unha das esculturas de Piñeiro en Tui, a dedicada ao arcebispo tudense Manuel Lago González. Unha obra que implicou o traslado do monumento e unha remodelación deste espazo urbano. Curiosamente na obra monográfica antes mencionada so figura unha breve cita deste conxunto escultórico dedicado a Lago González, e que non é, como veremos, unha obra menor de Piñeiro.

A outra obra de Xoán Piñeiro en Tui é o monumento dedicado a José Calvo Sotelo, situado no inicio da Avda da Concordia, onda os restos do baluarte da muralla do século XVIII.

Xoán Piñeiro (Nerga – O Hio, Cangas 1920 – O Porriño, 1980) é un dos grandes escultores de Galicia na segunda metade do século pasado.

Retreto de Xoán Piñeiro por J. Vieira

Tomamos uns párrafos do estudoso Carlos L. Bernárdez: a formación do noso escultor vai producirse nos anos corenta cando, debido á Guerra Civil e a dura posguerra, o panorama cultural é desolador e non dará probas de mellora até avanzados os anos cincuenta. Prodúcese un constante éxodo de artistas que perante a pobreza do medio galego non teñen mais alternativa que a marcha en especial a Madrid co consecuente empobrecemento do espazo artístico galego. No caso de Xoán Piñeiro vai formarse como imaxineiro en Santander  e logo en Madrid  para recalar finalmente en Vigo e traballar desde Goián.

A obra de Piñeiro dos corenta e cincuenta  é marcadamente académica e no ámbito das encomendas públicas e, como non podía ser doutra forma, moi mediatizada polo contexto social e político. A partir dos sesenta vai afastarse algo mais destes presupostos con formas figurativas ou abstractas en que predominan os ritmos sinuosos, organicistas, aínda que non é infrecuente que os seus traballos remitan á liña do Movemento Renovador da Arte Galega da preguerra, nomeadamente a Eiroa, para chegar a formas en que xoga co oco e a curva. Nesta liña Xoán Piñeiro consegue tirar partido duns materiais con enormes posibilidades expresivas e de longa tradición, como son a pedra e o bronce.

O proceso de construción en Tui, como localidade natal, dun monumento á memoria de Calvo Sotelo era unha vella aspiración das autoridades locais e das forzas vivas do réxime franquista que xa pretenderan realizar nos inicios da Guerra Civil. Xa no propio ano 1936 la “Liga de Amigos de Tuy” realizou unha subscrición popular cunha ampla recadación. Sen embargo a erección do Monumento Nacional a Calvo Sotelo en Madrid, frustrou daquela o obxectivo tudense que entregou a súa recadación á obra madrileña.


Placa na casa natal de J. Calvo Sotelo na rúa do seu mesmo nome

Nova placa colocada no ano 1937 na fachada da casa natal de J. Calvo Sotelo

O 1 de agosto 1961 ao cumprirse 25 anos do asasinato de Calvo Sotelo foi retomada a idea, creándose unha Comisión organizadora pro-monumento a D. José Calvo Sotelo integrada polo Alcalde de Tui, Ramón Peñarredonda Fernández, como Presidente xunto con:

-        Alberto Ballesteros Ballesteros, representante do Club Náutico

-        Ildefonso Baquero Fortes, por el Racing Club de Fútbol

-        José Casal Aboy, polo Centro de Iniciativas y Turismo

-        Rvdo. Servando Bugarín Domínguez, polo Instituto Laboral

-        Juan José Oliveira Vieitez, Presidente da Cámara de Comercio

-        Manuel Rodríguez, Delegado Sindical Comarcal

-        Manuel Cela Diz, polo Liceo Casino

-        Alejo Núñez Pascual, tenente de alcalde e tesoureiro da Comisión

-        Carlos Sistiaga Múgica, secretario do Concello e da Comisión

Na sesión de 30 de agosto de 1961 esta Comisión acorda iniciar a campaña para a erección deste monumento adoptando as seguintes medidas tendentes a realizar unha homenaxe de toda Galicia á figura do político tudense:

-        Creación dun Comité de honra integrado polo Cardeal-arcebispo de Santiago de Compostela, os Gobernadores Civís das catro provincias galegas, o Presidente da Audiencia Territorial da Coruña, o Reitor da Universidade de Santiago, os presidentes das Deputacións Provinciais, os Delegados de Facenda en Galicia asi como polos alcaldes de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

-        Acordase tamén elaborar unha circular dirixida as Deputacións, concellos e entidades culturales, artísticas, recreativas, deportivas de Galicia e igualmente a todos los gallegos presentes y ausentes y, en general, a todos los simpatizantes de este noble propósito para que en la medida de sus fuerzas y posibilidades presten el máximo calor y apoyo a esta iniciativa.

-        Finalmente noméase unha comisión executiva integrada polo Alcalde xunto co secretario e tesoureiro aos que acompañan José Casal Aboy, do C.I.T. e Juan José Oliveira Vieitez, da Cámara de Comercio.

Con data 12 de outubro de 1961 foi impresa a circular que inclúe una fotografía da maqueta que en colaboración con el arquitecto tudense, D. Calixto del Barrio, ha ofrecido espontánea y generosamente a la Comisión Pro-Monumento el escultor Sr. Piñeiro, como ante proyecto del mismo.

No anverso da circular se amplía a información do proxecto escultórico: la mayor parte de las piedras que constituirán este monumento proceden de los más heróicos lugares de nuestra Cruzada y de nuestra Historia y han sido cuisadosamente seleccionadas y conservadas desde el primitivo proyecto para ahora dar vida al que se levantará con motivo del 25 aniversario de su muerte: son piedras de la catedral de Santiago y el Pilar de Zaragoza, del sepulcro de los Reyes Católicos, del glorioso Alkázar de Toledo, de la Alhambra de Granada, de la Mézquita de Córdoba, de las murallas de Ávila, de Santa María de la Cabeza, del Cuartel de Simancas, de Belchite, etc., etc. cuya “impronta” se grabará debidamente.

O monumento foi inaugurado o 7 de setembro de 1963 cun amplo programa presidido polo Ministro de Facenda, Mariano Navarro Rubio, acompañado de numerosas autoridades civís e militares, asi como unha ampla representación da familia Calvo Sotelo, encabezada polos seus fillos: José, Luis Emilio, Enriqueta e Concepción e os seus irmáns Luís, Joaquín e Pilar.

"El Pueblo Gallego" de 8 de setembro de 1963

Como curiosidade lembrar que nesa mesma xornada, á tardiña, unha explosión do material pirotécnico nos baixos da casa reitoral de Randufe, nas vésperas das festas da Guía, deixou dous mortos e un ronsel de conmoción e lembranza que chegou aos nosos días.

No Boletín de Información do CIT tudense de setembro de 1963 figura un artigo sobre a descrición do monumento do que recollemos varios aspectos. En primeiro lugar, parece que o bosquexo deseñado polo arquitecto tudense Calixto del Barrio da obra foi substituído polo dos arquitectos vigueses Pérez Llorente e Ulloa que consta de varios planos superpuestos comunicados por una escalinata, que permite el acceso circular a la estatua y la cercana visión de las piedras históricas engarzadas en la artística verja del fondo.


O conxunto escultórico de Piñeiro está formado por tres pezas: a estatua, o grupo de broce e o escudo de Galicia. La estatura esculpida en piedra blanca de Mañufe, mide unos tres metros y medio de altura; lo representa vestido de amplia toga, bajo la cual, ocultos los brazos aparece portando un libro en el izquierdo.

Pola súa banda, o grupo escultórico en bronce (que hoxe conta cun menor espazo ao reducirse por unha ampliación da inmediata rúa Betanzos) está constituido por un matrimonio, cuya esposa ofrece al marido -el guerrero que retorna y descansa apoyado en el escudo imperial de Carlos V -procedente de las ruínas del Alkázar toledano- el hijo deseado, que simboliza el renacer de la nueva España (...) También de irreprochable factura es el escudo de Galicia, cincelado en durísima piedra verde de Parga (Lugo) de una sola pieza, con características de auténtico pórfiro.


Completa o conxunto escultórico, ao outro lado da figura de Calvo Sotelo, un vello escudo da cidade de Tui, con coroa real, procedente, segundo algunhas informacións, da inmediata vivenda do fotógrafo Gonzalo Gutierrez (derrubada para a construción do actual Liceo Casino) e que pola súa localización ben podería proceder da antiga porta de San Francisco, da muralla do século XVII – XVIII.

Seguindo as directrices expostas Piñeiro concibiu o monumento a partir de dous grupos, tanto no que respecta á técnica como ao material. No plano máis elevado, ergueuse a estatura pétrea de Calvo Sotelo. O político presentábase ataviado cunha toga con dobras xeométricas que apenas permitían intuír a anatomía, con excepción da perna esquerda, un pouco adiantada, insinuando un lixeiro movemento. No rostro -do que se conserva unha réplica en bronce propiedade da Deputación Provincial- plasmou todos os seus trazos fisionómicos, manténdose fiel á súa tendencia por unha representación verosímil. O outro grupo, o da familia, realizouse en bronce, un material que axiña dominou o artista. Nel representouse unha escena na que unha muller está ofrecendo o seu fillo ao marido, que regresa da guerra (...) desde o punto de vista estilístico e formal, existe un gran contraste entre os dous conxuntos. Na familia optou por unha concepción moito máis figurativa, mentres que na estatura do homenaxeado amosou unha preferencia cara a simplificación de volumes, adiantando a experimentación formal que desenvolveu plenamente na década seguinte.

Certamente a escultura de Calvo Sotelo é dunha gran forza expresiva lograda a través da simplicidade das formas, cunha concepción case abstracta e que adquire maior relevancia ao contrastar coa veracidade do rostro, de formas sinxelas pero realistas e identificativas extraídas do granito, e a figuración clásica do conxunto escultórico en bronce.

Resulta ata certo punto sorprendente que nos inicios do anos sesenta un encargo oficial do réxime franquista, dedicado a homenaxear a un dos grandes heroes da propaganda e da mitoloxía da ditadura deixase espazo á iniciativa de Xoán Piñeiro que escapa dun tratamento clasicista da figura de Calvo Sotelo, para presentar un tratamento moi contemporáneo desta escultura. Posiblemente unha das esculturas públicas de Tui mais innovadoras e que, logo de sesenta anos, segue resultando actual.

 

No outono de 1966 se constitúe na nosa cidade unha comisión cidadá para erixir un monumento ao bispo Lago González. O Boletín do CIT de outubro de 1966 informa que a Dirección General de Arquitectura non autorizou a proposta para a súa instalación na Praza de San Fernando, polo que nos seguintes números desta revista se recollen diversas opinións de destacados tudenses sobre a localización deste monumento: xunto á Glorieta de Vigo ou os xardíns de “Rosendo Troncoso” xorde tamén a súa instalación na rúa Ordoñez, onde a Praza da Verdura.

Esta comisión avanza no seu propósito e organiza en agosto de 1967 un acto no pazo de San Xosé ou Vista Alegre, tan ligado á figura de Lago González, que contou cunha nutrida afluencia. Foi presentada tanto a maqueta do monumento, realizada polo escultor Xoán Piñeiro, como a edición dun libro sobre a vida e obra do bispo Lago editado na colección “Bibliofilos Gallegos” realizado por José Filgueira Valverde. Neste evento contouse coa presenza do alcalde tudense, José Casal Aboy, do bispo, Fr. José López Ortiz, o Presidente da Real Academia Galega, Sebastián Martínez-Risco, e diversas personalidades como Domingo García-Sabell ou Felipe Fernández Armesto (Augusto Asía), etc. O acto estivo patrocinado polos propietarios do pazo, Rodolfo Lama e a súa esposa Carlota Lago, sobriña do noso bispo.


En pouco tempo foi creada unha comisión de honra e un comité executivo para lograr erguer este monumento no paseo da Corredoira. O comité executivo estaba integrado polo alcalde tudense, o arcediano do Cabido, o reitor do Seminario, o párroco de Tui, un representante do CIT (Julio Bugarín), un representante do Concello (Juan Manuel Areses) e os correspondentes locais do “Faro de Vigo” e “El Pueblo Gallego”, acordando abrir unha subscrición popular para sufragar os gastos.

O bosquexo presentado, e que corresponde basicamente co actual monumento, era descrito do seguinte xeito polo alcalde tudense José Casal Aboy: Para un monumento a Lago, cuyo escudo episcopal está formado a partes iguales por el de Tui y el de Galicia, había que buscar algo que fuese común denominador de nuestra tradición religiosa, de nuestra geografía urbana y campesina, de Tui, de Santiago, de su propio Pazo; en fin, de toda Galicia. Y estas peculiares y exigentes características creímos encontrarlas en nuestro clásico crucero, con la imagen del Apostol peregrino en su fuste. Sentado dignamente en las gradas del crucero, cerca del Apostol y bajo Cristo y María -sus devociones predilectas- y mirando a la Corredera (naquela altura era a localización prevista), con la pluma y un libro en las manos -sus pasiones favoritas.

Pero diversas circunstancias, que descoñecemos, impediron a continuidade desta iniciativa. Se retoma o proceso para a construción deste monumento a Manuel Lago González coa dedicación do Día das Letras Galegas de 1973 ao egrexio tudense. En novembro de 1974 o Pleno do Concello acorda designar co nome de Arcebispo Lago ao novo Colexio Nacional nº 2 de Enseñanza General Básica.

Celebración do Día das Letras Galegas en Tui no ano 1973 dedicado a Manuel Lago González
Foto en "El Pueblo Gallego" 19.05.1973

Pero o pleno do Concello tudense en sesión de 28 de maio de 1975 reactiva o proceso e aprobou por unanimidade unha proposta do alcalde, Alejo Núñez Pascual, que recollen do seguinte xeito as actas plenarias:

Comienza la presidencia rindiendo un cálido elogio a la excepcional figura de nuestro arzobispo poniendo de relieve su universal prestigio y destacada personalidad. Añade que la Corporación anterior acordó erigirle un monumento en reconocimiento público a su memoria. Indica que probablemente esta idea no llegó a realizarse por falta de un marco adecuado para la realización del proyecto. Sin embargo, ahora desaparecido el antiguo mercado de la fruta, se ha transformado la plaza en un lugar de gran encanto y belleza, perfectamente adecuado para erigir el monumento (...) se acordó por unanimidad atribuir a este homenaje carácter popular, realizándolo mediante suscripción difundida y organizada en forma, a fin de que nadie sea excluido en este acto público de adhesión y fervor a nuestro Ilustre Prelado

Pero o proceso continua dilatándose, así na sesión plenaria de 29 de abril de 1976 acordouse, de novo, asumir o proxecto de anteriores corporacións de realizar un monumento ao bispo Lago, engandindo que el Sr. Piñeiro tiene ya hace años terminada la escultura y debido a ello se precisa construir la base cuanto antes. Indica que tratándose de ordenar la antigua Plaza de la Verdura (...) encaja perfectamente la aplicación a esta importante obra de ordenación el premio de 150.000 pesetas adjudicado a Tuy el pasado año por embellecimiento de pueblos. O desagregación desta achega é a seguinte:

-        100.000 pestas ao proxecto do aparellador municipal de construción da base do monumento segundo maqueta do propio escultor

-        50.000 pts sobrantes para os bancos de pedra laterais, iluminación do monumento e ornamentación da praza

Nun novo Pleno acordase, o 31 de maio de 1976, unha achega de 100.000 pesetas á subscrición popular, aínda que carecemos doutras noticias ao respecto; será a mesma que a iniciada no ano 1967?. Pero a repentina morte do escultor, no ano 1980 nun accidente de tráfico, deixou sen culminar o proceso de realización da escultura, que posteriormente completou para a súa venda e instalación en Tui o colaborador de Xoán Piñeiro, o tamén escultor de Tomiño José Antúnez Pousa.

O proceso de novo se dilata e haberá que agardar ao 24 de setembro de 1983 cando o alcalde, Angel Álvarez Durán, nomea unha comisión especial para adquisición da estatura do bispo Lago, obra do falecido escultor Piñeiro, integrada polo alcalde, o presidente da Comisión de Gobernación, Juan Miguel Diz Guedes, de Urbanismo, Alfonso Pérez Piñó, de Cultura, Ramón Areses Gándara, e de Facenda, Manuel Crisóstomo Rodríguez.

Froito das xestións realizadas, o Concello acaba aprobando no Pleno de 31 de xullo de 1984 a adquisición do expresado monumento e así o recolle a acta deste pleno: El monumento al Arzobispo Lago fue encargado por una comisión de la ciudad que se disolvió al morir el escultor, autor de la obra. Sigue el Sr. Alcalde diciendo que la viuda del escultor se dirigió a este Ayuntamiento ofreciendo la estatua. Tras un breve debate sobre se a obra está aínda inacabada e tras garantir que a obra se entregará rematada, acórdase adquirir a obra á viúva de Xoán Piñeiro por un  importe de 2.000.000 de pesetas. O contrato foi asinado con data 1 de outubro de 1984 entre Carmen Álvarez Carrera, viúva de Xoán Piñeiro, e Angel Álvarez Durán, alcalde de Tui.

En xaneiro de 1985 se estudia de novo a posible localización do monumento, centrándose o debate en tres posibles localizacións:

-        A praza da rúa Ordoñez xa escollida por anteriores Corporacións aunque sería necesario desplazar la actual base en la nueva remodelación que se efectue de la misma al derribar el edificio municipal

-        En la Glorieta de Vigo

-       En la antigua Plaza del Arco, hoy José Antonio. Este lugar al pasar a denominarse Plaza de la Marina, no parece el más adecuado.

O 29 de xaneiro de 1985 o pleno do concello acordou a instalación deste monumento na praza da rúa Ordoñez “al lado del edificio que se va a derribar, por ser una zona de mucho tránsito de turistas hacia la Catedral. Tras o correspondente debate e a proposta dos concelleiros Gómez Núñez e Diz Guedes queda o asunto pendente ata que se produza o derrube do edificio comentado, que ata aquela altura era a oficina de arbitrios municipais que ocupaba o antigo solar da Praza do Comestible edificada no século XVIII e que, ao longo do tempo, foi lugar de localización dos bombeiros, da escola e banda de música, etc.

O acto de inauguración tivo lugar o 25 de xuño de 1985 nun acto presidido polo alcalde tudense, Juan Miguel Diz Guedes.

Recentemente este monumento con motivo da reforma desta praza da rúa Ordoñez foi reubicado neste espazo urbano da cidade, nunha intervención que pretendía valorizar o tramo de muralla asi como os escasos restos do antigo edificio da Carnicería do século XVIII.

O monumento se articula sobre unha peana na que a figura de Manuel Lago González, realizada en granito cunha concepción figurativa moi clásica, se presenta sentado ao pé dun cruceiro, conseguindo un triplo obxectivo: resaltar a condición de relixioso de Lago, a súa identidade galega - simbolizada pola presenza do cruceiro- e a súa proximidade á xente, ao ser representado sentado, case á altura do espectador.

O máis interesante deste conxunto escultórico é o calvario que culmina o cruceiro, obra directa de Piñeiro, onde novamente expresa a súa habelencia co cicel sobre o granito procurando unha simplicidade de formas que logra unha alta expresividade. O tratamento dos volumes, a sinxeleza das formas levemente intuídas e expresadas converten a este calvario nunha peza de grande forza expresiva.

Documentar estas dúas esculturas de Xoán Piñeiro que enriquecen o noso conxunto patrimonial agardamos contribúan á valorización de ambos monumentos e animen aos nosos responsables públicos para achegar novos elementos escultóricos que doten de maior valor aos espazos públicos da cidade.

Comentarios

Entradas populares de este blog

O antigo Hospital e Inclusa (actual Edificio "Francisco Sánchez") cumpre hoxe cen anos

Neste ano 2023 a cidade de Tui vive diversos aniversarios de interese, especialmente o referente ao cuarto centenario do falecemento do egrexio médico e filósofo tudense, Francisco Sánchez, sobre o que nos ocuparemos en datas próximas. https://www.facebook.com/fotosantiguastuy/photos Centrará hoxe a nosa atención outra significativa efeméride, o centenario da inauguración do Hospital e Inclusa de Tui celebrado o 1 de maio de 1923, hai hoxe cen anos, que culminaba un longo proceso de construción deste edificio. Na actualidade este antigo hospital é o Edificio “Francisco Sánchez” coñecido popularmente como Área Panorámica de Tui. É pois unha feliz oportunidade para realizar unha aproximación a historia deste edificio emblemático da nosa cidade. Un edificio creado para acoller as instalación do hospital e da casa de expósitos, ou inclusa. A historiografía ten abordado nas últimas décadas aspectos da historia social pouco atendidos tradicionalmente. O tema da marxinación social é un de

Unha nova entelequia: un Camiño Portugués de Nossa Senhora do Norte por Tomiño e Gondomar

Vivimos nun mundo mediático onde cada vez temos acceso a un maior abano de información de todo tipo, o que en principio resulta altamente positivo e enriquecedor pero paralelamente existe o evidente risco de carecer de elementos de discernimento e valorización para recoñecer o rigor e a falsidade, a veracidade e os falseamentos. Ven a conto esta obviedade para abordar unha breve reflexión sobre a noticia que en días pasados publicaron os medios de comunicación con este titular: Tras un año de investigación, la alcaldesa de Tomiño, Sandra González; el presidente de la Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, junto al alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, y la concejala de turismo de Redondela, María Castro; y el arquitecto e investigador Antonio Soliño, presentaron el «Camiño da Nosa Señora do Norte a Santiago», una variante del Camino de Santiago que pasa por el territorio que recogen ya los archivos históricos. No texto da noticia se afirma o seguinte: La invest

Un poema en galego de D. Basilio do ano 1957

A figura de D. Basilio, cóengo maxistral na catedral tudense e profesor durante varias décadas no Instituto San Paio, continua a ser lembrada por moitos tudenses pola súa erudición, especialmente no que atinxía á historia da nosa cidade como pola súa singular personalidade. Neste blog conmemoramos hai algúns anos o centenario do seu nacemento, o 14 de abril de 1911, ( https://tudensia.blogspot.com/2011/04/hoxe-centenario-do-nacemento-de-don.html ) reproducindo un breve artigo publicado no libro das festas de San Telmo dese mesmo ano  2011. Sinalabamos daquela que era unha persoa sumamente austera, todos o lembramos coa “teja” cubrindo a súa cabeza, a súa faciana morena, sempre vestindo unha raída sotana, fumando os “bisonte” sen boquilla que ofrecía a cantos a él se achegaban, a súa conversa sempre mesturada con referencias teolóxicas. Case todas as tardes, primeiro pedaleando na súa bicicleta, e anos máis tarde sobre a súa vella mobilette (algún día tivo de ser nova pero a miña le